Imos de estrea: “Vida”

Estamos moi ilusionados Onde: Auditorio Municipal de Ourense. Cando: xoves 25 de febreiro de 2016 ás 21:00 horas.A Que: A estrea do film de Rubén Ríos Vida e do documental Máis ca Vida Un grupo de xentes de TADEGa na súa representación, teremos o pracer de asistir convidados a esta estrea. Aínda non vos podemos anunciar moito máis porque aparte da estrea quedan moitas cabos que atar, pero é moi probable que ambos proxectos, TADEGa e Vida emprendan unha viaxe conxunta, histórica e mutuamente moi proveitosa. Sinopse de Vida Entre finais dos anos 60 e principios do ano 2000, entre o Ourense rural e o Ourense urbano, transcorren as vidas de dúas familias unidas polo destino. Nunha pequena aldea, unha familia humilde prepárase para un gran acontecemento familiar. O destino, as casualidades, as forzas fan dese momento tan esperado un verdadeiro calvario para uns e unha proba de vida para outros. Nun piso, no centro da cidade, a tranquilidade dunha nai vese truncada polo desexo dunha das súas fillas de querer voar soa. Pablo (38 anos) é un rapaz con discapacidade que actualmente traballa nos servizos de limpeza da cidade, empeza a valorar a posibilidade de emprender un soño en solitario. Elena (32 anos) é unha moza con discapacidade que se enfronta a unha proba vital para tomar unha das decisións máis importantes da súa vida, na que entran en xogo vida, morte, paixón, egoísmo, medos e perdón. Pablo atoparase cun pasado cheo de ausencias e rancores que o prepararán para un futuro de perdóns e ilusións. Sinopse de Máis ca Vida Máis ca Vida recolle dende un enfoque realista e natural todo aquelo que de maneira indirecta contribuíu á creación da curtametraxe Vida. O documental plasma en imaxes os momentos de ensaios aos que tiveron que enfrontarse estes rapaces e rapazas de cara á rodaxe, en ligazón as súas testemuñas, sentimentos e reflexións. Todo elo cunha narrativa enteiramente positiva, saudábel e moi divertida. Estas experiencias vividas foron as determinantes para o desenvovemento do guión da curtametraxe que relata dunha maneira realista o día a día do mundo que os rodea. Os dous proxectos están estreitamente ligados ofrecendo un novidoso formato que transportará ao espectador a un mundo de emocións no que poderá descubrir que a ficción e a realidade destas dúas obras van collidas pola man. Enlaces de interese Enlace á web do proxecto: www.maiscavida.com Moita merda! Din que a xente cando desexaba sorte aos amigos que tiñan algo que ver cunha obra lles dicían aquelo de “Moita merda!” E non como sinal de insulto senón como sinal de moito éxito

Ler máis

2016 en marcha e materiais do congreso compartidos

2016 en marcha e materiais do congreso compartidos

  O curso reanuda o seu roteiro. Os plans para este 2016 recén inaugurado son moitos e do máis interesante. Así que atentos ás novas que pouco a pouco iremos contando por aquí. O símbolo de lectura, xornal, novidades ou como queirades interpretalo ten relación directa con parte disas novidades que iremos contando no seu momento. Pero polo de agora, imos cinguirnos a algo moi solicitado pola xente tadeguiana, especialmente polas persoas que asistiron ao IV Congreso TADEGa, Vigo 2016 que acabamos de clausurar fai poucos días. Materias e recursos do congreso compartidos O dito, acabamos de publicar fai uns días a relación de materiais, recursos, e presentacións de todas as persoas que interviron no congreso e que amablemente nos cederon esta documentación, (vos podedes guiar polo menú da nosa web: Encontros > Congresos TADEGa > IV Congreso. Vigo 2015 > Documentación ) ou tamén ir directamente ao seguinte enlace: https://tadega.net/xuntanzas/iv-congreso-tadega-vigo-2015/documentacion15

Asemblea de socios 2014

Asemblea de socios 2014

Un ano máis, achéganse datas do nadal, significadas por motivos moi distintos e con latexos moi diferentes. O certo é que moitas veces canto máis grandes imos, máis tristuras se nos filtran no nadal. E… ¿A que non sabedes como quixemos tolear quitándovos isa tristura desta volta? Temos un encargo para vós, estrano e atípico (coma sempre). Unha soa condición que o fagamos todos e todas. Seguide as seguintes indicacións e, Dádelle caña! 1º. Tes que felicitar o nadal a cantos amigos e coñecidos teñas (incluíndonos a nós). Como? Elixe unha das seguintes opcións: Opción A: “A hora do código” Podes atreverte ti ou mellor aínda, pedirllo aos teus alumnos. Creade unha postal navideña e mandárnola a todos e todas (si, tamén á veciña do 6º). Todo a través de programamos.es Unha alternativa orixinal que nos achegan coa seguinte mensaxe: LA HORA DEL CÓDIGO La Hora del Código es un movimiento mundial, llegando a decenas de millones de estudiantes en más de 180 países; se trata de una iniciativa que comienza la semana que viene, del 8 al 14 de diciembre y que persigue que todo el mundo dedique al menos una hora a programar.Como se acerca la navidad y es tiempo de felicitaciones y buenos deseos, desde la web Programamos.es no quieren perder esta oportunidad e invitan a disfrutar de un particular Hour of code, Para ello, durante estos días iremos publicando distintas entradas en las que explicaremos paso a paso cómo crear nuestras propias felicitaciones. Con la primera de ellas hemos probado y la verdad es que es muy muy sencillo, por lo que os invito a que lo intenteis con&para vuestros alumnos. [ scratch.mit.edu (O tés en inglés, galego e castelán) ] Opción B: www.vladstudio.com/es/cards Para os que non se atrevan a tanto con iso de programar e prefiren cousas máis sinxelas. Opción C: www.jibjab.com/holidays O mesmo tamén pero con gañas de facernos rir cun par de fotos… jejeje. Opción D: Grávate! Para os que non queirades metervos nestas lides, outra opción, seguro que estades a preparar no cole o típico tópico festival de nadal, seguro que algún dos vosos alumnos ou todos eles van a actuar presentando algunha historia, canción, poema, canto, teatro, baile, danza… seguro tamén o gravades coa idea de subilo á web ou algo así ¿Nolo mandas? Estaría guai que o compartiras, que o que todos facemos a cotío, por unha vez, sexa coñecido e recoñecido por todos e todas. 2º. Tes que vir. Asemblea de socios e socias de TADEGa en Santiago de Compostela o 22 de nadal en sesión de mañá Pois si,

Ler máis

III Xornadas Por Dereito 2014

III Xornadas Por Dereito 2014

Novo curso, novos folgos Ben, xa abonda de vacacións e relaxing… toca porse as pilas. Reanudamos a nosa liña 2014 de obradoiros, xornadas e encontros. Desta volta para anunciarvos as III Xornadas Por Dereito 2014. E isto é o que nos conta a presidenta desta asociación e socia e amiga de TADEGa: A asociación de familias e amigos de persoas con trastorno do espectro austista, Por Dereito, temos organizadas unhas novas xornadas (e xa van tres!) que se celebrarán no Pazo da Cultura de Pontevedra o día 18 de outubro. Este ano leva por título “Pensando no adultos e nos pequechos con TEA”, coa intención de despexar dúas incógnitas: Que vai ser dos nosos fillos cando cheguen á idade adulta? Que aplicacións para tablets e ordenadores lles poden facilitar a aprendizaxe e mellorar o coñecemento e a relación co seu entorno? Para isto contaremos con poñentes que proceden de distintos puntos da península: Ávila, Burgos, Madrid, Oviedo e Barcelona, pero tamén contaremos con xente de Galicia. E que proveñen dende distinto tipo de organizacións: asociacións de autismo, fundacións, empresas… Tedes toda a información no tríptico e no cartaz que elaboramos para esta ocasión Somos cada vez unha familia mais grande, mais de 100 socios espallados por todo o territorio galego e que estamos unidos por uns obxectivos moi concretos e ambiciosos dentro do noso proxecto formativo: facer que se coñezan cada vez mais as particularidades das persoas con autismo, demostrar que a inclusión é posible e formar e informar a esta sociedade da que as persoas con TEA tamén forman parte. Ben pois dende TADEGa vos queremos animar a participar neste evento, sen dúbida do máis interesante. Documento 1: Tríptico III Xornadas Por Dereito Documento2: Cartaz das III Xornadas Por Dereito

TADEGa premio e-Inclusión do CPEIG

TADEGa premio e-Inclusión do CPEIG

Premio e-Inclusión Estamos de noraboa, a revista Código Cero, o Cluster TIC Galicia, La Voz de Galicia… fanse eco dunha novidade de alto interese para todas e todos nós: o CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia), vén de facer público o recoñecemento a nosa asociación TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega) coa concesión do premio e-Inclusión. No seu comunicado do luns 5 de maio indícanos ademáis: A Xunta de Goberno valorou o traballo realizado para eliminar a fenda dixital e a prol do desenvolvemento das persoas con diversidade funcional. O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de facer público o recoñecemento a TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega) coa concesión do premio e-Inclusión. (…) Este galardón representa unha novidade dentro dos premios anuais que o CPEIG entrega na Noite da Enxeñaría en Informática, que este ano se celebrará o día 13 do mes de xuño. O CPEIG recoñece mediante o premio o traballo desenvolvido por TADEGa a prol da eliminación da fenda dixital que frea o desenvolvemento das persoas con diversidade funcional. O colexio comparte coa asociación premiada o seu ideario, no sentido de que considera a accesibilidade das TIC vital e base para que os sectores máis febles da sociedade poidan acceder a todos os contidos, servizos e oportunidades coma o resto da cidadanía. Asemade, o CPEIG valora que a asociación promova a inserción e o aproveitamento das TIC no ensino galego e alí onde se prestan servizos de atención á diversidade, ademais da investigación, fomento e deseño das ferramentas e os métodos para obter o mellor proveito da tecnoloxía dixital e a súa inmersión nas aulas. Satisfacción e responsabilidade Para esta asociación é unha emoción contida de alegría e satisfacción recibir un galardón de tal calado e significación. Implica un recoñecemento que a sociedade fai a un número enorme de persoas implicadas nunha educación máis auténtica e acorde cos principios fundamentais dos dereitos das persoas á vez que tamén co novo milenio dixital que entre todas e todos nos estamos outorgando. A transición dunha escola afastada destas realidades a unha escola dixital e inclusiva non é doada nin sinxela, menos aínda desde dentro dela, e neso estamos e por iso apostamos. Agora ben, un premio non debe ser nunca nun balsámico recoñecemento a un traballo ben feito; é ante todo, un estímulo e un compromiso máis firme para que os obxectivos marcados, por utópicos que podan xulgarse, se acaden nunha liña de horizonte realista á vez que temperá. Nelo estamos. E como adoitamos dicir na propia asociación:

Ler máis

Programa obradoiros TADEGa 13/14

Programa obradoiros TADEGa 13/14

Actualizado o 6/3/2014 Por favor lede con atención os datos referidos a marzo onde se fixeron importantes actualizacións. Pero… En que quedamos? Pois si, moitas veces enferruxados na tarefa diaria e acontece que de cando en vez precisamos axuda, que alguén nos aclare dúbidas, resolver historias sempre aprazadas no tinteiro pero que algún día precisaremos que queden claras. Para iso nada como uns obradoiros prácticos. Na esencia así é a idea coa que xermolaron estes obradoiros polos que se preguntou despois do noso III Congreso do pasado novembro. E aquí estamos amosándovos a programación que temos para todo o curso e para que vaiades reservando datas para todas as temáticas que vos interesen. Febreiro 2014 Temática: Ferramentas para a comunicación alternativa de persoas con diversidade. Cando: 22 de febreiro (sábado) en horario de 10:00 a 14:00 horas. Onde: Salón de actos de Exposalnés, Paseo de la Calzada,  s/n – 36630 – Cambados, Pontevedra. Inscrición: Cumprimentar o formulario que se xunta neste artigo. Prezos: 5 € para persoas socias e 10 para as non socias que se abonan o mesmo día ao retirar a documentación. Notas: ao rematar, comida sinxela de confraternización a escote para quen queira participar. Características: Juan J. Fdez. García (Presidente de TADEGA), Mª Cruz da Silva Rubio, (Mestra e presidenta de Por Dereito), Carmen Fernández Cacho (mestra), Mª Carmen Otero Vázquez (nai dun neno con diversidade), Susana Martínez Fieiro (nai dun neno con diversidade). Marzo 2014 Temática: Servizos, realidades e proxectos de Pictoaplicaciones.com Ver documento previo: Documento PDF. Cando: 15 de marzo (sábado) en horario de 10:00 a 14:00 horas. Onde: Travesía de Cacheiras, 62 (Estrada de Santiago a A Estrada, Km. 5) – Teo, A Coruña. Ver este enlace no Google Maps. Na foto vese á esquerda un chalet (o antigo local do FOLTRA, aí está o local) nesa mesma rúa está a Cafetería BETOS poderiamos quedar ali ás 9,45 do sábado para empezar ás 10,00 con todo listo e preparado. É importante comezar puntuais. Inscrición: Cumprimentar o formulario que se xunta neste artigo. Prezos: 5 € para persoas socias e 10 para as non socias que se abonan o mesmo día ao retirar a documentación. Notas: ao rematar, comida sinxela de confraternización a escote para quen queira participar. Características: A través de xente do GrupoPromedia.es e de Pictoaplicaciones.com faremos un percorrido amplo e completo polas aplicacións, ferramentas e servizos que ofertan dende a súa web así como tamén dos seus proxectos máis inmediatos e aínda en cociña. Notas adicionais de interese: haberá conexión wifi polo que resultará interesante vir cun portátil ou cun tablet para que o obradoiro sexa realmente práctico. Abril 2014 Temática: II Xornadas de tablets Aspronaga. As tablets na

Ler máis

III Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega 2013

III Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega 2013

Presentación Dende diferentes ámbitos como a Cultura con CampUSCulturae, ou a Educación coa asociación TADEGa, síntese con apremio a necesidade de que Educación, Cultura e Sociedade fagan unha aproximación moito máis atinada e intensa ao mundo da diversidade co ánimo de facer efectiva unha inclusión que non acaba de saír dos libros para chegar aos fogares e ás escolas; que nos está tardando moito porque moitos dos seus esforzos non camiñan dende os enfoques axeitados ou non acadan unha conexión plena coa sociedade actual. A tecnoloxía dixital vén ademais a influenciar todo esta estrutura: dende ás oportunidades ata o acceso á cultura, dende a mellora comunicativa ata a interculturalidade que promove. Chega pois o momento deste congreso cunha converxencia nunca antes vista nesta procura que nos ocupa. Estilo Con tal motivo e nun traballo simbiótico e conxunto con CampUSCulturae, traemos esta oferta de congreso, pero non un congreso calquera. O protagonista non é a ferramenta (dixital ou non), é a persoa. A inclusión como obxectivo: o que non é para todos, non serve. A accesibilidade e usabilidade como condicións imprescindibles. O que non é accesible, impide a inclusión. A atención á diversidade é un reto, precisa axuda, e o obxectivo é brindala. Obxectivos Parten das 4 necesidades básicas detectadas: Formación no aproveitamento do dixital e na atención á diversidade. Encontros para o intercambio de experiencias e recursos. Promoción dos valores da inclusión, da accesibilidade e da usabilidade. Investigar no desenvolvemento de ferramentas e servizos de utilidade. III Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega 2013. Inclusión e Cultura Dixital Cando 8 e 9 de novembro de 2013. Onde Facultade de CC da Comunicación. Santiago de Compostela. Organizan Asociación TADEGa CampUSCulturae Colaboran Universidade de Santiago (USC). Revista Educación 3.0 BJ-Adaptaciones.com Pictoaplicaciones.com Como Na xornada do venres, abrimos o apetito con reflexión e controversia: A irrupción das redes sociais, vantaxes e perigos (Mónica Arenas Ramiro). Mesa redonda: Fracasa a Atención á Diversidade? Mª Cruz Da Silva Rubio. Presidenta da asociación Por Dereito – pordereito.blogspot.com.es Irene García García. Coordinadora de CampUSCulturae – campusculturae.usc.es Francisco Javier Soto Pérez. Asociación Divertic – divertic.org Manolo Rey Fernández. Mestre e orientador e asesor na Consellería de Educación. Yolanda Barallobre Ferreño. Xefa do departamento de Organización escolar e Diversidade do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) – www.edu.xunta.es/web/cafi Ana Franco Vázquez. Profesora de FOL (Formación e Orientación Laboral), no IES Sanxillao, Lugo. Juan José Fernández García. Presidente de TADEGa. – tadega.net Actividades de inclusión a través da danza INTEGRA2 – campusculturae.usc.es (Miguel Gendre) Na xornada do sábado teremos 3 sesións de obradoiros simultáneos para que as persoas asistentes

Ler máis

Xornadas Por Dereito 2013

Xornadas Por Dereito 2013

Ferramentas para a inclusión Temos o pracer de informarvos de que por 2º ano consecutivo a Asociación Por Dereito vai celebrar as xornadas de formación e información de especial interese para as persoas con vínculos ou con interese en afondar no coñecemento do TEA. Este ano serán en Pontevedra no Salón de Actos do Pazo da Cultura o día 25 de maio. Poderemos escoitar a persoas de tanto prestixio no mundo do autismo como Juana María Hernández, Amaya Padilla ou Guadalupe Montero. Teremos tamén mestras galegas con experiencias dignas de coñecer. A Asocación Bata contaranos tamén como funciona a súa Unidade de Apoio Ambulatorio. As profesoras da UDC contarannos a importancia da Terapia Ocupacional na intervención en autismo e Manuel Gimeno falaramos dos productos gratuítos que a Fundación Orange pon á nosa disposición. Contan con nós e que a acollida das Xornadas sexa polo menos tan boa como a do ano pasado. Enblaces de interese Cartaz anunciador: cartaz pdf Tríptico informativo: tríptico pdf.

XIII Xornadas AGPETAL

XIII Xornadas AGPETAL

Informamos da vindeira celebración das XIII xornadas AGPETAL (Asociación Galega de Profedsorado Especialista en Técnicas de Audición e Linguaxe) que abordará o tema A linguaxe na Educación Infantil. Recursos para unha escola inclusiva Estas xornadas terán lugar os días 8, 9 e 10 de novembro de 2012 nas instalacións da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Entre outras intervencións, caben salientar as de 3 magníficas tadeguianas: Susana Viqueira Cobas, Esther Frade Fraga e Mª Belén Junquera Méndez. Seguro nos achegarán contidos, ideas e propostas xeniais. O prazo de matrícula queda aberto e vos achegamos aquí o tríptico con todos os detalles e datos necesarios. Nestas xornadas as persoas socias de TADEGa teñen un desconto na matrícula polos acordos de colaboración entrambas identidades. Saúdos. Enlaces que se citan Tríptico en formato PDF do programa [enlace 1]

Conta atrás para o VII Congreso TecnoNEEt

Como xa sabedes case todas e todos vós, os días 18, 19 e 20 de outubro en Cartaxena teremos o I Congreso Nacional de Dificultades Específicas de Aprendizaje (DEA) xunto co VII Congreso Nacional de Tecnología Educativa y Atención a la Diversidad (TecnoNEEt) que este ano leva por título Respuestas flexibles en contextos educativos diversos.Como hai moita xente de TADEGa anotada neste congreso tanto como organizadores como asistentes, e como ademais moitas destas persoas son docentes que traballan no ensino público, deixamos aquí postos os datos necesarios e o modelo que fai falla para solicitar os días de permiso no centro para asistir a esta actividade formativa. O modelo de solicitude, pode descargarse aquí: enlace. Unha vez cumprimentado anexaráselle documentación relativa ao congreso (neste caso por exemplo o programa que figura na web). Entregarase esta documentación no centro (no que se está destinado no momento de producirse a ausencia). A dirección do mesmo, e cun mínimo de anticipación de 10 días naturais, deberá emitir un informe que se xuntará á solicitude para ser remitidos ambos documentos á xefatura territorial. Caso de non ter resposta antes do congreso poderíase consultar telefónicamente na inspección educativa. Á volta do congreso deberase emitir un breve informe do acontecido no congreso así como un xustificante de ter asistido.   WEB DEL CONGRESO DEA-TECNONEET 2012