I Congreso TADEGa: Acordo Aumentativa

Agora que temos algo mais de tempo, irémosvos ofrecendo algúns vídeos dos relatorios do pasado Congreso TADEGa de Maio. No de hoxe, a sinatura do acordo con Aumentativa.net para os socios de TADEGa e que contribuirá ao desenvolvemento e adaptación da versión galega de Aumentativa.net. [D-489] Ligazóns de interese: Congreso Tadega Resaca do Congreso Conclusións do Congreso

Atencion virtual

[D-487] A Unidade Clínico Asistencial de Trastornos de Espectro Autista e Xerais do Desenvolvemento (UCATEA) da Universidade da Coruña está a traballar na avaliación e intervención dirixida a mellorar a calidade de vida dun grupo de familias con persoas con diversidade funcional. Para iso seleccionouse unha mostra inicial de varias familias situadas en distintas ubicacións dentro das provincias da Coruña e Lugo. As diferentes familias formáronse para a utilización do entorno virtual e dotáronse dun equipo informático e conexión a Internet de alta velocidade para que así puideran entrar e ter acceso aos servizos que dende a Universidade se lles ofertan. Isto pódese realizar grazas ao emprego dun contorno virtual deseñado pola Área de e-learning do CESGA en colaboración coa universidade, co que se facilita a realización de actividades relacionadas con todas as dimensións de calidade de vida familiar (Benestar emocional, Saúde física, Benestar económico, Apoios, Produtividade, Relacións e funcionamento familiar, Implicación na comunidade e defensa, Ocio e tempo de lecer e Autodeterminación). Nos últimos meses os profesionais da Universidade de A Coruña están a realizar un proceso de avaliación das diferentes dimensións da calidade de vida deste colectivo. Dentro deste proceso de avaliación plantéxanse múltiples actividades semanais: e-mails con informacións, novas relativas a aspectos fundamentais na vida das persoas con diversidade funcional, discusión mediante foros, sesións de atención individual e grupal a través de chat… A través deste proceso detéctase que aqueles aspectos onde as familias precisan maior apoio están relacionados coas dimensións de Produtividade, Saúde física e apoios para as familias e as persoas con diversidade funcional. Proximamente vaise traballar nun programa de atención familiar a través da utilización do contorno virtual. Tras este período de intervención realizarase unha avaliación das ferramentas virtuais empregadas para determinar en que medida a o programa de atención virtual pode mellorar a calidade de vida destas familias. Para máis información sobre este traballo de investigación, póñase en contacto co coordinador do proxecto na Universidade de A Coruña (Manoel Baña Castro mbcastro@udc.es, ucatea.intervencion@udc.es) ou coa Área de e-learning do Cesga (e-learning@cesga.es) ou ben visitando a páxina web oficial http://diversidade.cesga.es/.

Zac en Galego

[D-486] Despois do traballo que se está a facer coa versión en castelán, precisamos de todas as suxestións que nos podades achegar para a versión en galego. Concretamente estamos a falar de que o navegador controla unha serie de ligazóns que xa existen na Internet. Para engadilas na versión galego en Galego hai que buscar: Vídeos En Galego para rapaces (Youtube) Xogos web para rapaces Actividades para rapaces Xogos de música. Contos Se coñeces materiais didácticos en formato web que poidan usar as nenas e nenos con algunha discapacidade intelectual vos pedimos que nolo acheguedes a TADEGa. O Navegador Zac é 100% Gratis e compatible con Windows Vista – XP – 2000 – ME – 98. Ligazóns de interese: Ligazón á páxina de contacto do Navegador Zac: www.NavegadorZAC.com Ligazón á páxina do Foro Zac: http://helpcd.com/index.php Para mais información en Español e Galego, por favor contacte cun dos nosos colaboradores: Iago Seara, por email: IagoSearaP@gmail.com Inés (Mamiago) por correo electrónico: ines.casal@hotmail.com para aportar todos aqueles materiais en galego e español: videos, cancións, actividades, etc que consideredes que poden engadirse a ambas versións (Galega e/ou Española) do Navegador Zac. Nova na prensa no Galicia Hoxe Nova na prensa no El Correo Gallego Nova na prensa no El Correo Gallego (II) Contacto cos autores: Para mais información contacte con John LeSieur (Inglés/Francés) no Teléfono: 702-968-0357, ou por correo electrónico: info@Peoplecd.com

Congreso Internet en el Aula – Toshiba y Educación Especial

Luis Polo, hizo una buenísima presentación de las acciones llevadas a cabo dentro del compromiso de TOSHIBA en el marco de las necesidades educativas especiales y el uso de soluciones para emplear dentro del aula. Los vídeos son el mejor ejemplo de todo esto. Estuvimos probando el Tablet PC Easy Guard (ojo, se le puede echar por encima un vaso de agua!!) y es espectacular. Otra acción en la que seguro que tendrán noticias nuestras son los Premios Romper Barreras 2008. ¿Sabrán del Congreso de TADEGa? 😉 [D-485-1] [D-485-2]

Navegador ZAC en Español

[D-477] Aproveito para presentarme oficialmente na Bitácora despois de facelo na lista de correo TADEGa (Que xente mi madriña! 😉 , compráceme moitísimo informarvos, que a versión oficial en castelán do Zac Browser (coma antesala da versión galega), xa está á vosa disposición na ligazón oficial do proxecto Zac Browser (1). Para calquera dúbida, problema ou suxestión, podedes dirixirvos aos foros de ZAC (2). Neles podedes formular as vosas consultas en ingles, francés ou español. Deste xeito consolidamos así a participación da Asociación TADEGa nestas dúas traduccións. A tal efecto, se coñeces materiais didácticos en formato web que poidan usar as nenas e nenos con algunha discapacidade intelectual vos pedimos que nolo acheguedes a TADEGa. Ao final deste artigo tedes o enlace da nosa magnífica coordinadora Mamiago (3). Nota de prensa en castelán Las Vegas, NV – 24 de Junio, 2008 – People CD, los creadores de Kidz CD (Navegador seguro para niños y adolescentes) lanza el navegador ZAC Para Niños Autistas en Español. ZAC es el primer navegador creado especialmente para niños con autismo, y desórdenes del espectro autista como el Síndrome de Asperger, desórdenes de desarrollo dominante (PDD por sus siglas en inglés), y PDD-NOS. Ellos han creado este navegador para los niños, para su disfrute, enriquecimiento, y libertad. Los niños lo prueban, lo usan, juegan, e interactuan con él, y experimentan independencia a través de ZAC. El Navegador ZAC fue inspirado a partir de una profunda necesidad propia, dijo John LeSieur de People CD. En 2002 fuimos bendecidos con un hermoso nieto, Zackary. En sus primeros años Zackary empezó a mostrar signos clásicos de desorden de desarrollo dominante (PDD sus siglas en inglés) y fue diagnosticado como autista severo en 2005. Tenemos el más profundo amor por nuestra hija y nieto, y es a partir de este emotivo sentimiento que hemos usado nuestro talento para crear un navegador específicamente para Zackary y los niños que afrontan desórdenes cerebrales similares. El Navegador ZAC fue creado debido a tres importantes razones: El Navegador ZAC es el único lugar donde tu hijo autista puede navegar solo a salvo, y fácilmente por internet e interactuar con muchas aplicaciones web. El Navegador ZAC proporciona a padres y cuidadores un foro donde pueden aprender de otras experiencias, compartiendo historias, donde pueden conectarse y comunicarse con otros que entienden íntimamente sus situaciones. El Buscador ZAC propociona enlaces útiles que guían a páginas comerciales que podrían mejorar la calidad de vida de vuestros hijos. El Navegador ZAC en inglés fue presentado en Abril del 2008 e instantáneamente recibió el reconocimiento de los medios más prestigiosos de todo

Ler máis

Encontro Internacional de nenos cegos e deficientes visuais

[D-473] Do 16 ate o 20 de xuño terá lugar en Pontevedra I Encuentro Internacional de Niños Ciegos y Deficientes Visuales, impulsado pola Organización Nacional de Cegos Españois e pola Unión Mundial de Cegos. A idea básica consiste en que adolescentes con discapacidade visual de todo o mundo debatan e expoñan a súa realidade cotiá presentando ao público en xeral e a aquelas persoas con responsabilidade na toma de decisións dos problemas e contextos nos que se teñen que desenvolver. Os debates serán en sesións plenarias e trataranse aspectos relacionados con temas como: a educación, a familia ou as relacións cos outros. Neles participarán sobre 24 adolescentes de entre 14 e 16 anos de todo o mundo con diferentes tipos de discapacidade visual. Esta iniciativa xurde da recente entrada en vigor da Convención de Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade e este encontro pretende ser un foro onde se poida oir, reflexionar e tomar as medidas oportunas para a integración social das persoas con problemas visuais. Outro dos obxectivos que se pretende é que as conclusións cheguen a quen teñan a responsabilidade no desenvolvemento de políticas relacionados coa accesibilidade en diferentes campos: arquitectónica, urbanística, tecnolóxica, etc e acadar así melloras significativas en prol da igualdade de oportunidades e dereitos. Está previsto que o congreso remate cunha xornada aberta á que acudirán institucións e entidades internacionais dos ámbitos da cegueira e da infancia como a UNICEF, Save the Children, e outras para que os seus representantes poidan coñecer de primeira man a realidade e os problemas deste colectivo tras unha declaración conxunta elaborada polos propios rapaces. O resto das sesións serán a porta pechada e levaranse a cabo talleres de teatro,música ou deporte así como outras actividades de ocio e tempo libre que incluirán visitas culturais pola cidade. Fonte da noticia: www.ecodiario.es

Conclusións do 1º Congreso TADEGa

Documento de conclusións [D-466] Co gallo da celebración do noso primeiro congreso TADEGa, estivemos a traballar na presentación dun documento de conclusións. Sinxelo e breve, para non cansar aos lectores, onde tedes unha escolma do que entendemos pode ser o máis interesante cara a facer unha radiografía das TIC na Atención á Diversidade en Galicia ao tempo que extrae unha serie de propostas e dictames encamiñados a mellorar ese diagnóstico. Agardamos que sexa fecundo para todas e todos: Documento de conclusións en galego: En formato Flash para velo en pantalla: issuu.com/tadega/docs/conclusionscongresotadega08 En formato PDF para descargar: www.tadega.net/Descargas/ConclusionsCongresoTADEGa2008.pdf (Aviso, documento pesado: 50 MB). O mesmo documento de conclusións en español: En formato Flash para velo en pantalla: issuu.com/tadega/docs/www.tadega.net En formato PDF para descargar: www.tadega.net/Descargas/ConclusionesCongresoTADEGa2008.pdf (Aviso, documento pesado: 50 MB). Deste documento farase entrega de exemplares impresos ás diversas autoridades e organismos que apoiaron e colaboraron na celebración deste congreso, non só como agradecemento, tamén co ánimo de que o radiografado e das conclusións que se desprenden, se poidan extraer futuras actuacións encamiñadas á mellora do panorama das TIC na Atención á Diversidade, máxime na Educación Galega. Entidades colaboradoras e ás que se dirixe unha copia impresa das conclusións xunto cunha copia do libro de actas do congreso: Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación. Xunta de Galicia Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información. Consellería de Innovación e Industria. Xunta de Galicia Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia. Consellería de Educación. Xunta de Galicia Servizo de Atención á Diversidade. Conserjería de Educación, Ciencia e Investigación. Rexión de Murcia. Asociación TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega). Asociación DIVERTIC (Asociación Nacional de Tecnoloxía Educativa para a Diversidade). MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia). ONCE (Organización Nacional de Cegos Españois). EDIGa (Encerado Dixital Interactivo de Galicia). SMART Technologies Inc.

Resaca do I Congreso TADEGa

[D-460] Os días 23 e 24 de maio de 2008, celebrouse nas instalacións do Museo Pedagóxico Galego (MUPEGA) de Santiago de Compostela, con grande éxito de público e emocións, o Primeiro Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega (TADEGa) 2008. Dous días intensos nos que usuarias e usuarios en enquisas anónimas (55) nos deixaron unha valoración media de 8,45 puntos na típica escala de 0 a 10. A todas e todos moitas grazas. Faremos canto sexa posible por merecer tan boa nota. Igualmente adiantarvos que ao longo dos vindeiros días poñeremos á vosa disposición: As propias conclusións en detalle do congreso en diversos formatos: En formato PDF para que poidan ser descargadas e impresas. Terá unha extensión reducida xa que incluirá só os datos máis imprescindibles. Para quen estea interesado/a en ter unha copia impresa de calidade destas conclusións que editaremos en formato revista, as poñeremos tamén á vosa disposición para ser mercadas a través dunha editorial que xa logo vos indicaremos a un prezo axustado (o mínimo para amortizar os gastos da propia edición). En formato ISO, xa cunha versión máis completa e detallada para que poidades gravar esas mesmas conclusións nese disco compacto (CD ou DVD) contendo unha pequena web con toda a información ao completo así como unha reportaxe gráfica con fotos e vídeos do que foi o congreso. Dado que aínda estamos en proceso de elaboración tedes tempo de subministrarnos máis datos para as mesmas, as vosas conclusións particulares, opinións, etc. Xa sexa xuntando comentarios a este artigo da bitácora, xa sexa enviándonos un correo electrónico. De todos modos o proceso calculamos debe quedar concluído nesta primeira quincena de xuño. De entrada, os datos básicos para poder ir consultándoos os tedes nas nosas páxinas de internet: En galego: 1º Congreso TADEGa 2008 En español: 1º Congreso TADEGa 2008

Contraste de Color

Aviso: artículo en castellano [D-456] Con motivo de la preparación del 7º Taller de este congreso: Taller de accesibilidad web o la responsabilidad de la inclusión de las personas con discapacidad en nuestros contenidos digitales (*), que TADEGa llevará a cabo en el Aula Virtual del Congreso Internet en el aula, estamos preparando una serie de materiales: validadores web, de estilos CSS, etc. y apareció al fin -como no- también el evaluador de brillo y contraste de colores: Colour Contrast Analyser (**). De esta manera, tenemos una buena recopilación de herramientas con la que podremos comprobar la accesibilidad de nuestra web y/o verificar los aspectos que tendremos que corregir: TAW. Test de Accesibilidad Web HERA 2.0. Test de Accesibilidad Web eXaminator. Test de Accesibilidad Web Colour Contrast Analyser Validator. Test de idoneidad de lenguaje HTML. Jigsaw. Test de idonedidad de las hojas de estilo de páginas web. La pauta 2.2 de las Pautas de Accesibilidad al Contenido Web 1.0 especifica que las combinaciones de los colores de fondo y primer plano han de tener suficiente contraste para ser percibidas por personas con deficiencias de percepción de color o sobre pantallas en blanco y negro. Dos colores ofrecerán una buena visibilidad si la diferencia en brillo y de color entre ambos es mayor que cierto umbral establecido. Sugieren un algoritmo de contraste de color, que es el usado en este test. El algoritmo se encuentra en desarrollo, y podría sufrir algún cambio. Cualquier cambio que hicieran sobre su algoritmo será actualizado en esta página. Esta página tiene como objetivo permitirte comprobar el contraste entre dos colores usando el algoritmo de contraste de color del W3C directamente sobre los colores que especifiques. Para especificar una hoja de estilo externa, o pegar CSS en la caja de texto, usa la Página de Contraste CSS. Referencias que se citan (*) Enlace a la página del taller Taller de accesibilidad web o la responsabilidad de la inclusión de las personas con discapacidad en nuestros contenidos digitales. (**) Enlace a la descarga de del programa Colour Contrast Analyser.