Stand galego no Tecnoneet

Comenza a resaca do Tecnoneet, do que daremos cumprida conta de todo o que aconteceu alí creando unha páxina propia. Nela iremos poñendo as impresións, documentos, vídeos… do que alí vimos. Así que estade moi atentos 😉 Como mostra ahí vai unha perla: [D-539] Enlaces que se citan http://congreso.tecnoneet.org/ https://tadega.net/Bitacora/v-congreso-tecnoneet/

Aumentativa.net

[D-536-1] Un regaliño para os nosos “marcianos” que tanto se acordaron de nós, de feito na clase estamos encantados co emprego da ferramenta que poñen á nosa disposición para traballar a comunicación. Temos que mellorar a realización dos vídeos, pero mirade de que xeito tan sinxelo podemos traballar frases e facer actividades Flash para traballar no ordenador. Moitas grazas compañeiros, unha grande aperta. [D-536-2] Enlaces que se citan Web de Aumentativa

Tifloinnova

[D-530] Benvidos a TifloInnova 2008, o mellor escaparate do momento no que se mostrarán as últimas novidades, produtos e tendencias tecnolóxicas dispoñibles no mercado mundial, dirixidas ás persoas cegas e con discapacidade visual, organizada polo Centro de Investigación, Desenvolvemento e Aplicación Tiflotécnica (CIDAT) da ONCE. Neste seu segunda edición, TifloInnova 2008 nace da inquietude de crear un punto de encontro dinámico entre desenvolvedores, fabricantes e distribuidores de software, hardware e de todo tipo de produtos tiflotecnológicos cos seus usuarios, familiares e profesionais relacionados coa educación, o emprego, a rehabilitación, o ocio e a vida diaria das persoas con discapacidade visual. Exposicións, talleres, demostracións, presentacións prácticas… Todo un mundo de avances que achegarán a tiflotecnología aos visitantes, quen poderán percibila como algo cotián, sinxelo e próxima á realidade. Lugar de celebración Centro de Recursos Educativos de ONCE Paseo de la Habana, 208 – 28036 MADRID Datas e horarios: 21 e 22 de novembro de 2008 de 10:00 a 20:00 h. 23 de novembro de 2008 de 10:00 a 15:00 h. Entrada libre e gratuíta para todos os visitantes. Enlaces relacionados (1) Enlace á Exposición Internacional Tiflotecnoloxía: http://tifloinnova2008.once.es/ (2) Enlace aos contidos dos expositores: http://tifloinnova2008.once.es/index.cfm?id=37&nivel=2

NAVEGADOR ZAC E SMARTBOARD

Xa sabedes que hai unha equipa de TADEGA da que tiran Mamiago e Uxía e que, con tanto traballiño, están a traducir ao galego e facendo acopio de canto recurso hai na nosa lingua, para sacar canto antes a version galego do Navegador Zac (Antes do que pensades, por certo). Para os que non o coñezades, o ZAC é o primeiro navegador desenvolvido específicamente para persoas con autismo e espectro autista. Iste navegador creouse para os nenos, para o seu divertimento, enriquecemento e liberdade. Os nenos o proba, empregan, xogan e interactúan con él, e experimentan a súa autonomía perante ZAC. Aínda nos queda moito que practicar, pero os alumnos -mesmo os que teñen maiores necesidades de apoio- poden ter un momento na escola no que elixir eles mesmos que vídeo, xogo, música ou historias queren mirar; o complemento perfecto para interactuar directamente co dedo no EDI. E é aqui onde quero resaltar o valor educativo do ZAC tamén na escola, porque convírtese nunha motivación moi importante para todos os alumnos mesmo sen autismo. [D-532]

Discapnet

[D-523] Na páxina de Discapnet están á vosa disposicion unhas fichas didácticas para traballar diversos aspectos como a autoestima, a asertividade, a memoria, a comunicación… Están orientadas para adolescentes, pero poder ser de utilidade. As fichas poden consultarse directamente na web ou descargarlas en formato word ou pdf Enlaces relacionados: (1) Enlace á páxina web do material didáctico de discapnet : http://junior.discapnet.es/Joven/FichasDidacticas/default.htm

Congreso desarrollo de competencias.

[D-524] Congreso Internacional: “EDUCACIÓN INFANTIL Y DESARROLLO DE COMPETENCIAS”. Madrid 28, 29 y 30 de Novembro de 2008 A noción de competencia pouco a pouco invadiu o campo da educación, ata chegar aos currículos das reformas educativas en multitude de países. Centrar o traballo en competencias implica que os educadores procuren experiencias educativas nas que os rapaces poñan en xogo un conxunto de capacidades de distinto orde (afectivo e social, cognitivo e de linguaxe, físico e motriz) que se reforzan entre sí. Así, a Asociación Mundial de Educadores Infantiles (AMEI-WAECE) organiza este congreso para ofrecer aos educadores as estratexias para “promover, fortalecer e desenvolver as competencias que cada neno posúe”. Podedes consultar o programa na páxina web do congreso (1) Enlaces relacionados: (1) Enlace á páxina web do congreso : http://www.waece.org/madrid/home.html

Congreso Internacional Síndrome de Asperger

[D-521] Os días 19, 20 e 21 de febreiro terá lugar na Facultade de Medicina da Universidade de Sevilla o II Congreso Internacional Síndrome de Asperger. O congreso vai dirixido a todos e todas os/as profesionais relacionados co estudio dos Trastornos del Desarrollo e tamén aberto a familiares e persoas interesadas no tema. O prazo de inscrición xa está aberto. Podedes consultar o programa na páxina web do congreso (1) Enlaces relacionados: (1) Enlace á páxina web do congreso : http://www.asperger.es/congreso2009/news.php

IX Inforensino

[D-520-1] TADEGA estivo presente nesta IX edición das xornadas INFORENSINO, que se celebrou iste ano na Facultade de Veterinaria de Lugo. A cita foi do 12 ao 14 e tedes mais informacion sobre o programa na web de INFORENSINO. [D-520-2]

Las TIC para la igualdad

[D-517] O vindeiro venres día 5 de setembro, no marco XI Congreso Edutec, vaise presentar, en Santiago de Compostela, o libro Las TIC para la igualdad, unha obra deseñada para darlle a entender ao lector a utilidade das novas tecnoloxías na atención á diversidade. Julio Cabero, Margarita Córdoba e José María Fernández son os coordinadores deste título integrado na Colección Educación e Psicoloxía, da Editorial MAD Eduforma, no que se ofrece unha análise das tecnoloxías da información e a comunicación dispoñibles no contexto educativo para persoas con determinados tipos de discapacidade. A obra, de grande utilidade para mestres e expertos en Educación Especial, será presentada no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) ás 9.45 horas. A Editorial MAD Eduforma, conta cunha experiencia de máis de 25 anos na publicación de libros cunha orientación práctica e a este título súmanse outras obras como Ensino con TIC no século XXI ou A escola 2.0, entre outras.

Guía para persoas con discapacidade

Unha guía de vantaxes e medidas de apoio [D-513] A Xunta de Galicia, en colaboración coa Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e a Secretaría Xeral do Benestar, editaron en xuño do 2008 a Guía de vantaxes e medidas de apoio para persoas con discapacidade (1), elaborada por Bieita Losada Rodríguez e Concepción Freire Castro, traballadoras sociais da Vicepresidencia. A guía, concibida como un material práctico ao alcance de todas as persoas, é un compendio de servizos e prestacións no ámbito estatal e autonómico, orientadas ás persoas con discapacidade. A guía foi deseñada de xeito que en todos os seus apartados o contido aparece de forma clara e concisa a través de táboas esquemáticas que facilitan ao usuario ou usuaria a busca e o acceso á información. Desenvólvese ao longo de oito apartados que abranguen, entre outros, o procedemento que se ha de seguir para o recoñecemento, a declaración e cualificación do grao de minusvalía; a educación; a formación e o emprego; os beneficios fiscais, as prestacións económicas, sociais e sanitarias; e a vivenda e a accesibilidade á mesma. Deste xeito, a guía convértese nun espazo útil que facilita o coñecemento a aqueles e aquelas que o precisan para que poidan participar dos servizos existentes e exercer os seus dereitos e responsabilidades cidadáns en condicións de igualdade. Enlaces relacionados (1) Enlace á páxina da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e á guía en http://vicepresidencia.xunta.es, dende onde se pode descargar a Guía de vantaxes e medidas de apoio para persoas con discapacidade.