Fundación Adapta
[D-503] O 24 de outubro do 2007 constituíuse a Fundación Adapta, unha organización sen ánimo de lucro creada por diferentes entidades e persoas, todas elas con experiencia no mundo das novas tecnoloxías de apoio. A través delas e da súa investigación científica, así como da cooperación cos países que o precisen, a Fundación Adapta ten como fin mellorar a calidade de vida das persoas con autismo e/ou con discapacidade intelectual.