Curso de PECS en Pontevedra

Na imaxe, unha mostra con varios montóns de cartóns con PECS dunha marca coñecida.

Na imaxe, unha mostra con varios montóns de cartóns con PECS dunha marca coñecida.

Os días 19 e 20 de setembro impartirase en Pontevedra un curso básico de PECS. Todo o profesorado, e en especial os especialistas en AL e PT, teremos en calquer momento un alumno dentro do trastorno do espectro autista (TEA). Moitos dos rapaces que se encadran nesta discapacidade funcional teñen moitas dificultades para poder comunicarse, para poder entender a linguaxe oral e poder expresarse con palabras.

Os sistemas alternativos e aumentativos de comunicación (SAAC) fan que o alumnado se inicie na comunicación oral e, no caso de non ser posible, permite que a vaiamos construíndo con eles, un sistema que lles facilita o establecer comunicación co seu entorno.

O PECSé un Sistema de Comunicación por Intercambio de Imaxes que se emprega desde 1985 como un sitema de ensinanza único, aumentativo e alternativo que axuda ás persoas con autismo e con outras deficiencias na capacidade de comunicación.

Este tipo de cursos deberían ser subvencionados ou organizados polos CEFORES pois son básicos para a intervención dos TEA e outros trastornos da comunicación, poucos cursos nos son ofertados e os poucos que se convocan son de escasa calidade. Teremos pois que aproveitar ocasións como esta para poder ir completando a nosa formación.

O curso será impartido por especialistas neste sistema pertencentes a Pyramid Consultants que son un grupo de profesionais altamente cualificados nos campos do autismo e outros problemas comunicativos.

Enlaces de interese:

  • A paxina de PECS: www.pecs-spain.com
  • Páxina de inscrición no curso (descárgase documento en formato PECS): www.pecs-spain.com/pecsbasic3.pdf
Comparte este artigo

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.