Seminarios BETT

[D-205] Máis información sobre estes seminarios dos que xa falabamos noutro artigo Aviso: artigo en inglés SEN Seminar Podcasts Three of the sessions were recorded for podcast after BETT. Personalised Learning for All, Carol Allen, nasen. Making the Best Use of ICT to Support Dyslexic Learners, Victoria Crivelli, British Dyslexia Association. Is It Accessible? Choosing and Using Software Titles, Adrian Higginbotham, Becta & David Colven Ace Advisory Trust. SEN Briefing Sheets Created by Special Children magazine for the Special Needs Information Point they hosted at BETT 2007, the following SEN Briefing sheets describe how ICT can help learners with special educational needs. Speech, language and communication needs. Social, Emotional and Behavioural Difficulties. Dyslexia/Specific Learning Difficulties. Visual Impairment. Physical Disability. Autistic Spectrum Disorders. 09 Jan 2008 – SEN Theatre 10:45 – 11:30 SN1 – Creativity and SEN made accessible through ICT 11:45 – 12:30 SN2 – Hollywood on a Shoestring! 13:00 – 13:45 SN3 – Developing early reading skills to promote and develop spoken language 14:15 – 15:00 Supporting the speech and language impaired child in the classroom: IT makes a difference 10 Jan 2008 – SEN Theatre 10:45 – 11:30 SN6 – Matching ICT tools to dyslexic needs 11:45 – 12:30 SN7 – Learning to teach students who have reading and literacy learning difficulties 13:00 – 13:45 SN8 – SEN and the use of new technologies 14:15 – 15:00 Accessibility Software for Virtual Learning Environments 15:30 – 16:15 Counting The Cost of Hidden Disabilities-and The Impact Spark-Space can Make 11 Jan 2008 – SEN Theatre 10:45 – 11:30 SN11 – A Framework for Maths 13:00 – 13:45 SN13 – Developing skills and capabilities for the use of gadgets and computers in teaching and learning environments 14:15 – 15:00 Inclusive multi-sensory maths using structured models, imagery and signs 15:30 – 16:15 An Introduction to Tomatis Listening Therapy – awakening communication 12 Jan 2008 – SEN Theatre 10:45 – 11:30 SN16 – Creatively accessing the curriculum using ICT in a Special School. 11:45 – 12:30 SN17 – Personalised Learning for ALL Schedule

Ferramenta para a comunidade: ‘Jottit’

Xa o estabamos a mirar e coido que pode ter utilidade, sobre todo para perderlle o medo ise a fedellar e a publicar os nosos comentarios nunha páxina web. Trátase do servizo web de Jottit. Un par de clics e, en segundos, terás a túa primeira web. É coma unha zona colaborativa entre os usuarios, ao estilo dunha wiki ou wikipedia, coa que lle podemos sacar moito partido (por exemplo para facer unha lectura comentada do boísimo documento do grupo TecnoNEEt: Tecnoloxías de Axuda. Aquí o tedes: http://tadega.jottit.com. Parécevos que comecemos?

Ensino das matemáticas

[D-192] Algo máis longo era o título do Grupo de Traballo que tivemos no centro o pasado ano; unha parte consistía nos recursos existentes para traballar no ordenador e imaxes para crear materiais de aula. E así fixen un compendio con: Vedoque. Barallas de Cálculo. Cadernos Vindel. Crear exercicios en formatos pdf Toomates. Recursos da páxina de Educarm (Murcia). Recursos da Biblioteca de Manipuladores Virtuais (Bloques de Base para adición, sustración…). Ademais como non atopamos materiais de Cálculo Mental, elaborei istes 3 niveis de actividades co material de El Quinzet. Aquí vos deixo o enlace: Recursos matemáticas no ordenador

Boas Prácticas de Calidade FEAPS

[D-188] Este libro recolle unha serie de Boas Prácticas dentro da Colección FEAPS (Confedereación Española de Organizacións en favor das persoas con discapacidade intelectual). É, ademais dunha oportunidade de aprendizaxe para todos, un sentido recoñecemento ás experiencias presentadas. Son 54 as boas prácticas seleccionadas e compiladas neste libro. Móstranse de forma destacada as tres que, a xuízo do comité de valoración, eran as mellores: as de GAUTENA sobre dereitos, AMADIBA, e ATADI. Todas foron elixidas entre 172 boas prácticas presentadas. Vinte e cinco artigos expón diferentes boas prácticas sobre calidade de vida, vinte e sete tratan de calidade na xestión e hai dous interesantes boas prácticas sobre ética e dereitos. http://www.feaps.org/biblioteca/libros/coleccion.htm

III Xornadas trastornos da linguaxe, UDC

III Xornadas sobre trastornos da linguaxe na UDC Os departamentos de Psicoloxía Evolutiva e da Educación e o de Filosofía e Métodos de Investigación na Educación da Universidade de A Coruña, organizan as III Xornadas sobre Trastornos da Linguaxe oral e escrita e as I Xornadas sobre voz. Alí poderemos escoitar entre outros a Francisco Alcantud, Juan Jiménez, Miguel Puyuelo, Josep Rovira e o bello amigo de tadega, Mr. Fonoll. Gracias a Marisa, Teresa e Pilar por organizar unha xornadas de tan altísima calidade, parabéns. Datos das xornadas Inscricións: Impresos na Conserxería e remitilos a Marisa Gómez Taibo no enderezo marisa@udc.es. Data: 29 e 30 de outubro de 2007. Lugar: Salón de Actos da Facultade CC Educación Elviña – A Coruña. Páxina web: III Xornadas Trastornos Linguaxe UDC

24º Concurso Escolar da ONCE

Co título: “¡Compartiendo! ilusiones y proyectos” aparece a convocatoria dista 24ª edición, na que se buscan traballos que reflictan a labor social da ONCE e a súa Fundación, con motivo dos aniversarios destas entidades, e cuia mensaxe demostre a capacidade de identificarse coas persoas con discapacidade e de compartir os seus sentimentos. O límite de recepción de inscripcións é o 1 de novembro. Bases 24º Concurso Escolar ONCE Información sobre edicións anteriores

Axudas á comunicación

[D-170-1] Por fin chegou!! Aínda que moitas e moitos de vos xa o coñecedes, é mais difícil atopalo no traballo na discapacidade intelectual, sobre todo en rapaces con grandes necesidades de apoio. Chámase GoTalk e constitúe unha das liñas do traballo da clase este curso, polo de agora é unha boa ferramenta que incrementa a atención, a motivación e o xogo (ademais da comunicación, claro), xa que na clase eliximos as imaxes entre todos, imprimimos as plantillas, gravamos os sons… e coordinámonos coa logopeda e coa familia. Gracias a todos polo esforzo, agardo unhos bos resultados ao remate do curso. [D-170-2] [D-170-3]

BETT 2008, special needs

[D-167] Seica é o evento educativo europeo por excelencia e a verdade que no seu apartado de necesidades especiais un pérdese en gadgets, programas, comunicación móbil, encerados dixitais, ergonomía, aparellos braille, lectores de textos, comunicación aumentativa e un longo etcétera… Grazas ao “baixo coste” algunha ou algún animarase a pasear por Portobello Road do 9-12 de xaneiro, avisade… 😉

Coid-arte

Leo na folla parroquial da Coruña que a Vicepresidencia da Xunta convocou o concurso Coid-arte, que premiará a creatividade dos traballos fotográficos das persoas dependentes e as boas prácticas de entidades públicas e privadas que promovan a autonomía persoal e a atención á dependencia. A convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), indica que Coid-arte estará dividido en dúas modalidades, o concurso de fotografía e o de boas prácticas. A finalidade deste concurso é, segundo a publicación do DOG, é fomentar a participación das persoas en situación de dependencia «posibilitando un marco de exposición das súas inquietudes artísticas» e divulgar as iniciativas de entidades que promoven a autonomía e a atención ás situacións de dependencia. coid-arte

Formación TIC para lesionados medulares no Hospital

[D] E-Hospital é un proxecto financiado pola Comisión Europea no marco o programa Socrates/Grundtvig1, no que participan institucións educativas de Austria, Francia, Alemaña, Polonia, España e Suíza, baixo coordinación da institución austríaca Die Berater. Por parte española participan o Grupo de Innovación e Tecnoloxía Educativa da Universidade de Santiago de Compostela e a área de e-learning do Centro de Supercomputación de Galicia, ademais da colaboración do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo da Coruña, onde levouse a cabo a experiencia. Este proxecto ten como un dos seus principais obxectivos analizar o papel do e-learning (aprendizaxe electrónico) na formación a adultos hospitalizados de longa duración. Tras as experiencias de e-learning, elaborarase unha guía de boas prácticas con recomendacións para educadores que queiran traballar neste campo. Esta é unha experiencia educativa pioneira, posto que non existe ningunha investigación similar a nivel mundial no ámbito da formación de adultos en institucións hospitalarias, posta en práctica de modo simultáneo entre setembro de 2006 e maio de 2007 nos seis países que participan no proxecto con características diferenciais entre eles. No caso de España, impartiuse un curso de 5,5 créditos, recoñecidos pola USC, centrado en aspectos básicos de informática e ofimática (“Curso básico de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións para a alfabetización digial”). No marco desta experiencia, no caso español, durante a realización do curso piloto, formáronse a 13 pacientes da Unidade de lesionados Medulares do Hospital Juan Canalejo da Coruña. O próximo mes de setembro a Universidade de Santiago de Comopostela outorgará os correspondentes certificados a todos os alumnos participantes nesta iniciativa. Froito da experiencia educativa exitosa levada a termo tanto a partir do punto de vista dos alumnos como das profesionais médicos e pedagogos, as institucións españolas participantes no mesmo contemplan a ampliación ampliar do marco da experiencia máis alá do proxecto europeu. Para máis información, envíen un correo electrónico a e-learning@cesga.es ou visiten a páxina Web do proxecto: http://www.ehospital-project.net