VI Congreso TADEGa. A Coruña 2019

Nota: Acabamos de actualizar o contido desta páxina. Cada obradoiro inclúe o enlace aos materiais cedidos polos seus relatores.

Toma nota

  • Cando: 22 a 23 de novembro de 2019.
  • Onde: Facultade de Educación da UDC. A Coruña.
  • Estilo funcional: obradoiros prácticos simultáneos (conforme ás vosas propostas).
  • Certificación da UDC. Homologado pola CEUFP da Xunta de Galicia + opción a certificado adicional de publicación dixital ISSN por comunicacións libres e obradoiros expedida pola nosa asociación.
  • Inscrición: mediante formulario no seguinte enlace: [ Inscrición no VI Congreso TADEGa ].
  • Prezos: periodo bonificado ata o 30 de outubro. Outras opcións no formulario de inscrición.

Programa

Venres 22

  • 16:30 a 17:00. Recollida de documentación.
  • 17:00 a 17:15. Benvida e inauguración.
  • 17:15 a 19:15. Obradoiros I.
  • 19:15 a 19:30. Descanso.
  • 19:30 a 21:30. Obradoiros II.
  • 21:30. Cea + asemblea aberta (opcional).

Sábado 23

  • 09:30 a 11:30. Obradoiros III.
  • 11:30 a 12:00. Pausa café.
  • 12:00 a 14:00. Obradoiros IV.
  • 16:00 a 18:00. Obradoiros V.
  • 18:00 a 19:30. Proxecto Atopa. Mónica Valderrama (Vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da UVigo) e o equipo atopa.es
  • 19:30 a 20:15. Espazo Cooperativo.
  • 20:15. Clausura.

Inscricións

Observacións

  • Durante o congreso haberá unha zona de stands de entidades e asociacións que visitar nos descansos.
  • Para o espazo cooperativo, entregarase a todos os participantes unha folla para cubrir -opcional- dos proxectos que está a desenvolver ou lle gustaría iniciar con outras persoas.
  • Poñemos unha “Enfermería de escornabots” permanente para curar escornas de baixa médica.

Cea + asemblea aberta

Venres ás 21:30 horas. Asemblea anual de socios cun novo aire:

  • É unha asemblea aberta e polo tanto tamén convidamos a participar a persoas non socias coas súas opinións.
  • En formato cea para darlle un aire de convivencia distendida na que as opinións e valoracións naden libremente.
  • Opcional: para anotarse, basta con indicalo no momento da recollida da documentación do congreso.

Os obradoiros

(En orde alfabética).

  1. A inclusión na lexislación e documentos de centro e de aula. Laura Adela Fernández Blanco. Enlace: www.equipolaura.es
  2. Autofabricantes. Coñecemento aberto para a autonomía e a calidade de vida. Christian Pérez. Enlace: autofabricantes.org
  3. Adaptacións para a lectura. Patricia Pena.
  4. Avaliación, instrumentos de avaliación en NEAE desde unha perspectiva inclusiva. Enlace: ilusiona-t.es
  5. Cas mans na masa. Fátima García. Enlace: discapacitodos.com
  6. Drones na aula. Nuno Troitiño. Enlace: nunotecnologias.weebly.com
  7. Espazo de boas prácticas (comunicacións):
    1. Escornabot para personas con discapacidade visual. Rosa Garrido
    2. Breakout Gamificado para a diversidade. Beatriz Ponte
  8. Gamifica a túa aula. Erica Ordoñez. Enlace: lavozeducativa.com
  9. Impresión 3D e Diversidade Funcional. Paz Freire e Felo Couto. Enlace: paztecnoloxia.wixsite.com
  10. Monta o teu Escornabot. Pablo Rumba. Enlace: pablorubma.cc (Guía de Montaxe)
  11. Novedades ACCEGAL: TalkActive. Francisco de Arriba e Silvia García. Enlace: accegal.org
  12. Obradoiro de E-textiles. Paola Guimeráns. Enlace: paolaguimerans.com
  13. Programación Arduino con Echidna. Xabier Rosas. Enlace: echidna.es
  14. Proxecto Steam “Cidade intelixente”. María Nimo Piñeiro. Enlace: dismedia.com
  15. Vídeo signado en lingua de signos e Croma. Xacobo de Toro. Enlace: Youtu.be

Informacións sobre os obradoiros

A inclusión na lexislación e documentos de centro e de aula. Laura Adela Fernández Blanco, Equipo Laura

Probablemente a normativa vixente e os documentos de Centro parecen unha temática pouco atractiva, verdade? Pero seguro que todos e todas estamos dacordo en que son imprescindibles na realidade das nosas aulas e das nosas escolas. Neste obradoiro ofreceremos non so un marco teórico claro e sinxelo, senón tamén unha abordaxe practica que aporte ferramentas para poder facer da inclusión unha realidade que vaia mais alá do papel e transforme a realidade das nosas aulas

Enlace: equipolaura.es

Autofabricantes. Coñecemento aberto para a autonomía e a calidade de vida. Francisco Díaz

SuperGiz é un concepto diferente de prótese para mano ou brazo, non simula unha man humana. Consiste nun elemento principal “Pulpo” que se coloca na extremidade e un conxunto de “gadgets” para enganchar ao pulpo e realizar a actividade que necesitemos. Está pensado para actividades concretas e co sistema de enganche universal de xiro 90º podemos engadir calquer gadget.

Enlace: autofabricantes.org

Avaliacion, instrumentos de avaliacion en neae desde unha perspectiva inclusiva. ilusiona-t.es

A miudo confundimos ou equiparamos avaliacion con calificación e moi a miúdo tamén carecemos de ferramentas prácticas que nos permitan facer da avaliacion unha oportunidade de mellora do proceso de ensino-aprendizaxe. Neste obradoiro reflexionaremos sobre isto e ofreceremos estratexias, instrumentos e técnicas que vaian mais aló de “poñer unha nota”, incidindo especialmente na avaliacion do alumnado con neae, na adaptacion de instrumentos de avaliacion e na perspectiva inclusiva que debe ter.

Enlace: ilusiona-t.es

Cas mans na masa. Fatima García

A gran cantidade e dispoñibilidade de masas de modelado e prototipado ábrenos un mundo de posibilidades para a realización de pequenas adaptacións de acceso no contorno. Agarres, proteccións, apoios, resaltes… son realizacións sinxelas que poden facilitar moito o día a día. ¡Coidado que mancha!”

Enlace: discapacitodos.com

Drones na aula. Nuno Troitiño

Introducir os drones na aula pode axudar ao desenvolvemento das competencias básicas do alumnado e reforza o emprego das TIC. A súa versatilidade fai posible utilizalos en todos os niveis educativos e aplicarse a diferentes materias curriculares STEAM.

No obradoiro faremos unha introdución ás características básicas do dron e iniciar o voo, así como trasladar ordes ao dron a través de programación por bloques.

Enlace: @nunotecnologias (Twitter).

Espazo Compartido. Sonia Seijas

Programa universitario de formación sociolaboral para persoas con discapacidade cognitiva da UDC.

Enlace: udc.es

Programación Arduino con Echidna. Xabier Rosas

EchidnaShield é un proxecto Open Source dirixido a facilitar a aprendizaxe da programación nos últimos cursos de Primaria e en Secundaria. Con este fin deseñouse un escudo para Arduino, pensando no seu uso con entornos visuales de programación. O escudo apóiase nunha guía educativa con propuestas de actividades para a aula.

Ao ter os sensores e actuadores integrados, elimina  a necesidade de cablear, minimizando os erros de electrónica, o que supón un incremento no tempo dedicado á programación e ao coñecemento dos compoñentes.

Enlace: echidna.es

Proxecto Atopa. Cristina López

O proxecto Atopa pretende dar resposta a unha necesidade para os estudantes diagnosticados con trastornos do espectro del Autismo (TEA), que polas escasas experiencias de comunicación social a miúdo sufren situacións de illmento e rexeite. De feito, estas situacións non son exclusivas de nenos e nenas con TEA, polo que o proxecto se extende a todo o alumnado.

O proxecto Atopa proporciona tres ferramentas:

– Unha guía na que se inclúen os fundamentos teóricos.

– Un portal web atopa.es cun repositorio de materiales de libre difusión.

– Unha aplicación web gratuíta para os centros educativos que permite simplificar a realización dos cuestionarios e a obtención e interpretación dos resultados.

Enlace: atopa.es

Proxecto Steam “Cidade intelixente”. María Nimo Piñeiro

O proxecto demostra e achega as posibilidades da programación informática e da robótica educativa no seu uso na aula mediante o desenvolvemento de proxectos STEAM.

Crearanse diferentes dispositivos para automatizar determinadas funcións; dende alumeado intelixente, paneis informativos, barreiras de entrada e saída, sistemas de rego automatizados, radares de velocidade, sensores de aparcamento, etc.

Todos estas programacións se levarán a cabo cun robot Mbot que é o que suministra a Consellería de Educación a os CEIP de Galicia.

Enlace: dismedia.com

Axúdanos a difundir!

Descarga a información do congreso en formato PDF para imprimir e compartir onde traballas ou colaboras. Graciñas.
[ Información do congreso ].

Entidades implicadas e comprometidas con este congreso

Logotipo da asociación TADEGa.
Logotipo da UDC (Universidade da Coruña).
Logotipo do ADI.
Logotipo de Coruña Próxima e Coruña Dixital do Concello da Coruña.
Logotipo do CUFIE.
Logotipo de BJ Adaptaciones.
Logotipo da Asociacion DIVERTIC.

Comparte este artigo

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.