TADEGa, EDIGa, SIDAR e TecnoNEEt

Foto da reuníon no ‘Café Gijón’[D-214]

Teño por costume dar unha volta case que tódolos días polas bitácoras dos bos amigos, dos que sabemos todos que, cando escriben algo, paga a pena lelo. E hoxe vexo que o noso amigo Javier Soto na súa bitácora de tecnología y discapacidad* fai un alto no camiño dos artigos rigorosos para comentar unha anédota e unha foto.

De entrada parecería esta unha reflexión banal, pero non é así: o pasado 30 de outubro tivo lugar en Madrid un congreso de moita sona sobre os temas que nos preocupan de tecnoloxías e educación. Deus os dá e eles se xuntan pois aquí temos de esquerda a dereita:

  • Emmanuelle Gutiérrez e Restrepo, responsable da Fundación SIDAR, sen dúbida unha das profesionais máis destacadas no ámbito da accesibilidade web.
  • Domingo Méndez López, un entusiasta da tecnoloxía educativa e autor do coñecido blog Educación y TIC*.
  • José Luis Fariña García, (o noso benquerido compañeiro de TADEGa), asesor técnico de TIC da Consellería de Educación, membro fundador de EDIGa* e tamén de TADEGa*.
  • Francisco Javier Soto Pérez, cabeza principal e líder do equipo TecnoNEEt* (o referente po excelencia das TIC na Atención á diversidade en toda Iberoamérica) ou o, NEEDirectorio*.
  • Antonio Sacco, profesor de informática e creador de tecnoloxías para as necesidades educativas especiais da Arxentina e un dos premios deste IV Congreso Educared xunto con Domingo Méndez.

E todos eles xuntiños, por xeración espontánea, nada menos que no emblemático Café Gijón. Di o proverbio árabe que cando o dedo sinala á Lúa, o idiota queda mirando para o dedo. E esta foto non é só a anécdota duns amigos tomando café, é todo un símbolo de que algo se move no ensino galego cando os profesionais da educación son capaces de aglutinarse para aproveitar ao máximo as oportunidades (neste caso baixo TADEGa e EDIGa) e, no canto de mirarse para o embligo, estar e crear espazos de aproveitamento cos mellores referentes como os que mencionaba antes. Sinal de que camiñamos e pola boa senda.

Nota: (*) Enlaces xa relacionados na marxe dereita desta bitácora.

Comparte este artigo

1 Comentario

  1. Sí, a verdade e que é significativa… agora so queda que a seguinte sexa en Bonilla, o Dezaseis ou no Orella 😉

Deixa una resposta a Felo Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.