[D]
Este é un sito web onde publicar noticias e contidos salientables coa idea de compartilos coa comunidade e para ser comentados publicamente.
Esta bitácora adícase a reflectir a vida de TADEGa.net e, polo tanto, da comunidade de profesionais da educación que a integran especialmente ocupados na atención á diversidade no seu máis amplo senso; isto é: as necesidades educativas especiais, o mundo do maior, o rural, a multiculturalidade, as altas capacidades, a marxinalidade social, e todo un longo etcétera que abrangue a moitísimas persoas coas que temos contraída unha débeda demasiado antiga: facer o hoco necesario para que teñan unha vida en igualdade de oportunidades entre todas e todos nós.
As nosas opinións son, iso, opinións persoais dos membros de TADEGa sumados aos que como visitantes queirades deixarnos. Polo tanto nunca han ser sentencias inapelables. Aquí todos estamos a medrar e aprender ¿Non si?
Preferiblemente (e non exclusivamente) en galego porque somos un grupo galego preocupado pola Educación e o Ensino en Galicia.
Aquí somos benvidas e benvidos; sen exclusións.