Imaxe da interfaz do programa Vocaliza.[D-281]

O enxeñeiro Carlos Vaquero de Zaragoza é o autor dunha aplicación informática, Vocaliza 1.1.0 para Windows, de axuda ás persoas con dificultades na expresión oral. O seu traballo obtuvo o premio ó mellor proxecto fin de carreira 2006. É un programa de software libre que se pode baixar dende a seguinte dirección

Enlace a descarga do programa (11,8 Mb)

Vocaliza axuda a mellorar as patoloxías da fala e aumenta a capacidade de comunicación, ten unha interfaz moi sinxela e non precisa grandes coñecementos informáticos para a súa programación e utilización.

A aplicación consta de dous módulos: Aprendizaxe e xogos. No módulo de aprendizaxe, o programa recoñece a nosa voz e a incorpora á base de datos xenérica. No apartado de xogos existen catro tipos de actividades, pronunciación, adiviñas, frases e evocación, nos que o usuario debe responder coa articulación e pronunciación axeitadas.
Permítenos introducir aquelas palabras ou frases, acompañadas de debuxos, que nos interese traballar cos nosos alumnos. Pódense adaptar as actividades e o grao de dificultade ás características da persoa que o vai empregar.

O programa consigue captar a atención dos rapaces e reforza o traballo con recompensas visuais. Pode ser moi útil para incrementar o vocabulario, na rehabilitación das dislalias, e para traballar o razoamento verbal.