Préstamo tecnolóxico TADEGA (Actualización)
Comezamos un novo servizo de “préstamo tecnolóxico” na Educación Galega, os primeiros en beneficiarse del foron os compañeiros do CEIP Santo Paio de Abaixo. Eiquí a crónica que nos deixaron:
“Tivemos durante uns días unha nova ferramenta de traballo, un ordenador con pantalla táctil, grazas a isto , tod@s podemos manexar o ordenador sen problema e sen lios co rato.
Como ferramenta que é, serviunos para traballar moitas cousas, a pesar do pouco tempo que tivémolo ( xa nos gustaría ter un propio) intentamos probar todas as potencialidades que ten e o que nos pode achegar.
O resultado foi moi bo, a un fácil manexo, se únelle a posibilidade de utilizalo en parellas sen ter que pasarse o rato ( co enredo que iso supón), a motivación para esta nova ferramenta é moi grande, ademais, cun mínimo de adestramento ata os máis pícaros do cole úsano sen problema. Lucas e Conchi (Vincis) resolveron unhas actividades de LIM sen problema.”
Eres socia ou socio de TADEGA? Queres acceder ao servizo de préstamo tecnolóxico?
Envía o documento de colaboracion ao enderezo colaboracions (arroba) tadega.net e atenderemos o teu caso canto antes.
Actualización
Elementos actuais de TADEGa en préstamo:
Gracias a TADEGA por este prestamo, a súa utilización nun aula na que o traballo cos PC é cotiá foi unha pasada, por que permitiu que nen@s que non poden traballar autonomamente no PC da aula , sí o puidesen facer con este táctil, sin frustracións, con motivación , con gran satisfacción!!!!!.
Gracias a esto ímos andando camiños que ata o de agora estában certamente moi costa arriba…….
Gracias, gracias e mil gracias ( espero que en breve sexa o meu alumno o que vos escriba)
Un bico . Susana