Dereitos das persoas con discapacidade

[D] Da man do noso benquerido amigo Javier Soto (http://tecnologiaydiscapacidad.es) achégasenos a nova de que España ven de asinar a Convención da ONU sobre os dereitos das persoas con discapacidade. A Convención e o seu protocolo facultativo están abertos á sinatura de todos os Estados e organizacións de integración rexional dende o 30 de marzo de 2007. Convidamos aos nosos letores a unha ollada ao caderno de bitácora de Javier Soto para una lectura máis detallada desta e doutras informacións de interese.

TADEGa.net, premio EGANET 2007

[D] Estamos de noraboa. TADEGa.net recibiu onte (29/3/2007) o premio EGANET 2007 na modalidade de tecnoloxía accesible. Das 163 candidaturas quedaron 27 finalistas, e de éstas, os 10 premios finais. Por cuarto ano consecutivo, a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías convoca estes Premios EGANET (www.eganet.org – www.premioseganet.com), continuando deste xeito a premiar os proxectos de empresas e profesionais galegos que traballan en prol do desenvolvemento do sector TIC na nosa comunidade. Os nervos de Antonio e meus eran moitos aínda que o premio deixounos descolocados pois non contabamos con que os ollos dos grandes caeran sobre iste novo grupo tan cheo de ilusións por facer da simbiose entre as TIC e a atención á diversidade un mundo de ferramentas fecundas para todos. Sexa como fose, a responsabilidade que gañamos co premio tamén é importante e o reto que se nos achega tomámolo con novo pulo. Antes de rematar esta boa nova, quería dar os lóxicos agradecementos ás moitas persoas que están detrás de todos estes esforzos: A Abraham, o cacharreiro tecnolóxico maior desta bitácora e con quen comparto case que a diario o peso de ter a web ao día. A Antonio polos seus desvelos e suxestións, compañeiro de fatigas de TADEGa. Nos seus miolos estivo a idea primixenia deste grupo. Aos magníficos compañeiros e amigos do TecnoNEEt, inspiradores maiores da semente de TADEGa, e da urxencia da accesibilidade web, non como un ornamento artístico, senón como a única resposta posible á dignidade das persoas con discapacidade. E, dun xeito especial, aos grandes amigos con maiúsculas Javier, Manolo, Emilio… e sen deixar atrás a ningún dos grandes deste equipo: Domingo, Mª Dolores, Mª José… A todas e todos os membros de TADEGa para quen se constrúe todo isto. A Marisa e María arquitectas maiores dunha vida ilusionada e ilusionante por un mundo con máis vida para todos.

Ao fin, síntese de voz en galego

[D] Dentro da ONCE moita xente leva moito tempo loitando para que a síntese de voz (entre elas o Jaws) nos falen en galego, catalán e euskera. Ao fin conseguiuse, creouse un CD con distintas voces, non son unha marabilla, pero… mellor que nada… A información respecto diso que nos chega do CIDAT (Centro de Investigación, Desenvolvemento e Aplicación Tiflotécnica) da ONCE é a seguinte: http://cidat.once.es/home.cfm?excepcion=52&idproducto=280&idseccion=10 Voz de Telefónica I+D é unha síntese compatible con programas que traballan con SAPI 4.0, como podan ser: Jaws, ZoomText ou LectoText. É capaz de falar con dúas voces en castelán chamadas Miguel e Ana, unha en catalán chamada Jordi, unha en euskera chamada Julen e outra en galego chamada Xoan. SAPI, de Speech Application Programming Interface (Interfaz de programación de aplicacións de fala), é un conxunto de ordes a baixo nivel de código máquina que permite aos programadores de aplicacións facer programas sen necesidade de ter que escribir ordes especiais cada vez que teñan que facer que o ordenador fale.

Xa temos o noso propio IBSN

[D] Pois si, xa temos o noso propio IBSN (Número de Serie de Blogs de Internet) que identifica inequívocamente na Internet calquera dos documentos que aquí se publiquen (equivalente aos ISBN dos libros e aos ISSN de revistas e xornais). Veredes ademais que acadamos unha numeración simpática (os prefixos telefónicos das 4 provincias galegas agás Ourense que nos quedamos coa última, mágoa porque o IBSN debe conter 3 guións e 10 díxitos). Recoméndase aos curiosos na materia, ver o que a Wikipedia pon sobre o IBSN (non ten desperdicio) no enlace (http://es.wikipedia.org/wiki/IBSN) e así como o xeito de conseguir un IBSN para un blog no enlace (http://ibsn.org/es). De todos modos, débese lembrar que o IBSN é só para cadernos de bitácora e non para ningún outro tipo de documentos electrónicos e só un para cada bitácora. Quen sabe? Ao mellor tamén poderíamos acadar un ISSN e, polo tanto, facer que os artigos publicados sexan rexistables a baremables en prol dos seus autores.

Non todo é cacharrear

[D] Non todo vai a ser falar de ordenadores, cables, programas; tamén é hora de reflexionar, de pensar, de calibrar e avaliar canto estamos a facer ou de ata onde queremos chegar, de se os nosos esforzos van por bo camiño, de se realmente somos libres ou alguén nos está a vender a moto. Por iso sempre se agradece que alguén faga estas reflexións e nos dé un tirón de orellas cando compre facelo. Nesta liña, saudamos ao caderno de bitácora do noso compañeiro José Vidal (http://www.espacioblog.com/jvidal) moi centrado nestas lides e cun bo grao de perspicacia. Auga fresca pola mañá coa que, de cando en vez, debémonos refrescar, e discutir claro está, porque afortunadamente aquí ninguén é perfecto ¿Onde tería eu sitio senón? Noraboa José!

TADEGa nos premios Eganet

[D] TADEGa.net está inscrita como participante nos premios Eganet (www.eganet.org – www.premioseganet.com). Por cuarto ano consecutivo, a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías convoca os Premios EGANET, continuando deste xeito a premiar os proxectos de empresas e profesionais galegos que traballan en prol do desenvolvemento do sector TIC na nosa comunidade. A nosa candidatura quedou rexistrada na categoría de “Premio Tecnoloxía Accesible” ¿Quen sabe? Ao mellor …

Novo libro de Pilar Irimia

[D] SUPERANDO LA SOLEDAD, La educación de la persona con discapacidad intelectual” de Pilar Irimia. Este libro afronta unha avaliación crítica das posibilidades da integración das persoas con discapacidade intelectual, a partir dos diferentes proxectos desenvoltos nos derradeiros anos, en vez de dar por suposta a validez de certos ideais apriorísticos. O esforzo realizado por distintas institucións e polo estado, para lograr unha educación satisfactoria e unhas mellores posibilidades laborais, converteuse nunha apaixonante aventura. Se o conxunto de experiencias é sen dúbida positivo, pola maior toma de conciencia da sociedade; os resultados en cambio, non foron moitas veces os esperados. Esta investigación analiza en detalle casos concretos seguidos en longos procesos temporais. Constitúe ademais un diálogo intenso cun elevado número de persoas, representantes dos diferentes grupos sociais implicados directamente neste empeño colectivo. O traballo recibiu o III Premio Nacional de Investigación Educativa do ano 2003. O rigor dunha investigación científica conxúgase cunha presentación entrañablemente humana de realidades cotiás e de experiencias vividas polos diferentes protagonistas. Humanismo e solidez argumental brindan suxestións para a reflexión e discusión. M.ª Alicerce Irimia Fernández é doutora en Antropología Social, é na actualidade orientadora nun centro de Educación Secundaria e ao longo da súa carreira profesional desempeñou postos técnicos e de responsabilidade directamente relacionados coa educación e integración de alumnos con discapacidad intelectual. Entre as súas publicacións relacionadas co tema figuran: “Linguistic Correction and Semantic Skills in the Spanish Children”, “Identités et culture dans I´experience “Foyer” pour élèves espagnols”, “Vivir las categorías étnicas: “Hispanic” en una escuela de Chicago”, “Estrategias ambiguas e identidades dinámicas en las escuelas plurales”.

Axiña Aumentativa.net en galego

[D] Nestes días, unha equipa de 4 docentes galegos están a facer a traducción de Aumentativa.net ao galego. Trátase dun servizo web moi útil para a atención á diversidade, e máis en concreto, naqueles entornos nos que a comunicación convencional da fala e da escrita non é posible: Este servizo é un espazo de recursos para a comunicación aumentativa. Aquí ponse á disposición do usuario materiais para descargar, de base pictográfica e fotográfica, unidades didácticas multimedia, animacións, xeración automática de materiais multimedia on-line, xeración automática de materiais curriculares impresos, actualización semanal de pictogramas e imaxes, solicitude de pictogramas á carta, etc. Máis información a temos na mesma web www.aumentativa.net E cando falamos dunha base de datos de imaxes pictográficas estamos a falar, nada máis e nada menos que de 3260 pictogramas asociados a 15468 palabras a día de hoxe, xa que esta base de datos está a medrar constantemente grazas ao traballo dos integrantes deste proxecto. Non están aínda fixadas as datas de cando estará todo este traballo en galego, pero os traballos están moi avanzados.

A polémica está servida

[D] Recentemente un correo electrónico anda a circular por algúns centros docentes denunciando unha situación que, os asinantes, consideran inxusta. Aínda que non moi ben redactado, o texto di exactamente o seguinte: Calidade educativa? Segundo a LOE a Administración Educativa disporá de profesionais cualificados para a atención ao alumnado con necesidades específicas. Até o momento tiñan que demostrar os seus coñecementos a través de cursos de habilitación ou probas de oposición. O Real Decreto 276/2007 de acceso á función docente continúa a contemplar, para o ingreso no corpo docente, a obriga de superar unha proba de oposición. O mesmo acontece cos funcionarios cando pretenden adquirir unha nova especialidade. A partires do próximo curso, nos Centros educativos de Galicia atoparemos mestres que van ocupar prazas de Educación Especial sen teren coñecementos da citada especialidade, poisque a Administración váillelo permitir sempre que asinen, deixando en branco, o exame de oposición. Vosté sabe o que é a Síndrome de Asperger, Síndrome de West, Síndrome X-Fráxil, Síndrome de Cornelia de Lange,….? Sabería deseñar unha resposta educativa axustada a alumnos con estos trastornos? Sábeno os novos “especialistas”? Como profesionais de Educación Especial pensamos que esta medida repercute negativamente no alumnado e no prestixio da especialidade. E isto a que entende a Administración por calidade do ensino? Profesionais de Pedagoxía Terapéutica. A apariencia desta nota parece confusa: de todos modos e ata onde puidemos entender, parece referirse a que nas vindeiras eleccións de destinos provisionais, aqueles mestres interinos especialistas en materias ás que xa non se pode acceder por estar reservadas á ESO (matemáticas, socias, etc,) terían a obriga de presentarse este ano ás oposicións por outras especialidades que non teñen esta característica (audición e linguaxe, pedagoxía terapéutica, educación física, educación musical, inglés e francés) xa que non hai oposicións á especialidade de educación primaria. De non presentarse, perderían a condición de interinos, polo que aqueles que se presenten pero non superen o concurso oposición si que continuarían a ser interinos e a Administración os considerará como habilitados na especialidade pola que se presentaron. ¿Cál é a novidade, e a polémica, deste ano? Que este colectivo específico de interinos/substitutos antes non tiñan esta obriga de se presentar para manter a condición de interino/substituto (a obriga estaba condicionada a que se convocasen vacantes da súa especialidade para que participasen por esa especialidade e continuasen nesa especialidade, aínda que si tiñan dereito a presentarse a outras). Agora en cambio é obrigatorio que se presenten a outra especialidade distinta a aquela pola que obtiveron o título de mestres. Polo tanto ésta é a única diferencia entre anos anteriores a iste: que

Ler máis

As TIC no CEE Ntra. Sra. de Lourdes

O CEE Ntra. Sra. de Lourdes (A Coruña) xa ven demostrando fai anos que saben integrar as TIC na aula, e non dun xeito pechado e delimitado, senón sempre abertos á mellora. O uso das PDI, bitácoras para interactuar cos pais, smartboard, pizarras dixitais, vídeos na web… non paran. Felicidades Felo! e felicidades a todo o centro. [D] [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/PIXl2E_wzOg” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Posdata: podedes dar unha volta polo seu caderno de bitácora en http://www.claseblanca.tk/