Xa temos o noso propio IBSN

IBSN: Internet Blog Serial Number 981-982-986-8 [D]

Pois si, xa temos o noso propio IBSN (Número de Serie de Blogs de Internet) que identifica inequívocamente na Internet calquera dos documentos que aquí se publiquen (equivalente aos ISBN dos libros e aos ISSN de revistas e xornais).

Veredes ademais que acadamos unha numeración simpática (os prefixos telefónicos das 4 provincias galegas agás Ourense que nos quedamos coa última, mágoa porque o IBSN debe conter 3 guións e 10 díxitos).

Recoméndase aos curiosos na materia, ver o que a Wikipedia pon sobre o IBSN (non ten desperdicio) no enlace (http://es.wikipedia.org/wiki/IBSN) e así como o xeito de conseguir un IBSN para un blog no enlace (http://ibsn.org/es). De todos modos, débese lembrar que o IBSN é só para cadernos de bitácora e non para ningún outro tipo de documentos electrónicos e só un para cada bitácora.

Quen sabe? Ao mellor tamén poderíamos acadar un ISSN e, polo tanto, facer que os artigos publicados sexan rexistables a baremables en prol dos seus autores.

Compartir esta publicacion

1 Comentario

  1. A maiores, temos tamén solicitada a concesión do ISSN (o específico das publicacións periódicas como xornais, revistas, etc.) Terémosvos informado conforme se vaian producindo acontecementos.

Deje un Comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

You may use these HTML etiquetas y atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.