Non todo é cacharrear

Imaxe alegórica dunha familia. [D]

Non todo vai a ser falar de ordenadores, cables, programas; tamén é hora de reflexionar, de pensar, de calibrar e avaliar canto estamos a facer ou de ata onde queremos chegar, de se os nosos esforzos van por bo camiño, de se realmente somos libres ou alguén nos está a vender a moto.

Por iso sempre se agradece que alguén faga estas reflexións e nos dé un tirón de orellas cando compre facelo. Nesta liña, saudamos ao caderno de bitácora do noso compañeiro José Vidal (http://www.espacioblog.com/jvidal) moi centrado nestas lides e cun bo grao de perspicacia. Auga fresca pola mañá coa que, de cando en vez, debémonos refrescar, e discutir claro está, porque afortunadamente aquí ninguén é perfecto ¿Onde tería eu sitio senón?

Noraboa José!

Comparte este artigo

1 Comentario

  1. Estimado compañeiro,

    Agradezco sinceiramente o teu comentario e referencias e sinto non ter accedido antes á vosa bitácora que me parece de interese. Trátase, penso eu, de reflexionar dende e sobre a nosa práctica tentando, como ben decides nas ideas básicas de TADEGA, optimiza-los recursos para que entre todos/as, dende o respecto á diversidade do profesorado e á súa pluralidade, poidamos acada-los mellores resultados en beneficio dunha formación integral de calidade para as alumnas e alumnos con necesidades educativas específicas.

    Un saúdo
    José R. Vidal.

    [Dende a miña humilde Web (http://www.xente.mundo-r.com/joseramonvidal) teño enlazada a vosa]

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.