A polémica está servida
[D]
Recentemente un correo electrónico anda a circular por algúns centros docentes denunciando unha situación que, os asinantes, consideran inxusta. Aínda que non moi ben redactado, o texto di exactamente o seguinte:
Calidade educativa?
Segundo a LOE a Administración Educativa disporá de profesionais cualificados para a atención ao alumnado con necesidades específicas. Até o momento tiñan que demostrar os seus coñecementos a través de cursos de habilitación ou probas de oposición.
O Real Decreto 276/2007 de acceso á función docente continúa a contemplar, para o ingreso no corpo docente, a obriga de superar unha proba de oposición. O mesmo acontece cos funcionarios cando pretenden adquirir unha nova especialidade.
A partires do próximo curso, nos Centros educativos de Galicia atoparemos mestres que van ocupar prazas de Educación Especial sen teren coñecementos da citada especialidade, poisque a Administración váillelo permitir sempre que asinen, deixando en branco, o exame de oposición.
Vosté sabe o que é a Síndrome de Asperger, Síndrome de West, Síndrome X-Fráxil, Síndrome de Cornelia de Lange,....?
Sabería deseñar unha resposta educativa axustada a alumnos con estos trastornos? Sábeno os novos "especialistas"? Como profesionais de Educación Especial pensamos que esta medida repercute negativamente no alumnado e no prestixio da especialidade. E isto a que entende a Administración por calidade do ensino?
Profesionais de Pedagoxía Terapéutica.
A apariencia desta nota parece confusa: de todos modos e ata onde puidemos entender, parece referirse a que nas vindeiras eleccións de destinos provisionais, aqueles mestres interinos especialistas en materias ás que xa non se pode acceder por estar reservadas á ESO (matemáticas, socias, etc,) terían a obriga de presentarse este ano ás oposicións por outras especialidades que non teñen esta característica (audición e linguaxe, pedagoxía terapéutica, educación física, educación musical, inglés e francés) xa que non hai oposicións á especialidade de educación primaria. De non presentarse, perderían a condición de interinos, polo que aqueles que se presenten pero non superen o concurso oposición si que continuarían a ser interinos e a Administración os considerará como habilitados na especialidade pola que se presentaron.
¿Cál é a novidade, e a polémica, deste ano? Que este colectivo específico de interinos/substitutos antes non tiñan esta obriga de se presentar para manter a condición de interino/substituto (a obriga estaba condicionada a que se convocasen vacantes da súa especialidade para que participasen por esa especialidade e continuasen nesa especialidade, aínda que si tiñan dereito a presentarse a outras). Agora en cambio é obrigatorio que se presenten a outra especialidade distinta a aquela pola que obtiveron o título de mestres. Polo tanto ésta é a única diferencia entre anos anteriores a iste: que o que antes era opcional (e case ninguén seguía esta opción) este ano sería obrigatorio para todos os afectados.
Quen está alporizado por esta situación? Quen está detrás desta nota? Difícil pregunta. De entrada claquera: para algúns compañeiros, podería ser non moi xusto ou non moi ético, que un mestre, polo simple feito de presentarse a unha oposición, ainda que deixe o exame en branco, poida impartir sen máis docencia como interino. Se resulta que é un mestre que leva nesta situación dende o ano 1986 (xa van 20 dende aquela) e sempre suspendendo (sen analizar agora se suspendendo cun 4.8 ou cun 0)… pois máis aínda. Na realidade quen puidera estar detrás desta nota serían os propios interinos especialistas de audición e linguaxe e de pedagoxía terapéutica que verían como interinos como eles pero máis antigos se farían cunha especialidade de PT ou de AL optando a vacantes e mermando, polo tanto, as súas opcións. Â¿É así? Non o sabemos, tan só é unha posibilidade que se reforza coas informacións de que esta parte do colectivo está a presionar aos sindicatos para desfacer esta disposición. ¿E os funcionarios? Pois non se verían afectados tanto en canto xa nos 2 concursos anteriores ningún non especialista podía optar a vacantes de PT/AL e este ano tampouco, mentres que os especialistas sempre elixirían vacante antes que os interinos.
Sexa como fose, estamos a tocar asuntos delicados nos que as opinións taxantes non valen e a polémica… pois está servida.
Nota: Temos remitido un correo ao remitente da nota en cuestión para que públicamente expoña as súas opinións e posturas sobre o asunto con total liberadade (éste é un foro onde todos podemos aportar as nosas opinións) pero polo de agora non tivemos resposta. A invitación continúa aberta.
Nota posterior a edición inicial deste artigo: Temos recibido un correo posterior que agradece e reforza o anterior. Lede con anterior os comentarios posteriores para estar ao tanto da situación.
Ola a todos. Parece que temos máis noticias deste tema: polo de pronto os asinantes deste correo que nós transcribiamos literalmente neste artigo remitíronnos un correo electrónico adicional dando máis explicacións. O comezo deste correo (unha vez corrixidos algúns lapsus ortográficos) di o seguinte:
Ben. Aquí pídennos un apoio, e este problema, é un problema importante. Ao mesmo tempo debemos estar abertos a cantas opinións se poidan dar a favor e en contra, pois nós non somos un colectivo nin o representamos, senón que somos un grupo de profesionais de distintos campos que prestan un soporte web sobre a atención a diversidade e aberto ao debate e que debe respectar as distintas posturas. De feito, eu son un membro máis da equipa de TADEGa pero non son TADEGa nin a represento. Así pois, e a risco de equivocarme, prefiro equivocarme eu e non comprometer a outros, polo que transmitirei a título particular esta resposta aos remitentes desta comunicación para que nos digan dun sitio web para anlzar dende aquí onde acceder a estes 4 documentos anexos que nos remiten.
Por outra banda indicareilles tamén que eles mesmos poden deixar aquí mesmo os seus comentarios e opinións directamente, cousa que tamén pode facer calesquera persoa do mundo mundial incluídos tamén os seus antagonistas.
Este espazo web é un espazo web aberto a todas e todos sen tomar partido por ningunha opción a fin de que sexa, cada un de nós, quen tome partido sen ser empurrado por ninguén.
creo que é moi inxusto, por tódalas partespero máis polos alumnos que coma sempre sufren as consecuencias dun profesorado non implicado, que non lle gusta o que fai .
O artigo esta ben, pero a realidade educativa é outra. Hai xente que traballa e merece o pan que gaña, pero outros so estan por chegar o fin de mes e cobrar, fagan o que fagan o caso é cumprir.
Temos que pasar do “cumpri-mento”, cumpro e minto é dicir o que estou a facer na aula non vai conmigo, xa que eu o da “vocación” pasou a historia. Esto é o que pasa é moitos docentes teñen esquecido esto.
Un docente non so ten que asistir a unha serie de discentes senón que ten que ter vocación ou ser profesional actuando con liberdade e esta non a vai recibir polos cartos senón polo interese que pon no que fai.
Un docente de Pedagoxía Terapeútica non so ten que ser especialista e gañar unha oposición, senón querer servir o alumnado con nee e potenciar e estimular as súas capacidades, e esto tamén hai mestres e docentes sen un título que o poden facer, de todolos xeitos:
“O que é de Deus para Deus e o que é do Cesar para o Cesar”