Unha resposta para Iago

A historia Fai tempo dabamos conta nesta bitácora de que se premiaba o vídeo de Iago titulado Yo también tengo derechos. De todos modos, con premio ou sen el, este esforzo non cae en saco roto. No noso centro, o alumnado do que son titor aprendeu e serviuse de Xandre, o elefante sen sombra e que xa coñecedes todos da nosa web. Impactoulles e gustoulles moito, pero a cousa non quedou aí. Resulta que aquelo de comunicarmos con pictogramas resultaba algo moi abstracto que non acababan de entender moi ben pois nunca viviran unha experiencia similar nin coñecían a ninguén que precisase este sistema de comunicación. Así pois non quedaba outra que puideran coñecer a alguén que empregase este sistema comunicativo, polo que lles amosamos o vídeo de Iago no que se pode ver con moita claridade como o usa e precisa comunicarse con el. Unhas cousas levan a outras, e o alumnado pediu darlle resposta a este rapaz usando o seu mesmo idioma. Así que armado cunha cámara de vídeo e imprimindo e preparando os pictogramas correspondentes, aquí tedes o resultado da resposta para Iago. Oxalá lle guste. Unha aperta moi moi grande para Iago, para a súa nai, e para estas rapazas e rapaces do CEIP Sal Lence de A Coruña que moito se acordan del, e que xa o queren coñecer. O video orixinal de Iago video platform video management video solutions free video player Pé de media (e descrición alternativa): Vídeo de Iago elaborado pola súa mai no que Iago nos amosa, con moitísimo esforzo, unha mensaxe que nos conta con xestos e pictogramas que, pasado a palabras di: Hola, yo quiero que tú, me esuches, me veas, me hables y me ames. A resposta do CEIP Sal Lence, A Coruña Nota provisional: Lamentablemente a xente de Youtube entende que o audio que acompaña a este vídeo, aínda tendo explicacións orais do narrador para a súa comprensión, vulnera os dereitos de autor por levar unha musiquiña de fondo. Por tal motivo silenciou totalmente o audio que agora non se pode escoitar sen aviso previo nin dar audiencia. No momento en que podamos, faremos unha versión idéntica con música libre que substituirá a actual. Desculpade as molestias. Pé de media (e descrición alternativa): Un vídeo coa montaxe audiovisual do alumnado do CEIP Sal Lence da Coruña, en resposta a Iago polo seu vídeo. Nel podemos ver e escoitar o proceso que se seguiu así como a parte principal na que o alumnado deste 2º curso de primaria respota a Iago con audio, subtítulos, pictogramas e xestos. Enlaces de interese

Ler máis

Un apunte pequeno: 2º aniversario

Pé de imaxe (e descrición alternativa): Mini tarta de cumpreanos (tan só unhas velas pinchadas nunha magadalena).” Botamos a andar fai ben pouco Non vos quero machacar con máis paragrafadas enormes nin discursos interminables. Só é para comunicarvos unha boa nova (seguindo o estilo do Nadal que cómpre para estes días): hoxe 15 de decembro, a nosa asociación TADEGa cumpre 2 anos. Moitos non son, é verdade. Pero intensos si, moito moitísimo. Graciñas por ser e por estar.

Diversidade funcional

Ao fin consta na Wikipedia O termo diversidade funcional (que xa fora ratificado pola ONU en xuño de 2008) xa está na wikipedia. Apetecíame compartilo. Quen o queira ver o ten no seguinte enlace: es.wikipedia.org/wiki/Diversidad_funcional O nome máis axeitado? Penso que as formas moitas veces son importantes. Diversidade Funcional erradica para sempre calquera connotación pexorativa e iguálanos a todas e todos, xa que minusvalía falaba da menor valía dun individuo con algunha limitación funcional (sen considerar a posible responsabilidade do entorno) e discapacidade di que lle falta capacidade, así pois: diversidade funcional, aínda que a algúns lles soe a cousa rara. E aquí vai unha idea de regalo, un vídeo que, seguro, xa coñecedes: Por catro esquiniñas de nada Pé de media (e descrición alternativa): Un vídeo coa montaxe audiovisual do libro Por cuatro esquinitas de nada de Jerome Ruillierno no que se amosan uns debuxos de circuliños e un cadrado que deliberan sobre como facer para que cadradiño poida entrar na casa grande por mor da súa forma acompañados do texto explicativo: – Cuadradito juega con sus amigos. – ¡Ring! Es hora de entrar en la casa grande. – ¡Pero Cuadradito no puede entrar! No es redondo como la puerta. – Cuadradito esta triste. Le gustaría mucho entrar en la casa grande. Entonces se alarga, se pone cabeza abajo, se tuerce, se dobla. Pero sigue sin entrar. – ¡Sé redondo!- le dicen los Redonditos. – Cuadradito lo intenta con todas sus fuerzas. – ¡Te lo tienes que creer!- dicen los Redonditos. – Soy redondo, soy redondo, soy redondo….- repite Cuadradito. – ¡Pero no hay nada que hacer! – ¡Pues te tendremos que cortar las esquinas!- dicen los Redonditos. – ¡Oh, no!- dice Cuadradito-. ¡Me dolería mucho! – ¿Qué podemos hacer? Cuadradito es diferente. Nunca será redondo. – Los Redonditos se reúnen en la sala grande. – Hablan durante mucho, mucho tiempo,… – Hasta que comprenden que no es Cuadradito el que tiene que cambiar. – ¡Es la puerta! Entonces, recortan cuatro esquinitas, cuatro esquinitas de nada… Que permitan a Cuadradito entrar en la casa grande… junto a todos los Redonditos..

Manual de Xordocegueira

A Deputación de Zaragoza, ven de publicar unha guía sobre xordocegueira co que pretende orientar aos profesionais dos Servizos Sociais, Educativos e Sanitarios no mundo da Xordocegueira. Na actualidade existe unha case que total carencia de servizos e estruturas de soporte pensadas para este colectivo. As persoas con discapacidade sensorial dobre (Xordocegueira) plantexan, ademais dos dereitos comúns ao conxunto da poboación, un conxunto de demandas específicas que hai que planificar de xeito integral como un feito diferenciado nas políticas sociais, co obxectivo de conquerir a súa participacion normalizada na sociedade. Enlaces Enlace ao manual en formato pdf: Manual PDF sobre xordocegueira Enlace ao manual en formato texto: Manual en formato texto sobre xordocegueira

En defensa dos dereitos fundamentais na Internet

En defensa dos dereitos fundamentais na Internet Ante a inclusión no Anteproxecto de Lei de Economía sostible de modificacións lexislativas que afectan o libre exercicio das liberdades de expresión, información e o dereito de acceso á cultura a través de Internet, os xornalistas, bloggers, usuarios, profesionais e creadores de internet manifestamos o noso firme oposición ao proxecto, e declaramos que… Os dereitos de autor non poden situarse por riba dos dereitos fundamentais dos cidadáns, como o dereito á privacidade, á seguridade, á presunción de inocencia, á tutela xudicial efectiva e á liberdade de expresión. A suspensión de dereitos fundamentais é e debe seguir sendo competencia exclusiva do poder xudicial. Nin un peche sen sentenza. Este anteproxecto, en contra do que se establece no artigo 20.5 da Constitución, pon en mans dun órgano non xudicial-un organismo dependente do ministerio de Cultura-, a potestade de impedir aos cidadáns españois o acceso a calquera páxina web. A nova lexislación creará inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico español, prexudicando un dos poucos campos de desenvolvemento e futuro da nosa economía, entorpeciendo a creación de empresas, introducindo trabas á libre competencia e retardando a súa proxección internacional. A nova lexislación proposta ameaza aos novos creadores e entorpece a creación cultural. Con Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos democratizouse extraordinariamente a creación e emisión de contidos de todo tipo, que xa non proveñen prevalentemente das industrias culturais tradicionais, senón de multitude de fontes diferentes. Os autores, como todos os traballadores, teñen dereito a vivir do seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades asociadas ás súas creacións. Intentar soster con cambios lexislativos a unha industria obsoleta que non sabe adaptarse a este novo contorno non é nin xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio baseábase no control das copias da obras e na internet non é posible sen vulnerar dereitos fundamentais, deberían buscar outro modelo. Consideramos que as industrias culturais necesitan para sobrevivir alternativas modernas, eficaces, cribles e accesibles e que lle adecuen aos novos usos sociais, en lugar de limitacións tan desproporcionadas como ineficaces para a fin que din perseguir. Internet debe funcionar de forma libre e sen interferencias políticas auspiciadas por sectores que pretenden perpetuar obsoletos modelos de negocio e imposibilitar que o saber humano siga sendo libre. Esiximos que o Goberno garanta por lei a neutralidade da Rede en España, ante calquera presión que poida producirse, como marco para o desenvolvemento dunha economía sostible e realista de cara ao futuro. Propomos unha verdadeira reforma do dereito de propiedade intelectual orientada á súa fin: devolver á sociedade o coñecemento, promover

Ler máis

O curto de Iago (actualizado)

A nova Un neno de 10 anos, usuario de sistemas aumentativos de comunicación, gaña o concurso de curtos sobre os dereitos dos nenos na modalidade de curto máis votado. E a cousa non queda ahí Ser xustamente o primeiro nunha carreira ou non selo non é o máis importante do mundo, é certo, pero o que si está acontecendo é que, a través deste concurso e do eco que vai tomando nos medios de comunicación o premio acadado, ao fin, Iago e as persoas como el (con diversidade funcional, neste caso con autismo) van deixando de ser invisibles e vense incorporadas ás vidas de todos e todas nós. E desta pelexa, a súa nai Inés xunto coas mosqueteiras (como elas se chaman), son soldados ben experimentadas. Dende a nosa asociación vaia o noso recoñecemento, alegraría, e felicitación. O vídeo Aquí queda o enlace á páxina web do concurso no que se inclúe o vídeo: www.yotambientengoderechos.com/…

A revolta dos mouses

A revolta O mundo dos trebellos de papelería é feliz e cheo de cor: os lapiseiros, ceras, pinceis etc. debuxan despreocupados paisaxes de ríos, prados e flores cando de súpeto o chan ponse a tremer e no horizonte enxérgase unha xigantesca e pavorosa mancha gris que converte en liñas e números todo o que atopa ó seu paso: son os ratos de ordenador, e ameazan con destruír o mundo figurativo. Director: David Alejandro Gen Duración: 13 minutos e 58 segundos Ano: 2007 Enlaces Enlace á web oficial: RevoltOfThemouse.com Ficha da axencia galega: AxenciaAudiovisualGalega.org O video O seu navegador non é compatible con javascript ou está desabilitado. Para acceder ao contido que aquí se amosa, diríxase a páxina web que se proporcionu anteriormente onde se ubica o video. Grazas.

Sábado, 7 de novembro

Seminario e asemblea Non perdas esta cita. Sesión dobre para os amigos e amigas desta asociación: Por unha banda e en sesión de mañá, micro-xornada/seminario sobre símbolos, tecnoloxía de apoio e recursos para a comunicación, o acceso ao currículum e á lectoescritura a cargo de: Borja Romero Salord, Director de BJ Adaptaciones e especialista en tecnoloxía de apoio, Barcelona. Por outra banda e en sesión de tarde, asemblea xeral extraordinaria de socios e socias de TADEGa. Polo medio, un xantar sinxelo de confraternidade para quen queira participar (sempre que nos comunique previamente por correo electrónico a súa asistencia) e ao estilo Ribadeo (cada un paga o seu). Polo miúdo Sen máis preámbulos: Data: Sábado 7 de novembro dende as 10 da mañá ata as 7 e media da tarde. Lugar: Santiago de Compostela, Salón de actos do MUPEGA (Museo Pedagóxico Galego). Matrícula: Non se precisa preinscrición previa. Prezos: Socias/os 5 euros por asistente. Non socios/as 10 euros. Horario 10,00 – Chegada e inscrición nas xornadas. 10,20 – Símbolos, tecnoloxía de apoio e recursos para a comunicación, o acceso ao currículum e á lectoescritura. Relator: Borja Romero Salord, Director de BJ Adaptaciones e especialista en tecnoloxía de apoio, Barcelona. 12,00 – Descanso-café. 12,30 – Debate aberto con Borja Romero Salord (BJ Adaptaciones) Feliciano José Couto Escanciano, Ana Belén Domínguez Besada (Asociación TADEGa). 13,00 – Comunicación de novidades TADEGa, presentación do proxecto: Xandre, o elefante sen sombra (en fase probas). 14,00 – Xantar de confraternidade. 16,30 – Asemblea Xeral extraordinaria de socios e socias de TADEGa (remitirase en breve convocatoria oficial, orde do día, e copia dos estatutos). Estará aberta a outros participantes non socios aínda que sen calidade de voto. 19,30 – Peche da asemblea e reacondicionamento do salón de actos. Graciñas por ser e por estar.

Un bo recordatorio

Hai xente que precisa ter unha foto a pé de cama que lle lembre as cousas importantes do día que non debe esquecer. Fágovos unha proposta: se por calquera circunstancia nalgún momento depende de vós o ter que pensar, deseñar, redactar, ou editar calquera cousa (un artigo, un moble, un esquema, unha actuación, un proxecto…) pois daquela, durante ese tempo, tede esta foto a pé de cama para que non se vos esqueza o que realmente é importante. Tan importante como o mellor dos vosos soños. Imaxe que tomamos e que agradecemos a María Dolores García Fernández ( www.desarrollosdg.com.ar )

A Administración con pasos atrás

O caso: Chámase Rocío Sánchez, unha rapaza cega chea de vida e profesionalidade. Aprobou unhas oposicións, e a Administración, recuando nas súas decisións, agora empéñase en que se xubile como sexa. Dende aquí unha patadiña a quen se empeña en exercer o mal arte da burremia e un abrazo solidario a unha magnífica rapaza que ben merece algo máis que os cardos que se lle achegan. Vivir con diversidade funcional Vivir con diversidade funcional non é doado, pero as cousas complícanse moito máis cando hai persoas empeñadas en pór trabas adicionais. Cando unha moza cega estuda na universidade, aproba unha oposición é pasa a ser mestra de secundaria e comeza a traballar como profesora, está claro que xa ten pelexado moito nesta vida e que merece como mínimo que a respecten. O que baixo ningunha das circunstancias se pode permitir é que, porque unha Administración insensible e incompetente non lle queira proporcionar os apoios necesarios para realizar o seu traballo, lle diga que ao ser cega é un problema para traballar e que con 29 anos ten que xubilarse. ¿Daquela por que aprobou as oposicións que a propia Administración convocou e avaliou? Non hai dereito, isto é unha auténtica barbaridade! Pero en que mundo vivimos? E logo fálase dende a Administración de igualdade de oportunidades, da non discriminación , da inclusión, da integración… Se queredes podedes seguir o caso desta moza gaditana a través do seu caderno de bitácora no que nos conta como chega a esta inxusta situación. Deséxolle a Rocío que teña as suficientes forzas para loitar polos seus dereitos e ser quen de darlles unha lección de xustiza á xente que lle fai tan dura a súa existencia. A carta: Carta de Rocío Sánchez. Estimados lectores: Mi nombre es Rocío, tengo 29 años y soy ciega. Soy licenciada en Filología Hispánica y Traducción e Interpretación por alemán. En 2004 aprobé las Oposiciones al cuerpo de profesores de Enseñanza Secundaria, por la especialidad de Música. Estuve trabajando cuatro años por diferentes pueblos de Granada, donde me fue bastante bien por contar con una serie de servicios que esta capital ofrece: voluntariado de la ONCE para lectura y corrección de exámenes, proporción del material tiflotécnico necesario, técnicos de rehabilitación visual, etc. Aparte, el hecho de vivir en esta ciudad me suponía mucha independencia. El curso 2007-2008 pude disfrutar asimismo de un profesor de apoyo asignado por la Consejería de Educación, que me acompañaba en el aula dos días en semana. Los tres restantes los pasaba con otro compañero ciego que estaba destinado en un pueblo cercano. Sin embargo, todo cambió el

Ler máis