Desc. alternativas 2008

Explicación

Esta páxina dedícase a describir detalladamente tódolos elementos gráficos ou non textuais pero
significativos (imaxes, animacións, sons, etc.) de calquera páxina que así o precisen porque aportan as aclaracións necesarias para o contexto e non están suficientemente explicadas na páxina de procedencia. Aínda así, toda a web está deseñada para evitar este recurso ata onde sexa posible xa que entendemos que onde se coloquen estes elementos non textuais e significativos, deben tamén, colocarse todas as explicacións necesarias para quen, pola súa discapacidade, non pode percibilos ou entendelos directamente.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición da imaxe FPC

A portada diste artigo, amosa unha fotografía do edificio principal que alberga a sede de Aspronaga e o seu Centro Educativo. Trátase dun antigo chalé na zona de Cidade Xardín de A Coruña.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición da imaxe Informacións do BETT

Na fotografía apréciase unha aula escolar onde, sobre as mesas, están todo o material recopilado no BETT: Catálogos, planos, software de demostracións, agasallos dos stands, etc.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición da imaxe Plasma

Trátase dunha fotografia en primeiro plano dunha pizarra dixital interactiva de plasma da marca Panasonic gañadora nos Bett Awards. Totalmente táctil e accesible

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición da imaxe Keyboards

Trátase dunha fotografia do expositores do stand de Inclusive Technology no pabellon adicado a necesidades especiais na Feira BETT. Na fotografía aprécianse mais de 20 aparellos de todo tipo: teclados alternativos, pulsadores, comunicadores, cámaras de fotos adaptadas, trackballs (ratos cunha bola), etc.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición da imaxe Pabellon

Trátase dunha fotografia tomada na feira BETT, desde o primeiro andar. Nela apréciase unha vista en perspectiva dun dos pavillóns con todos os stands que formaban a exposición. (Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición da imaxe Widgit

Trátase dunha fotografia tomada na feira BETT dun primeiro plano do stan de Widgit, o distribuidor da empresa Mayer-Johnson. Nela apréciase o eslogan “The Communicate Series”, facendo referencia ademais ao Boardmaker 6.0, a outros programas como o SymWriter, o In Print… entre outros. …

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición da imaxe Premios Ediga

Trátase dunha imaxe da autoforma de estrela para promocionar os I Premios Ediga. A imaxe carece de significado algún e únicamente pódese ver dentro dela, as palabras EDIGa 2008 Premios en cor negro sobre un fondo laranxa.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición da imaxe A Navegar 9

Trátase dunha imaxe tipo banner horizontal empregada na presentación do Certame A Navegar 9 como imaxe de fondo. A imaxe representa unhos barquiños de papel de cor branca navegando a través dunhas ondas de cor azul. Na imaxe tamén aparecen á dereita os logotipos de educared e da Fundación Telefónica.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición da imaxe “Casco antigo de Ourense”

Trátase dunha foto dunha das zonas mais concorridas do fermoso casco antigo de Ourense. Na fotografía aparece en primeiro plano a fonte da Praza do Ferro, tomada do claustro do Mosteiro de Oseira; dende aquí e nun par de minutos de marabilloso paseo, chegamos ao lugar destas xornadas

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición da imaxe “Carátula de cd”

Trátase dunha foto do cdrom que distribúe a Fundación Dédalo cos programas de apoio ás persoas con discapacidade intelectual. A dúas cores verde e branca, podemos apreciar nel os logotipos das institucións que colaboraron neste proxecto ademais da Fundación Dédalo: CREENA (Centro de Recursos para a educacion especial de Navarra), ANFAS (Asociacion Navarra en favor das personas con discapacidade intelectual), e CAN (Caixa de Aforros de Navarra).

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición da imaxe “Portada do libro Las TIC para a igualdade”

Trátase dunha foto da portada do libro “Las TIC para la igualdad” na que apreciamos o título da obra sobre a cor vermella do libro.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descripción detallada do logotipo do congreso TecnoNEEt 2008

Sobre fondo azul, o artista abstracto pasou 4 pinceladas de cores (azul, negro, laranxa e bermello) debuxando o que parece (non é nada doado de adiviñar) un neno cos brazos en alto tratando de acceder a un ordenador. Á súa dereita, figura o logotipo da asociación de logopedia que parece unha letra grega en verde e, finalmente o letreiro tecnoneet2008, os nomes dos congresos de TecnoNEEt e Logopedia, e as datas e lugar de celebración.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descripción detallada da imaxe Obradoiros de Accesibilidade web

Trátase dunha fotografía dun obradoiro de soldadura ou similar onde saltan unha morea de chispas ao empregar o soldador, esmeril ou similar. A imaxe carece de significacion co tema e so pretende ilustrar a anotación sobre os obradoiros para publicar contidos accesibles na rede.
(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descripción detallada da imaxe Curso de comportamento

Trátase dunha fotografía dunha persoa invidente cun bastón á que outra persoa a axuda a cruzar a rúa por un paso de peóns ofrecendo o seu brazo.
(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descripción detallada da imaxe Trastornos da Atención

Trátase dunha fotografía do anverso do triptico das Xornadas, que nas súas 3 seccións distinguese unha zona para a inscrición cos datos persoais, outra co programa e a portada na que se pode ler en castelán: “Niños adolescentes y adultos HIPERACTIVOS e INATENTOS”.
(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descripción detallada da imaxe Cumplimos 1 ano

Trátase dunha fotografía dunha madalena na que hai unhas velas encendidas como a tarta do aniversario de TADEGa que hoxe celebramos. Felicidades!!”.
(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descripción detallada da imaxe neno da India

Trátase dunha fotografía en primeiro plano dun neno de preto de Mumbai na India, que ten un lapis bermello na súa man esquerda e unha regra na dereita. Aproveitamos ista fotografía para lembrar que hai outros rapaces que tamén van á escola aínda que estean acostumados a seren rexeitados por case todos.
(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo). ..

Descripción detallada da Presentación Xornadas de Educacion Infantil

Trátase dunha presentación do tipo Powerpoint que TADEGA empregou nas xornadas que organizaba a Asociación Socio Pedagóxica Galega, qu etamén inclúe o video que Mamiago empregou na campaña do Dia Mundial do Autismo.
(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo). ..

Descripción detallada do logotipo CongresoTadega

Unha larga banda de fondo azul en formato vertical conten na sua parte superior unha esfera branca e traslúcida que parece enfocada por algunha luz difusa. Debaixo dela podese ler o lema: I Congreso TADEGa 2008. Posto así este conxunto gráfico de modo vertical coa esfera na parte superior, mesmo semella unha gran letra i latina coma si fose un icono de aviso de punto de información.
(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo). ..

Descripción detallada de la imagen a 20 o a 50?

La imagen es una fotografía de la entrada a una población por carretera. Dos señales aparecen en primer plano y crean una curiosa confusión por causa del gran parecido entre el nombre de la aldea y una limitación de velocidad de tráfico. La señal de entrada es a la población AVEINTE y junto a ella esta una señal redonda con limitacion de velocidad a 50 kilometros or hora.
(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo). ..

Descripción detallada da fotografía da Mesa IV do Congreso TADEGA

A fotografía corresponde á mesa que coordinaba Manuel e que levaba por titulo “Mesa IV: Usuarios, familiares, usabilidade, accesibilidade e fenda dixital”, na fotografía apréciase dita mesa na zona elevada do salon de actos do MUPEGA cos seus compoñentes de esquerda á dereita: Manuel Masaguer, Inés Casal, Mariluz López, Emilio Ivars, Emma Mayo e Xulián García que puxeron un alfinete de ouro a un Congreso de calidade.
(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo). ..

Descripción detallada da Imaxe do escritorio do navegador Zac

A imaxe corresponde a un ordenador portátil no que se ve o escritorio do navegador Zac. Na imaxe apréciase a apariencia dun acuario con peixes e corais e debaixo 5 iconas correspondentes ás opcións: escritorio, vídeos, xogos, musica e historias.
(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo). ..

Descripción detallada da Imaxe do Campamento para Autistas

A imaxe corresponde a un debuxo relacionado coas actividades de lecer no verán: o xogo de tirar da corda dos equipos de rapaces ata arrastrar ao outro.
(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo). ..

Descripción detallada da Imaxe da Fundación Adapta

A imaxe corresponde ao logotipo da Fundación Adapta. Nel preséntanse as verbas “fundacionadapta.org” en cor azul e laranxa.
(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo). ..

�

Descripción detallada da Imaxe da Guía para persoas con discapacidade

A imaxe corresponde a un neno que olla feliz para unha burbulla. Detrás, a imaxe dun ordenador e aos dous lados do neno, pezas dun xogo de pezas.
(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo). ..

Descripción detallada da Imaxe da Guía de accesibilidade Web WCAG 2.0.

A imaxe corresponde a unha porta de cor branco que está de pé malia que non ten paredes aos lados que a suxeiten. A porta está aberta entre as nubes e o ceo.
(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo). ..