Aplicación de mensaxería TADEGa
En TADEGa temos unha aplicación de mensaxería para mellorar a comunicación interna e a productividade entre grupos de interese. Deste xeito recibirás a invitación para formar parte, e para o que deberás seguir os pasos que nela se indican. Tamén podes facer a túa solicitude cubrindo o seguinte formulario: https://goo.gl/ak7J0e Tweet to @tadeganet Unha vez dentro do sistema: Participar en diversas salas de debate en grupos de traballo conforme aos teus intereses. Poder contactar con calquera persoa mantendo as vosas conversas privadas. Compartir toda clase de documentos e incluso de axendas e outras aplicacións compartidas. Participar, de ser o caso, en grupos de traballo restrinxidos dentro do sistema. Non terá para ti repercusión económica algunha e poderás participar nesta rede dende o teu ordenador, móbil ou tablet (iOS, Windows, Linux e Android), quedando así conectada/o permanentemente. Basta con que instales a aplicación Slack en todas as plataformas que utilices. Agradecendo unha vez máis o teu interese e colaboración, recibe un cordial e afectuoso saúdo.