Directiva Europea de Non Discriminación

[D] O 23 de xaneiro o Foro Europeo da Discapacidade lanzou unha campaña para a obtención de 1 millón de firmas, coa finalidade de que a Comisión Europea culmine cunha Directiva de Non Discriminación que afectará a 50 millóns de subcidadáns(as) con diversidade funcional en tódolos ámbitos da cidadanía. E xa sabedes que unha directiva europea é de obrigado cumprimento para os membros da UE. Pódese asinar visitando a páxina http://www.1million4disability.eu e cumprimentar o formulario que se vos presenta, ou ben, cumprimentar este formulario físicamente descargándoo do enlace que xunto ao final deste artigo para logo rmitilo por correo postal ao enderezo a: European Disability Forum – Forum européen des personnes handicapées Rue du Commerce 39-41 – B – 1000 Brussels Tfno.: +32/2/282.46. 00 Fax: +32/2/282.46. 09 E-mail: info@edf-feph.org Se mo mandades a min, eu podo facer o envío. Agradezco que firmedes e que o difundades. Documento pdf para a recollida de sinaturas.

A web 2.0 desvíase e desvirtúase

[D] A web 2.0 da que participamos en TADEGa con esta bitácora e co foro, e á que nos suscribimos por ter uns principios que entendemos básicos na atención á diversidade (compartible, interactiva, multimedia, accesible, usable, semántica…) non deixa de ter os seus problemas, e problemas importantes, porque estar suscritos a algo bo non é garantía de que canto se faga teña bula, e menos aínda, sen reflexión. Recentemente un dos máis afamados gurús da web 2.0, Jakob Nielsen, critica abertamente que a maior parte dos seus usuarios, abraiados de máis pola interactividade, abrazáronna coma un valor primario, esquecendo o básico dunha páxina web: a usabilidade, e con ela, a accesibilidade. Así, as webs deberían ser doadas de usar, polo que o seu deseño non debe ser algo que se poida deixar de lado en favor das ferramentas de interrelación entre usuarios. ahí es nada. Sempre admirei a valentía de quen, por lucidez, se atreve a remar contracorrente e pisar onde outros non foron quen ou onde simplemente non está ben visto. ¿Estaremos tamén nós engaoilados pola interactividade e a multimedia dándolle prioridade sobre usabilidade e a accesibilidade? Esa e outras preguntas son as que non deberíamos deixar de facer; para estar vivos, para ser frescos. Máis información nos seguintes enlaces: Código Cero. Noticia orixinal na BBC (en inglés).

A cegueira, unha experiencia

[D] A nosa compañeira Emma acábanos de enviar á lista de correo un artigo impagable. O seu relato persoal coa cegueira, especialmente no tocante ao descoñecemento de quen, os que nos cremos normais, temos sobre as discapacidades e sobre a cegueira en particular. Grazas Emma por compartires estos anacos de vida con todos nós. Non cae en saco roto. Aquí tedes o enlace ao seu artigo relatando esta experiencia persoal.

Multiplicando_nos!!!

Paseime toda a primaria e secundaria facendo multiplicacións do mesmo xeito. Sen coñecer que existían outros métodos!!!, Non sei se máis efectivos (aínda que con algúns sexa máis dificil cometer erros) pero sí moito máis visuais e atractivos. Aquí tedes uns exemplos para poñer en práctica: [D]

Traducir recursos ao galego

[D] Un dos valores engadidos que pode aportar unha comunidade activa como a nosa de profesionais da Educación interesados na optimización do uso das TIC (Tecnoloxías da Atención á Diversidade na Educación Galega), é a traducción dos recursos tecnolóxicos máis salientables do panorama actual ao galego para así rachar unha das fendas dixitais que xorden en Galicia por mor do idioma. Ese é o noso caso, así que dito e feito, puxémonos a traballar neste campo. Neste momento os nosos proxectos son os seguintes: Traducción ao galego de Aumentativa.net a base de datos máis grande e de maior calidade en comunicación aumentativa (www.aumentativa.net). Traducción ao galego de Calwav, unha calculadora parlante, moi axeitada polo tanto para persoas cegas, aínda que con aplicación en moitos máis ámbitos e desenvolta por Joaquim Fonoll de sobra coñecido por todos (www.xtec.es/~jfonoll/). Queremos tamén destacar o esforzo que a nosa compañeira Belén ven aportando na traducción de Facil, tamén desenvolto por Joaquim Fonoll (www.xtec.es/~jfonoll/). E non serán os últimos. Hai outros proxectos enriba da mesa para ser estudiados.

I Xornadas TADEGa 2007

[D] As I Xornadas TADEGa 2007 tiveron lugar o sábado 28 de abril de 2007 en Santiago de Compostela baixo o título Novos recursos tecnolóxicos para a atención á diversidade e a procura da accesibilidade. Programa O programa de contidos e actividades desenvoltos o tedes no seguinte enlace ao programa en formato PDF. Información detallada Ao longo destes días iremos colocando no enlace seguinte os distintos documentos, textos, presentacións, fotografías etc. nos que se explican polo miudo todo o acontecer destas xornadas que, ao noso xuízo foron altamente positivas. Enlace con información detallada.

Moscas a Canonazos

[D] Debo comezar dicindo que non falo en representación de TADEGa senón que expreso a miña opinión persoal. Ao ler as noticias sobre a educación e as novas tecnoloxías destes días, especialmente a raíz da recente publicación por parte do Consello Escolar de Galicia do “Informe sobre o estado e a situación do sistema educativo en Galicia. CURSOS 2002-2003, 2003-2004 e 2004-2005” levo as mans á cabeza alporizado polos datos que se van desgraendo: “CódigoCero.com (17/4/2007). A Asociación de Enxeñeiros en Informática de Galicia alerta ante a deficiente formación en novas tecnoloxías no ensino secundario da nosa comunidade. O pasado 10 de abril fíxose pública a alerta do Consello Escolar de Galicia ante o “alto atraso” dos alumnos galegos nas novas tecnoloxías. Iste informe revela as grandes deficiencias que se detectan na formación en informática e novas tecnoloxías no ensino secundario na nosa comunidade. Dende a AEIG levamos xa tempo detectando e poñendo de manifesto este feito, que non só provoca unha falta de competitividade no terreo laboral para os profesionais galegos do futuro, senón que supón unha lacra para o desenvolvemento tecnolóxico da nosa comunidade.” “Faro de Vigo (10/4/2007). PIDEN MÁS FONDOS Y FORMACIÓN ESPECÍFICA PARA LOS DOCENTES EN MATERIA DE SOCIEDAD DE LA INFORMACIÓN. El Consello Escolar alerta del “alto atraso” de los alumnos gallegos en las nuevas tecnologías. Galicia “lleva un alto grado de atraso” en la introducción masiva de las nuevas tecnologías en la escuela, y es “urgente la generalización” de la informática y las telecomunicaciones en todos los colegios para “reducir distancias con los vecinos europeos y los demás países avanzados”. Ésta es una de las recomendaciones hechas en el último Informe sobre el Estado y la Situación del Sistema Educativo en Galicia.” Máis datos: O citado informe é un documento de 710 páxinas no que se fai, en apariencia, unha fonda análise do sistema educativo. Adícase un capítulo enteiro (capítulo 6) á atención á diversidade no sistema educativo (132 páxinas) e un subcapítulo (sub. 4 do capítulo 9 en 10 páxinas) ao uso das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) pero nestas sesudas análises: Non se menciona en ningún punto o uso das TIC na Atención á Diversidade. (Agás unhas levísimas citas en aspectos moi xenéricos de intención na atención hospitalaria, a formación de adultos ou a investigación na educación especial). O único punto onde se cita textualmente a “accesibilidade” é na páxina 408 onde dí: “proxecto C (IES de Fene-Fene): Tecnoloxías encamiñadas á accesibilidade no sector de automoción.” Nada que ver, polo tanto, coa accesibilidade das tecnoloxías para as persoas con discapacidade no ensino.

Ler máis

Banda deseñada online

Co gallo das xornadas de hoxe (Docentia 12/05/07) e despois de recibir algúns mails pedindo máis información sobre o tema das ferramentas vía web, achégovos unha das máis demandadas, un “cómic online” da man da plataforma toondoo (www.toondoo.com). [D]

TADEGa en DOCENTIA 2007

Vía email por Juan: “Ola rapaces. Como tiña aviso de que ao mellor os medios non respondían axeitadamente e de que polo tanto puidera non ter dispoñible o acceso a Internet, fíxenme unha presentación en PowerPoint co material que precisaba tanto para a presentación con Felo (Venres) como para a presentación de Abraham (Xoves). O que significa que é unha presentación na que irei rapidiño cando toque uns temas e pausado cando toque outros conforme se presente a ocasión. Espero que quede á vosa satisfacción. Unha aperta Juan.” Aquí está a presentación ;)[D]

Tadega nos medios de comunicación

[D] Estabamos de noraboa e o seguimos estando. A raíz do premio EGANET 2007 do que xa dimos conta en artigos anteriores, distintos medios de comunicación fixéronse eco deste evento, e máis por deixar constancia no noso arquivo histórico que gardamos nesta bitácora que por autobombo (a pesares do que puidera parecer 🙂 ) queremos deixar aquí postos os enlaces máis significativos a estes recoñecementos (en orde cronolóxico): O relato segundo o propio xurado (29/3/2007): (enlace) A noticia en ‘El Correo Gallego‘ (29/3/2007): (enlace) En ‘La Voz de Galicia‘ (30/3/2007): (enlace) No ‘ABC – Galicia‘ (31/3/2007): (enlace) Entrevista na ‘Radio Galega‘ (4/4/2007): (enlace) Descargar: