Blackle: aforrando con fondo negro

Imaxe onde se pode ler 'Blackle' escrito en cor gris sobre fondo negro.[D-356]

“Blackle”: o Google sobre fondo negro

A polémica acerca do emprego do fondo negro nas páxinas Web co fin de contribuír ao aforro enerxético nace cando Mark Ontkust, en xaneiro do 2007, suxire nun artigo da bitácora de ‘ecoIron’ que o cambio da cor do fondo da pantalla de ‘Google’ a negro diminuiría o consumo enerxético nuns 3000 megavatios-hora anuais. Estes datos de seguida foron re-axustados a 750 megavatios-hora anuais, para o cal se estableceron algúns parámetros, como foron a concreción do número de visitas por día (estimadas en 200 millóns) e a duración de cada visita (estimada en 10 segundos).

A discusión técnica

O artigo tivo unha rápida resposta por parte de Tony Heap, propietario do Heap Media, que comezou a traballar na creación de Blackle. E, de xeito case simultáneo, xurdiron algunhas dúbidas fundamentais: En primeiro lugar, ¿é real o aforro?

Estudios comparativos coma o de Roberson e colaboradores, no 2002, publicado baixo o título Energy Use and Power Levels in New Monitors and Personal Computers, demostraron que, certamente, o consumo de enerxía nos nosos monitores varía en función das cores de mostrase, de xeito que uns consumen máis que outros.

Sen embargo, isto só acontece cos monitores de raios catódicos, tamén coñecidos como monitores CRT, que son os que primeiro se puxeron á venda xunto cos ordenadores de mesa. Nestes casos, o estudo amosou que cada monitor podería aforrar entre 4 ata 30 vatios de enerxía (é dicir, entre un 18 ata un 88%). As cifras son similares ás estimadas polo US Departament of Energy, que constatou a presenza dunha variación de entre 7 a 23 vatios de aforro. As diferenzas entre o mínimo e o máximo débense aos fabricantes e á tecnoloxía empregada para a fabricación dos monitores.

Pero, ¿que ocorre exactamente para que os monitores CRT obteñan diferenzas no consumo de enerxía segundo a cor predominante na pantalla? Os tubos catódicos empregan cátodos cargados negativamente e un dispositivo que despide electróns. Cando cátodos e electróns entran en contacto fan que a pantalla, que está composta de puntos, desprenda luz. Os puntos forman grupos de 3, cada un dunha cor, e cada grupo é un píxel. En función da cor que se queixa proxectar, será preciso que se prendan máis ou menos puntos. Así, a cor branca, esixe a carga dos tres puntos de cada píxel, namentres que outras cores se conseguen con menor carga, sendo o negro o que consegue un maior aforro.

No caso das pantallas de cristal líquido ou LCD, as de plasma e os monitores chamados de película fina ou TFT, o aforro enerxético é insignificante, debido aos materiais con que se dota ao monitor de proxección de luz. Ademais, as empresas traballan para mellorar as condicións de consumo enerxético nos seus produtos.

Á vista dos resultados, puidera parecer que o aforro enerxético a través do emprego de cores escuras como fondo das páxinas Web é algo que deixará de ter importancia co paso duns poucos anos, posto que existe na nosa comunidade unha porcentaxe elevada de casos nos que xa se empregan monitores TFT. Sen embargo, temos que ter moi presente que existen variacións rexionais moi importantes e que en determinadas zonas do planeta aínda hai un alto porcentaxe de poboación usuaria de monitores CRT.

E a accesibilidade?

As pautas de accesibilidade web, a priori, non entran nesta guerra, posto que únicamente esixen que as cores de texto e fondo teñan unha diferencia en brilo e contraste suficientes para que a discriminación entre letra e fondo sexa clara. Con todo, existen situacións nas que determinadas deficiencias visuais requiren o emprego das letras en branco sobre o fondo negro para mellorar as condicións de lectura e situacións nas que acontece o contrario, malia que a aparición dos monitores TFT fixeran que este aspecto perdera premura.

Por todo isto, máis que procurar buscadores alternativos, sería desexable que Webs como ‘Google’ tiveran entre as súas opcións a de poder amosar aos seus usuarios unha interface a elixir.

Outros aspectos da discusión

Por outra banda, xunto coa polémica da tonalidade negra como fondo das páxinas Web, xorden outras cuestións relacionadas coa funcionalidade e a aparencia de ‘Blackle’.

Con respecto á primeira cuestión, malia que ‘Blackle’ emprega o buscador de ‘Google’, os resultados das buscas non sempre teñen a mesma efectividade, debido a ausencia de certas ferramentas con respecto á primeira, como son as que se atopan nas opcións de busca e a certas carencias nas correlacións semánticas entre o contido a buscar e o contido das páxinas atopadas.

Con respecto á segunda cuestión, o uso da cor negra como fondo fai que a discriminación visual do texto sexa un problema para algunhas persoas. En resposta xurdiron varias propostas para o aforro enerxético a través de paletas de cores de baixo consumo, como a que ofrece Emergy-C. Co mesmo fin tamén apareceron páxinas de busca alternativas, que non son senón parentes máis ou menos lonxanos de Blackle, de cores alternativas para as páxinas atopadas, en verde, azul ou vermello, entre outros. ‘Darkoogle’, ‘Earthle’ e ‘GreenerGle’ son algúns exemplos, ademais de ‘Greygle’, que opta polo gris como cor de fondo.

As respostas ás dúbidas xa expostas foron as que permitiron escribir algunhas liñas embaixo dos pros e contras deste tipo de páxinas Web.

De unha parte, atopámonos co aforro enerxético ao que podemos contribuír cun pequeno cambio na nosa carpeta de favoritos. Este, certamente, é un compromiso que todos deberiamos asumir dun xeito ou doutro. Ademais, á vista dos estudos e da amplitude de alternativas que se ofertan, parece que non temos escusa para facelo. Sen embargo, parece que o aspecto estético é o único motivo que anima aos propietarios dos distintos buscadores a variar a presentación da páxina e, con ela, o nome.

O compromiso non está verdadeiramente ao alcance de todos e non o estará mentres que aquelas páxinas que medran defendendo unha ideoloxía ecoloxista sigan esquecéndose das posibilidades de acceso da páxina e das restricións que comportan todas elas para unha parte importante da poboación. Así pois, o compromiso será total unicamente cando poida ser asumido por todas as persoas que así o desexen, independentemente das súas limitacións.

Relación de enlaces Web de onde se pode extraer máis información:

Comparte este artigo

6 Comentarios

  1. primeiro artigo na bitácora? Parabens Ana.
    Pasamolo polo t.a.w? je je je
    bicos

  2. Ola Ana

    Unha cousiña nada máis que habería que arranxar no artigo Ana: o taw se o pasas verás que di que falta o longdescription a pesar de que o tes declarado xusto pegadiño á imaxe, iso é porque non está declarado dentro da propia imaxe (se repasas os apuntes verás que a declaración ten que estar en 2 sitios: na propia imaxe e mesmo a continuación co enlace; fáltache o 1º).

    Polo resto os meus parabéns. Un artigo completo, detallado, documentado, magnificamente estruturado… felicitacións de verdade.

    Juan.

  3. Mmm… Isto xa está moito mellor. Noraboa.

  4. Sen Felo, Juan, estaba perdidiña…

  5. … E sen a túa axuda, pois tampouco. ¡Que lle vou facer! ¡Preciso gardaespaldas! Polo menos mentras non saiba camiñar eus oíña, polo menos no que a accesibilidade se refire 😉 Gracias aos dous.

Deixa una resposta a Belén Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.