FOTO IPAD

Imaxe de dous ipads un diante do outro onde podemos apreciar o de cor negra en primeiro plano e o branco tras iste.

Todos coñecemos aplicacións específicas que se empregan como soporte para a comunicación. A maioría son en inglés e a uns prezos que impiden que cheguen a todos os usuarios.

Pero nos últimos anos foron aparecendo novos dispositivos táctiles (iPhone, iPod Touch, iPad ou outros baseados en Android) que nos proporcionan novas oportunidades. Esta tecnoloxía existe e pode estar á nosa disposición. En moitos fogares con nenas e nenos de curta idade estanse empezando a introducir, o que pode ser aproveitado coma unha axuda técnica invisible e socializadora. E debemos valorar tamén o feito de que a formación no manexo destas ferramentas soe estar presente no entorno familiar do neno, polo que é facilmente exportable e xeralizable.

Da man destes dispositivos, apareceron decenas de aplicacións, tamén basicamente en inglés, pero a uns prezos que poden oscilar entre 0 e menos de 50 €. Moitas delas tamén son gratuítas ou teñen unha versión gratuíta.

Do mesmo xeito hai xa milleiros de aplicacións educativas e de lecer non específicas para persoas con necesidades na súa aprendizaxe pero que igualmente poden sernos moi útiles.
Xa que globalmente a oferta é tan grande, presentámosvos unha pequena lista orientativa, referida exclusivamente ao emprego de galego e/ou castelán. Nela atoparedes o logo da aplicación, nome da aplicación
(facendo clic accedese á páxina web de iTunes correspondente) e prezos en euros.

Aportase a páxina web onde hai máis información sobre a aplicación proporcionada polo fabricante ou distribuidor. Tamén hai unha descrición breve da aplicación: non é un informe da mesma, senón unha frase que nos axude a definir a súa funcionalidade. Obviamente aquí entra en xogo a nosa propia creatividade e a nosa capacidade para proporcionar novos significados.

Ligazóns