Na asociación aledámonos de presentarvos unhas novas xornadas para este 2010. Máis en concreto o venres 26 e sábado 27 de febreiro de 2010 no Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra. O seu título Competencia dixital na atención á diversidade

Os datos

Cartaz anunciador das IV Xornadas TADEGa 2010.

Pé de media (e descrición alternativa): cartaz anunciador das IV Xornadas TADEGa 2010. Nel pódese ler tamén o lema das xornadas: -Competencia dixital na atención á diversidade- así como os temas que se tratarán e que poden ser lidos no documento PDF que se xunta a este artigo.

Avisos

Relación (actualizada 24/2/2010) de persoas admitidas (En formato PDF).

Aclaracións ás vosas preguntas

  • Prezos de matrícula: (Ata o 15 de febreiro inclusive). Persoas socias de TADEGa e/ou DIVERTIC: 25 €. Persoas non socias: 45 €.
  • Número de prazas: As prazas son limitadas e adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes rematando o prazo de inscrición o 15 de febreiro de 2010. Posteriormente, e só no caso de quedar prazas libres, admitiríanse solicitudes novas cun incremento de 20 € sobre o prezo de matrícula.
  • Certificacións:
    • Solicitada a certificación pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, válida para funcionarios, interinos e titulacións universitarias estén ou non en activo por un total de 10 horas.
    • O número de horas máximo sen asistencia con dereito a certificado é do 10%.
    • Coa lexislación vixente, a certificación obtida é válida para o baremo das oposicións, o que non resta que na vindeira convocatoria de oposicións se moficase algún aspecto da norma que puidera facer inviable o anterior, polo que a garantía absoluta de validez non é posible.
  • Neste momento, e conforme se van producindo as inscricións estamos notificando por correo electrónico a conformidade correspondente de xeito individual e unha vez cumprimentados todos os pasos necesarios. No momento en que detectamos algunha anomalía tamén a advertimos por correo electrónico.

Enlaces e datos de referencia

E como o mellor que podemos facer é ir directos á substancia, aquí vos deixamos xa cos enlaces para acceder ao tríptico do programa, e para o proceso de inscrición:

  • Enlace ao tríptico das xornadas: programa (En formato PDF) Actualizado o martes 23 de febreiro.
  • Enlace ao formulario para inscribirse: inscrición.
  • Relación de hoteis en Pontevedra (actualizado 16/2/2010) (En formato PDF).
  • Formularios adicionais (para o profesorado de ensino non universitario) nos que se poden pedir axudas económicas e permisos de asistencia (En formato PDF).
  • Enlace de Google coa ubicación do Pazo da Cultura de Pontevedra.