Presentación do navegador Zac

[D-504] O próximo día 14 de agosto, no MUPEGA (1), en Santiago de Compostela, ás 10:30 da mañá, haberá una presentación informal do NAVEGADOR ZAC (2) a entrada é libre e gratuíta, está organizada pola xente de TADEGa e será Iago Seara quen en representación do equipo de traballo español para o ZAC, faranos unha presentación do mesmo, dun modo informal. Se alguén está interesado en ir, non ten máis que presentarse alí. (Museo Pedagóxico de Galicia, Rúa San Lázaro 107, Santiago de Compostela; aínda que se nos avisas mellor, para ter conta de que chegue o sitio). A modo persoal teño que dicirvos que xa tan só pola bondade do proxecto vale a pena. Trátase dun navegador creado para que nenos con autismo poidan utilizar internet sen que iso supóñalles unha frustración. Trátase de facilitarlles o acceso a unha serie de enlaces que lles resultan amenos e divertidos, de modo sinxelo. Podedes informarvos máis amplamente na páxina do navegador Zac (2). Como seguramente saberedes, Iago Seara, como cabeza visible deste proxecto en España e Galicia, está traballando tamén na tradución ao Galego desta ferramenta, onde ademais TADEGa está colaborando recompilando enlaces moi divertidos, á vez que didácticos. Ligazóns de interese: (1) Enlace á páxina do MUPEGA coa súa localización (2) Enlace á páxina do navegador ZAC en castelán

Dislexia, novos retos na intervención

[D-501] Se en Abril dabamos conta do Congreso Nacional de Dislexia (1) a celebrares en Palma de Mallorca entre o 7 e o 9 novembro, eiquí na nosa terriña, ten moi moi boa pinta o Curso de Verán da USC “Dislexia: Novos retos na súa intervención interdisciplinar”. Desenvolverase en Vilagarcía do 15 ao 19 de setembro coas ultimas innovacións en materia de intervención sobre a dislexia. Darémosvos conta do acontecido no curso e un resumo para os compañeiros que van ao TECNONEET. Setembro formativo!! Enlaces de interese Ligazón ao artigo do Congreso Nacional de Dislexia: TADEGa Ligazón á web do Curso de Verán sobre Dislexia: Curso de Verán en Vilagarcía-Programa Ligazón á información do Curso na USC: Información do Curso de Verán na USC

II Marcha pola diversidade funcional

[D-493] Invitación aberta Este ano faremos a Segunda Marcha pola Visibilidade da Diversidade Funcional. Podo dicir que a do ano pasado foi das experiencias máis intensas que vivín eu e das mellores para os meus fillos. Vos imaxinades centos de cascados dirixíndose cara Madrid? Viva a accesibilidade no transporte público! 😉 Sabedes o que é, perfectamente coordinados grazas ós móbiles, e con cobertura periodística, parar o tren de Santander, o de Vigo, o de Valencia, Málaga… para baixar a facer as necesidades a unha estación posto que o tren non é accesible, mentres o resto de viaxeiros esperaba e miraba polas fiestras sorprendidos-cabreados? Elaboramos documentos, para min moi valiosos, (mándovos un exemplo). Se alguén está interesado mando mesmo imaxes ou os textos das teatralizacións. Os meus fillos elaboraron un fermoso cartaz (que quedou alí exposto). A foto é, como vedes, na Torre de Hércules de Coruña. Os meus fillos son 1º pola esquerda, 3ª pola esquerda e 1º pola dereita (Diante). O resto son sobriños. Era o noso póster pero había algúns extraordinarios, con mensaxes que che facían subir o sentimento de dignidade a niveis infinitos… E se alguén se anima a medrar con nós, prometo que non se arrepentirá. Ligazóns de interese (múltiples idiomas) Enlace á páxina do Foro de Vida Indendiente: www.ForoVidaIndependiente.org Enlace á sección galega ‘Vida Independiente Galicia: www.asoc-ies.org/vigalicia Enlace á imaxe do cartaz que preparamos no seu día para I Marcha: Cartaz de Juan David Manifesto do Foro de Vida Independiente (Formato PDF): Documento: Manifesto Foro Vida Independiente

Rachar fendas

Uns premios atractivos [D-499] Se hai unhos días dabamos conta do relatorio de Toshiba na Educación Especial (1), agora Toshiba e B&J Adaptaciones queren premiar e fomentar a mellora da calidade de vida das personas con discapacidade, mediante o uso da tecnoloxía. Ambas empresas, que colaboran en diversas iniciativas con este fin, convocan os Premios Romper Barreras co desexo de potenciar a realización e a comunicación de proxectos creativos e valentes que, empregando a tecnoloxía, permitan mellorar a calidade de vida das personas con discapacidade. Istes premios nacen coa idea de recoñecer o labor de persoas, organizacións e institucións, que fomentan o uso das tecnoloxías para mellorar a calidade de vida de diferentes colectivos de persoas con discapacidade. Dende estas liñas, TADEGA vos anima a todos a informarvos sobre como participar. Ligazóns de interese (diversos idiomas): (1) Enlace a un artigo anterior da nosa bitácora no que se facía referencia a estes premios: …/congreso-internet-en-el-aula-toshiba-y-educacion-especial Enlace á web dos Premios Romper Barreras 2008: www.PremiosRomperBarreras.es Enlace ao fabricante Toshiba: es.computers.toshiba-europe.com Enlace á páxina de internet de B&J Adaptaciones: www.bj-adaptaciones.com

I Congreso TADEGa: Mesa I

Segunda entrega dos videos do Congreso, hoxe a Mesa I: (17:15 horas) Mesa I. Referentes TIC na Atención á Diversidade Coordina: Mª Belén Junquera Méndez. Relatores: Manuel Gómez Villa: DIVERTIC e AUMENTATIVA.net, proxectos, logros e perspectivas de futuro. Fco. Javier Soto Pérez: Foro TecnoNEEt, proxectos, logros e perspectivas de futuro. Juan J. Fernández García: TADEGa, proxectos, logros e perspectivas de futuro. [D-489] Ligazóns de interese: Congreso Tadega Resaca do Congreso Conclusións do Congreso

Boletin APOEGAL 9

Xa fai uns días, pero é moi interesante coma para que lle fagamos un sitiño na nosa bitácora. Trátase da novena entrega do boletin que APOEGAL está a entregar periódicamente para todala comunidade educativa. Grazas compañeiros e bo traballo.

Accesibilidade en XP

O compañeiro Rubén Velasco, ten un vídeo moi moi sinxelo dalgunhas funcionalidades que lle podemos sacar ao Windows XP. Algo tan sinxelo como o teclado virtual emerxente pode ser de gran utilidade. [D-490]

AL na educacion infantil

[D-482] Pilar Sánchez dende Pontevedra está a recompilar recursos que emprega en Audición e Linguaxe, ahí van unhos arquivos adxuntos con programas de estimulación que atopou na rede! Komunica, PELO, Terapia Miofuncional R. Monge, Cuentos para hablar de Arriaza, CEPE, Cuentos para hablar y aprender-CEPE, Cuentos para estimular el lenguaje oral-ALJIBE e outros. Para rematar…deixovos unha paxinas web con recursos-varios. Seguro que moitos as coñecedes… Xa contaredes… Ligazóns de interese (En castelán): Terapia Miofuncional Efectos de sons Juego fonemas Imaxes logopedia Comunicacion Aumentativa Aragón Colorin Colorado Actividades Infantil Estimulacion Lenguaje País Vasco Estimulacion lenguaje CRA Ribagorza Estimulacion lingüística infantil A ver se facemos algo en galego, eh?.

I Congreso TADEGa: Acordo Aumentativa

Agora que temos algo mais de tempo, irémosvos ofrecendo algúns vídeos dos relatorios do pasado Congreso TADEGa de Maio. No de hoxe, a sinatura do acordo con Aumentativa.net para os socios de TADEGa e que contribuirá ao desenvolvemento e adaptación da versión galega de Aumentativa.net. [D-489] Ligazóns de interese: Congreso Tadega Resaca do Congreso Conclusións do Congreso