Manual de Xordocegueira

A Deputación de Zaragoza, ven de publicar unha guía sobre xordocegueira co que pretende orientar aos profesionais dos Servizos Sociais, Educativos e Sanitarios no mundo da Xordocegueira. Na actualidade existe unha case que total carencia de servizos e estruturas de soporte pensadas para este colectivo. As persoas con discapacidade sensorial dobre (Xordocegueira) plantexan, ademais dos dereitos comúns ao conxunto da poboación, un conxunto de demandas específicas que hai que planificar de xeito integral como un feito diferenciado nas políticas sociais, co obxectivo de conquerir a súa participacion normalizada na sociedade. Enlaces Enlace ao manual en formato pdf: Manual PDF sobre xordocegueira Enlace ao manual en formato texto: Manual en formato texto sobre xordocegueira

En defensa dos dereitos fundamentais na Internet

En defensa dos dereitos fundamentais na Internet Ante a inclusión no Anteproxecto de Lei de Economía sostible de modificacións lexislativas que afectan o libre exercicio das liberdades de expresión, información e o dereito de acceso á cultura a través de Internet, os xornalistas, bloggers, usuarios, profesionais e creadores de internet manifestamos o noso firme oposición ao proxecto, e declaramos que… Os dereitos de autor non poden situarse por riba dos dereitos fundamentais dos cidadáns, como o dereito á privacidade, á seguridade, á presunción de inocencia, á tutela xudicial efectiva e á liberdade de expresión. A suspensión de dereitos fundamentais é e debe seguir sendo competencia exclusiva do poder xudicial. Nin un peche sen sentenza. Este anteproxecto, en contra do que se establece no artigo 20.5 da Constitución, pon en mans dun órgano non xudicial-un organismo dependente do ministerio de Cultura-, a potestade de impedir aos cidadáns españois o acceso a calquera páxina web. A nova lexislación creará inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico español, prexudicando un dos poucos campos de desenvolvemento e futuro da nosa economía, entorpeciendo a creación de empresas, introducindo trabas á libre competencia e retardando a súa proxección internacional. A nova lexislación proposta ameaza aos novos creadores e entorpece a creación cultural. Con Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos democratizouse extraordinariamente a creación e emisión de contidos de todo tipo, que xa non proveñen prevalentemente das industrias culturais tradicionais, senón de multitude de fontes diferentes. Os autores, como todos os traballadores, teñen dereito a vivir do seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades asociadas ás súas creacións. Intentar soster con cambios lexislativos a unha industria obsoleta que non sabe adaptarse a este novo contorno non é nin xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio baseábase no control das copias da obras e na internet non é posible sen vulnerar dereitos fundamentais, deberían buscar outro modelo. Consideramos que as industrias culturais necesitan para sobrevivir alternativas modernas, eficaces, cribles e accesibles e que lle adecuen aos novos usos sociais, en lugar de limitacións tan desproporcionadas como ineficaces para a fin que din perseguir. Internet debe funcionar de forma libre e sen interferencias políticas auspiciadas por sectores que pretenden perpetuar obsoletos modelos de negocio e imposibilitar que o saber humano siga sendo libre. Esiximos que o Goberno garanta por lei a neutralidade da Rede en España, ante calquera presión que poida producirse, como marco para o desenvolvemento dunha economía sostible e realista de cara ao futuro. Propomos unha verdadeira reforma do dereito de propiedade intelectual orientada á súa fin: devolver á sociedade o coñecemento, promover

Ler máis

O curto de Iago (actualizado)

A nova Un neno de 10 anos, usuario de sistemas aumentativos de comunicación, gaña o concurso de curtos sobre os dereitos dos nenos na modalidade de curto máis votado. E a cousa non queda ahí Ser xustamente o primeiro nunha carreira ou non selo non é o máis importante do mundo, é certo, pero o que si está acontecendo é que, a través deste concurso e do eco que vai tomando nos medios de comunicación o premio acadado, ao fin, Iago e as persoas como el (con diversidade funcional, neste caso con autismo) van deixando de ser invisibles e vense incorporadas ás vidas de todos e todas nós. E desta pelexa, a súa nai Inés xunto coas mosqueteiras (como elas se chaman), son soldados ben experimentadas. Dende a nosa asociación vaia o noso recoñecemento, alegraría, e felicitación. O vídeo Aquí queda o enlace á páxina web do concurso no que se inclúe o vídeo: www.yotambientengoderechos.com/…

A revolta dos mouses

A revolta O mundo dos trebellos de papelería é feliz e cheo de cor: os lapiseiros, ceras, pinceis etc. debuxan despreocupados paisaxes de ríos, prados e flores cando de súpeto o chan ponse a tremer e no horizonte enxérgase unha xigantesca e pavorosa mancha gris que converte en liñas e números todo o que atopa ó seu paso: son os ratos de ordenador, e ameazan con destruír o mundo figurativo. Director: David Alejandro Gen Duración: 13 minutos e 58 segundos Ano: 2007 Enlaces Enlace á web oficial: RevoltOfThemouse.com Ficha da axencia galega: AxenciaAudiovisualGalega.org O video O seu navegador non é compatible con javascript ou está desabilitado. Para acceder ao contido que aquí se amosa, diríxase a páxina web que se proporcionu anteriormente onde se ubica o video. Grazas.

Sábado, 7 de novembro

Seminario e asemblea Non perdas esta cita. Sesión dobre para os amigos e amigas desta asociación: Por unha banda e en sesión de mañá, micro-xornada/seminario sobre símbolos, tecnoloxía de apoio e recursos para a comunicación, o acceso ao currículum e á lectoescritura a cargo de: Borja Romero Salord, Director de BJ Adaptaciones e especialista en tecnoloxía de apoio, Barcelona. Por outra banda e en sesión de tarde, asemblea xeral extraordinaria de socios e socias de TADEGa. Polo medio, un xantar sinxelo de confraternidade para quen queira participar (sempre que nos comunique previamente por correo electrónico a súa asistencia) e ao estilo Ribadeo (cada un paga o seu). Polo miúdo Sen máis preámbulos: Data: Sábado 7 de novembro dende as 10 da mañá ata as 7 e media da tarde. Lugar: Santiago de Compostela, Salón de actos do MUPEGA (Museo Pedagóxico Galego). Matrícula: Non se precisa preinscrición previa. Prezos: Socias/os 5 euros por asistente. Non socios/as 10 euros. Horario 10,00 – Chegada e inscrición nas xornadas. 10,20 – Símbolos, tecnoloxía de apoio e recursos para a comunicación, o acceso ao currículum e á lectoescritura. Relator: Borja Romero Salord, Director de BJ Adaptaciones e especialista en tecnoloxía de apoio, Barcelona. 12,00 – Descanso-café. 12,30 – Debate aberto con Borja Romero Salord (BJ Adaptaciones) Feliciano José Couto Escanciano, Ana Belén Domínguez Besada (Asociación TADEGa). 13,00 – Comunicación de novidades TADEGa, presentación do proxecto: Xandre, o elefante sen sombra (en fase probas). 14,00 – Xantar de confraternidade. 16,30 – Asemblea Xeral extraordinaria de socios e socias de TADEGa (remitirase en breve convocatoria oficial, orde do día, e copia dos estatutos). Estará aberta a outros participantes non socios aínda que sen calidade de voto. 19,30 – Peche da asemblea e reacondicionamento do salón de actos. Graciñas por ser e por estar.

A Administración con pasos atrás

O caso: Chámase Rocío Sánchez, unha rapaza cega chea de vida e profesionalidade. Aprobou unhas oposicións, e a Administración, recuando nas súas decisións, agora empéñase en que se xubile como sexa. Dende aquí unha patadiña a quen se empeña en exercer o mal arte da burremia e un abrazo solidario a unha magnífica rapaza que ben merece algo máis que os cardos que se lle achegan. Vivir con diversidade funcional Vivir con diversidade funcional non é doado, pero as cousas complícanse moito máis cando hai persoas empeñadas en pór trabas adicionais. Cando unha moza cega estuda na universidade, aproba unha oposición é pasa a ser mestra de secundaria e comeza a traballar como profesora, está claro que xa ten pelexado moito nesta vida e que merece como mínimo que a respecten. O que baixo ningunha das circunstancias se pode permitir é que, porque unha Administración insensible e incompetente non lle queira proporcionar os apoios necesarios para realizar o seu traballo, lle diga que ao ser cega é un problema para traballar e que con 29 anos ten que xubilarse. ¿Daquela por que aprobou as oposicións que a propia Administración convocou e avaliou? Non hai dereito, isto é unha auténtica barbaridade! Pero en que mundo vivimos? E logo fálase dende a Administración de igualdade de oportunidades, da non discriminación , da inclusión, da integración… Se queredes podedes seguir o caso desta moza gaditana a través do seu caderno de bitácora no que nos conta como chega a esta inxusta situación. Deséxolle a Rocío que teña as suficientes forzas para loitar polos seus dereitos e ser quen de darlles unha lección de xustiza á xente que lle fai tan dura a súa existencia. A carta: Carta de Rocío Sánchez. Estimados lectores: Mi nombre es Rocío, tengo 29 años y soy ciega. Soy licenciada en Filología Hispánica y Traducción e Interpretación por alemán. En 2004 aprobé las Oposiciones al cuerpo de profesores de Enseñanza Secundaria, por la especialidad de Música. Estuve trabajando cuatro años por diferentes pueblos de Granada, donde me fue bastante bien por contar con una serie de servicios que esta capital ofrece: voluntariado de la ONCE para lectura y corrección de exámenes, proporción del material tiflotécnico necesario, técnicos de rehabilitación visual, etc. Aparte, el hecho de vivir en esta ciudad me suponía mucha independencia. El curso 2007-2008 pude disfrutar asimismo de un profesor de apoyo asignado por la Consejería de Educación, que me acompañaba en el aula dos días en semana. Los tres restantes los pasaba con otro compañero ciego que estaba destinado en un pueblo cercano. Sin embargo, todo cambió el

Ler máis

A Asistencia Persoal: Iago Pérez Santalla

O inicio da historia Nesta asociación todos coñecemos a Luluxa como unha nai incansable, loitadora metálica, sen fisuras, e dando exemplo de levar as verdades ata onde sexa necesario, de responsabilidade, e de chamarlle as cousas polo seu nome. Hoxe esta bitácora síntese honrada en traervos unhas palabras dun rapaz a petición dela que, creo, ninguén debería perderse. Pero mellor aínda que ela mesmo nolo presente: Presentación de Luluxa Antes do verán, falouse da importancia do Asistente Persoal como dignificación das condicións de vida (da igualdade de oportunidades) das persoa dependentes. Pensei que sería bo que o explicase alguén en 1ª persoa, e pedinlle un artigo. Iago (Santalla) andivo liado e fíxoo moi rápido (…) Proximamente ten a presentación do último libro en Humanidades. (…) O seu libro, O ilímite de pensarte libre debería ser de obrigada lectura en Secundaria. Ademais ten o plus de ser autobiográfico: veredes o que é nacer con parálise cerebral no mundo rural (tan rural que non ten Internet) e nunha familia de labregos ¡e non renegar delo! Se alguén quere lelo e non o atopa, fágollo chegar (non sei cando porque en Lugo está esgotado). O artigo de Iago En Outubro do 2007 tiven o privilexio de ser un dos 30 seleccionados para o proxecto piloto de asistencia persoal da Xunta de Galicia, daquela non sabíamos case nada de todo o que significaría para nós este concepto. Naquel momento empezaba para os seleccionados una nova vida que nun principio estaba limitada a 2 meses. Para min, que daquela estaba rematando un posgrao, supuxo adiantar moitos traballos, sacalos con maior calidade e menor esforzo físico, o que sen dúbida contribuíu a incrementar o meu rendemento intelectual. Pero máis importante que o académico foi empezar a ter una vida propia, poder ir a un sitio ou a outro sen depender da familia ou dos amigos, e en definitiva, facer una vida independente. Todo iso que supón o acceso á vida adulta, vivino coa chegada da asistencia persoal, e non sen retraso, pois teño 26 anos. Non vou dicir que antes non tiña con quen saír, nin quen me levara de vacacións, nin sequera que tiña limitado o acceso ao ocio, porque sempre contei con familiares e amigos que me apoiaron neste aspecto. Pero o certo é que cada un ten que facer a súa vida máis alá dos vínculos familiares e da amizade. Neste sentido o Asistente Persoal (en diante AP) é un traballador que procura a autonomía persoal de quen a ten limitada por cuestións físicas ou intelectuais. A idea é clara, que a persoa con diversidade

Ler máis

A diversidade funcional: a rúa!

Unha banda sonora para unha película que pon moitas cousas no seu sitio. As entrevistas feitas a este pedazo de actor deixa aos entrevistadores abraiados e cito textualmente: Observando la personalidad y escuchando las palabras de Pablo Pineda, un hombre con síndrome de Down y cerebro transparentemente superdotado, en la tan arriesgada como conseguida Yo, también, imaginas que no hay nada postizo en él, que aunque haga y diga lo que le exigen los directores de la película, aunque su personaje pertenezca a la ficción y esté desarrollado en un guión, no ha tenido que hacer el menor esfuerzo para mostrar tanta inteligencia, un agudo y desarmante sentido del humor en replicas y contrarréplicas, lacerante vulnerabilidad, capacidad para reírse de sí mismo y de los demás, hambre de amor, una mirada compleja sobre las personas y las cosas. Álvaro Pastor y Antonio Naharro se han propuesto hablarnos sin afectación, moralina, paternalismo, empalago o exceso de buenas intenciones, de la capacidad vital, la desarrollada sensibilidad y el anhelo de ser aceptados socialmente por la supuesta normalidad que almacena gente cuyas limitaciones físicas y mentales pueden estar condenados a la marginalidad, la piedad de los demás, la sobreprotección, la soledad del que ha sido etiquetado o… Vaia logo por diante esta pequena perla… e ollo que estamos a preparar outras das que sentirse ben orgulloso. [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/31rx8GcifEc” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /]

Diversa

Se acaba de celebrar en Murcia el I Congreso Nacional de Buenas Prácticas en Educación, Diversidad y Empleo; uno de los ejes centrales del congreso ha sido la inclusion que tan en boca de todos está ultimamente. Gracias a la organización, disponemos de más de 20 videos tanto de las conferencias plenarias como de buenas prácticas en educación inclusiva, tanto en la escuela ordinaria como desde un centro de educación especial. Las aulas abiertas son una de las medidas pioneras en la Comunidad de Murcia que sigue avanzando en la inclusion, de 53 a 62 aulas abiertas en este curso con una participacion de centros publicos y concertados. http://diversa.educarm.es/mesa1_1.flv Experiencia en un Centro de Educación Especial http://diversa.educarm.es/mesa1_5.flv Aulas abiertas en primaria y secundaria Además en la clausura de DIVERSA, se presentó el Congreso Tecnoneet® 2010, que con el título “25 años de integración en España” tendrá lugar en Murcia los días 16, 17 y 18 de septiembre 2010. http://diversa.educarm.es/cd/ http://www.tecnoneet.org

Síndrome de Down: Lectura y escritura

O libro de María Victoria Troncoso e María Mercedes del Cerro, da Fundación Síndrome de Down de Cantabria supuxo no seu día un magnífico recurso de traballo dende 1998. A nova é que agora está tamén dispoñible on-line así como as fichas en formato PowerPoint y Pdf. Tedes todo o material e o proxecto no enlace de Internet: www.down21.org/educ_psc/material/librolectura