Proxecto Xandre

A miña experiencia con Xandre A mediados do segundo trimestre do meu ano de funcionaria en prácticas como mestra de Educación Infantil, chegaron ás miñas mans moitos recursos para aplicar na aula, pero se de algún deles paga a pena falar en profundidade é o conto de Xandre, o elefante sen sombra(1). Xandre abriume unha fiestra para traballar cos nenos actitudes positivas como a solidariedade, o compañeirismo, a empatía, o respecto ás diferenzas… nun contexto un tanto especial, dadas as circunstancias dun alumnado procedente de fogares desestructurados e  na súa maioría con escasos recursos económicos. Pero, ¿Como traballar con Xandre con nenos que nunca tiveron acceso ás novas tecnoloxías?, o tema da motivación xa estaba resolto, pois todo o relativo ás novas tecnoloxías chama a atención dos rapaces, mentres que o enfoque polo cal abordar o traballo requiriu un pouco mais de tempo e resultou que dada ás curtas idades do alumnado (tres, catro e cinco anos) o mellor foi traballar co conto para instar aos nenos a axudar aos demais, a ser mellores compañeiros. Os nenos de 5 anos, tras ver en repetidas ocasións o conto e falar sobre el en asembleas, decidiron elaborarlle unha sombra a Xandre, con retallos de cores, cada un pintado por un neno. Amosáronse todos ilusionados por cumprir o soño de Xandre e concederlle unha sombra, e querían que toda a escola vise o que fixeran por el. Foi unha experiencia verdadeiramente fermosa. No caso dos nenos e nenas de 3 e 4 anos, Xandre foi un punto de partida e de motivación que propiciou un maior coñecemento do noso corpo, das súas posibilidades e un maior respecto polas diferenzas cos compañeiros. O contorno ideal para comenzar esta experiencia era a aula ordinaria, alí tras unha asemblea decidimos buscar as nosas sombras na parede, o que nos foi posible co simple acto de baixar un pouco as persianas. Unha vez realizada esta actividade e vendo o interese que despertou nos nenos decidín ampliala, e explorar cas nosas sombras empregando unha pantalla e un canon de proxeccións, do que gravamos vídeos que logo puidemos ver e analizar o traballo feito. Nestas sesión empregamos ademais do noso corpo diversos elementos de psicomotricidade, que afastamos e aproximamos á pantalla permitíndonos observar as variacións no tamaño das sombras. Foi algo máxico!, ademais, Xa eramos como Xandre, tiñamos todos unha sombra coa que xogar! Para deixar rexistro das nosas experiencias tamén empregamos o Encerado Dixital Interactivo, con el os nenos púñanse diante mentres outros perfilábanlles as sombras, que aproveitamos para que quedaran gravadas en actitudes positivas, sombras dándose apertas, a man

Ler máis

Atención Temprana APAE

En APAE, Centro de Atención Psicopedagógica y Apoyo Educativo y después de la alta demanda formativa en este sentido, han iniciado el calendario de charlas de Atención Temprana para profesionales y familias. Fechas: A Coruña, 25 de Mayo, 1 y 12 de Junio Enlaces: Triptico informativo http://atenciontempranaapae.blogspot.com/ http://apae.com.es/

Curso de Formación Diversidad Funcional

Curso de Formación Diversidad Funcional y Participación Social: favoreciendo el desarrollo de la Vida Independiente Entidade convocante: Servizo de Participación e Integración Universitaria da Universidade de Santiago de Compostela (SEPIU) Datas de realización: Maio – Xuño de 2010. Recoñécense 30 horas de formación e/ou 1 crédito de libre configuración pola Universidade de Santiago de Compostela. Os contidos do curso desenvolveranse en Castelán. Plazo de inscrición Remata o próximo 7 de Maio de 2010. Máis información (documento en formato PDF): Detalles do curso [90 KB]

Homenaxe a Venancio Graña

Homenaxe Venancio Graña Martínez. Un feixe de amigas e amigos, estamos a preparar unha sentida homenaxe e agasallo e este magnífico compañeiro. Quizás vos preguntedes que que fai un anuncio como este na nosa bitácora. ¡Cantas persoas docentes haberá con recortes dos seus apuntes de lexislación! De todos modos, a resposta está no seu magnífico facer como amigo, como mestre, como director do centro, como presidente da asociación de directores, como autor impresionante dunha obra de calidade sobre lexislación educativa que a tantos equipos directivos axudou… un suma e segue que moi poucas veces é doado atopar ao que se engade con intensidade unha calidade humana máis que singular. Director do CEIP “Víctor López Seoane”. Presidente da Asociación de Directores de Colexios Públicos da Coruña. Autor do Manual Lexislativo do ensino non universitario galego. Persoa amiga. Festa-homenaxe Co gallo da súa xubilación, o día 29 de xuño de 2010, ás 14:30 horas no restaurante Mirador de San Pedro, da Coruña, un feixe de persoas amigas queremos renderlle unha cumprida homenaxe ao noso amigo e compañeiro Venancio Graña. Se queres participar dalgún xeito, deixarlle algunha mensaxe ou simplemente curiosear un pouco, podes ir á web que un feixe de persoas amigas lle temos preparada. Información adicional Web da homenaxe: homenaxe.wordpress.com No teléfono: 981.90.38.23 No enderezo de correo electrónico: CarmenFranco@edu.xunta.es

ZAC Browser 1.5 en castelán

Pois ainda que na web apareza o boton da descarga e poña version 1.1, grazas ao grupo de traducción de TADEGa entre outros, isa ligazón xa leva á versión 1.5 que engade varias melloras no programa. Ás persoas de People CD aínda lles queda actualizar e reformar a web pero a descarga xa esta ahí. Agardamos que en breve pase o mesmo coa versión galega e que nun futuro poidamos dar o salto ao ZAC Browser 2.0 coas propostas de TADEGa. Grazas Ligazóns http://www.zacbrowser.com/es/ http://www.zacbrowser.com/ga/ Descarga do arquivo .exe coa version portable ZacBrowser Forum

Administra blogs de aula con KidBlog

Agora que o Proxecto Abalar vai collendo forma coas licitacións públicas, unha das características mais interesantes é que os portátiles dos mestres virán provistos dunha “administración a través dun sistema de ventás que permita integración nun dominio, de polo menos 16 ordenadores, con políticas de grupo e actuar como servidor de terminais para a súa administración remota” Neste eido atopámonos tamén cunha ferramenta na rede a ter en conta: Kidblog.org Es una plataforma en donde crear un blog. Esto no es nuevo ni original, pero sí lo es que en dicha plataforma se pueda crear una clase y que cada alumno tenga su propio blog, que el profesor sea el administrador y controle las actualizaciones y comentarios que se realizan en los blog de aula, así como las cuentas de todos los alumnos. Kidblog.org permite un acceso y navegación muy simple: cada alumno accede seleccionando su nombre de una lista -la de su aula- en en vez de recordar un nombre de usuario, el contenido que crea sólo puede ser visto por sus compañeros y por el profesor, los alumnos se centran en crear contenido ya que la interfaz es muy sencilla y carece de distracciones como los típicos widgets. Si quieres trabajar con tus alumnos los contenidos de tu asignatura y que además aprendan a utilizar un blog, esta es la forma mas sencilla de comenzar: simple, seguro, privado y sin distracciones. E sí, haberá versión en Español e Galego coa colaboración de TADEGa 😉 Ligazóns: Visto en: http://posttic.wordpress.com http://kidblog.org/

Curso TIC COGAMI

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) inicia unha nova acción formativa para persoas con discapacidade. Este curso, que é de ámbito galego por ser a distancia, é de Informática e aplicacións especiais para graves afectados. O curso de informática para graves afectados está financiado pola Consellería de Traballo e Benestar-Dirección Xeral da Dependencia e Autonomía Persoal da Xunta de Galicia e mailo Fondo Social Europeo no marco do convenio de Programa de Formación Profesional para persoas con discapacidade física que residan na comunidade galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013). A diferenza doutras accións formativas, que teñen por finalidade formar ás persoas con discapacidade para integralas canto antes no mercado laboral, este curso serve, na maioría dos casos, para que os estudantes aprendan a usar programas informáticos específicos que lle van servir para mellorar a súa calidade de vida posto que, na maioría dos casos, son persoas que adoitan estar na casa e mediante a aprendizaxe do manexo do equipo informático teñen a oportunidade de poder comunicarse co mundo a través do ordenador. Algunhas das técnicas que asimilarán neste curso vai depender das necesidades de cada alumno/a, así segundo as capacidades que teñan aprenderán distintos programas, como poden ser de recoñecemento de voz, o emprego de ratos especiais, o manexo do computador a través dos ollos, etc. Algunhas das materias específicas van ser: Axudas Técnicas • Software de Recoñecemento de voz • Outras axudas técnicas Informática • Informática Básica • Internet • Microsoft Word • Microsoft Excel • Microsoft PowerPoint Administración • Técnicas de Comunicación • Xestión Comercial • Xestión Laboral

Picto selector

¿Qué é Picto Selector? Picto Selector é unha aplicación para Windows deseñada para facilitar a selección e impresión de pictogramas. Os pictogramas proceden de Sclera.be, ARASAAC e Straight-Street.com e están traducidos ao holandés, inglés, español e francés. A aplicación soporta tamén esos idiomas. Con Picto Selector o tempo perdido cortando, pegando e editando co word rematou. Na pantalla principal podense ver e engadir as follas de pictogramas. Despois podese imprimir cada folla. Os pictogramas pódense seleccionar fácilmente desde unha lista e emplazalos entre os pictogramas xa existentes, o que fai o modificar as follas de pictogramas xa existentes extremadamente doado. intro

A inclusión dixital

Menos mal que: La Comunidad Autónoma de Galicia facilitará que los ordenadores para uso de los alumnos con discapacidad tengan las características y el software necesario para que dichos alumnos puedan utilizarlos en condiciones similares a las del resto del alumnado y con las mismas herramientas y metodología. Asimismo los equipos de las aulas en las que se escolaricen estos alumnos deberán permitirles interactuar con ellos sin dificultades. BOE do Lunes 29 de marzo de 2010… grazas!! Ver presentación completa

Contos de Xandre

Se hai unhos días dábamos conta da presencia de TADEGa nas I Jornadas de Comunicación Aumentativa de DIVERTIC (Murcia), desta volta traemos o material amosado alí para que teñades toda a fundamentación do proxecto. ComunicacióN Proyecto Xandre TADEGA Jornada DIVERTIC Murcia Marzo 2010 Asociación Nacional de Tecnología Educativa para la Diversidad (DIVERTIC). Páxina web do proxecto de Contos de Xandre https://tadega.net/Bitacora/?p=1629