Homenaxe a Venancio Graña

Foto de Venancio Graña.

Pé de media (e descrición alternativa): Fotografía en cor de Venancio Graña, protagonista desta homenaxe.

Homenaxe

Venancio Graña Martínez. Un feixe de amigas e amigos, estamos a preparar unha sentida homenaxe e agasallo e este magnífico compañeiro.

Quizás vos preguntedes que que fai un anuncio como este na nosa bitácora. ¡Cantas persoas docentes haberá con recortes dos seus apuntes de lexislación! De todos modos, a resposta está no seu magnífico facer como amigo, como mestre, como director do centro, como presidente da asociación de directores, como autor impresionante dunha obra de calidade sobre lexislación educativa que a tantos equipos directivos axudou… un suma e segue que moi poucas veces é doado atopar ao que se engade con intensidade unha calidade humana máis que singular.

  • Director do CEIP “Víctor López Seoane”.
  • Presidente da Asociación de Directores de Colexios Públicos da Coruña.
  • Autor do Manual Lexislativo do ensino non universitario galego.
  • Persoa amiga.

Festa-homenaxe

Co gallo da súa xubilación, o día 29 de xuño de 2010, ás 14:30 horas no restaurante Mirador de San Pedro, da Coruña, un feixe de persoas amigas queremos renderlle unha cumprida homenaxe ao noso amigo e compañeiro Venancio Graña. Se queres participar dalgún xeito, deixarlle algunha mensaxe ou simplemente curiosear un pouco, podes ir á web que un feixe de persoas amigas lle temos preparada.

Información adicional

Comparte este artigo

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.