Curso TIC COGAMI

logo cogami

Logotipo da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI)

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) inicia unha nova acción formativa para persoas con discapacidade. Este curso, que é de ámbito galego por ser a distancia, é de Informática e aplicacións especiais para graves afectados.

O curso de informática para graves afectados está financiado pola Consellería de Traballo e Benestar-Dirección Xeral da Dependencia e Autonomía Persoal da Xunta de Galicia e mailo Fondo Social Europeo no marco do convenio de Programa de Formación Profesional para persoas con discapacidade física que residan na comunidade galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013).

A diferenza doutras accións formativas, que teñen por finalidade formar ás persoas con discapacidade para integralas canto antes no mercado laboral, este curso serve, na maioría dos casos, para que os estudantes aprendan a usar programas informáticos específicos que lle van servir para mellorar a súa calidade de vida posto que, na maioría dos casos, son persoas que adoitan estar na casa e mediante a aprendizaxe do manexo do equipo informático teñen a oportunidade de poder comunicarse co mundo a través do ordenador.

Algunhas das técnicas que asimilarán neste curso vai depender das necesidades de cada alumno/a, así segundo as capacidades que teñan aprenderán distintos programas, como poden ser de recoñecemento de voz, o emprego de ratos especiais, o manexo do computador a través dos ollos, etc. Algunhas das materias específicas van ser:

Axudas Técnicas
• Software de Recoñecemento de voz
• Outras axudas técnicas
Informática
• Informática Básica
• Internet
• Microsoft Word
• Microsoft Excel
• Microsoft PowerPoint
Administración
• Técnicas de Comunicación
• Xestión Comercial
• Xestión Laboral

O programa bota a andar con 3 alumnos, 2 homes e 1 muller, procedentes de Lugo, Friol e A Estrada, e continúa aberto a todas aquelas persoas con grandes discapacidades que estean interesadas. Ademais, COGAMI está realizando un proceso de valoración de todas as solicitudes que lle remitiron usuarios/as que queren formar parte do curso.

Os e as estudantes prepáranse dende as súas propias casas, ben dende un ordenador da súa propiedade, ou en caso de non telo, dende un que lle cede COGAMI. A través da rede van recibir as leccións que teñen que seguir a diario, e será cada alumno/a quen marque o seu propio ritmo de avance no curso, xa que recibirán de xeito individualizado as tarefas que deberán asimilar.

Dúas profesoras contactarán vía chat con cada un/ha dos/as alumnos/as durante os horarios que xa se establecen ao comezo das clases, sendo de luns a venres en horario de 10:00 a 13:00 horas. Durante estes contactos vía chat o alumnado vai poder expresar as dúbidas que teña e, tamén, onde recibirá os exercicios corrixidos.

En total, o curso a distancia de Informática e aplicacións especiais para graves afectados vai ter unha duración de 390 horas lectivas, co que rematará o 10 de novembro.

Parabéns pola iniciativa

http://www.cogami.es/

Comparte este artigo

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.