Xornadas accesibilidade web

Xornadas organizadas pola Asociación Gallega de Empresas de Tecnologías de Información y Comunicación (AGESTIC)

Celebraranse no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia dependente da Conselleria de Traballo, en Santiago de Compostela os próximos 21,28 e 29 de xaneiro.

xornadasweb [D-674]

Como empresas, universidades e administracións públicas debemos ser os primeiros en contribuír a facilitar o acceso a Internet a todos os cidadáns, especialmente daqueles que teñen algún tipo de minusvalidez.

A web da túa empresa ou Institución “accesible” contribúe a iso, ademais de estar a inverter en Responsabilidade Social Empresarial (En España existen máis de 4 millóns de persoas que sofren algún tipo de minusvalidez, e en Europa a cifra se incrementa ata os 42 millóns. Inverter en accesibilidade terá unha repercusión positiva nun grande número de persoas), mellorar a usabilidade do teu web e incrementar a súa audiencia (A audiencia potencial increméntase porque as pautas de accesibilidade se adaptan aos estándares doutros dispositivos de acceso (móbiles, PDA, televisión dixital, etc) e cumprir coa Lei que debe cumprir a túa empresa e/ou os teus clientes actuais e potenciais.

A partir de XA, as páxinas de internet das administracións públicas ou con financiamento público deberán incorporar os niveis de accesibilidade que cumpran os criterios e condicións establecidas no RD 1494/2007 de accesibilidade.

A partir de XA, as páxinas de Internet de entidades e empresas que se encarguen, xa sexa por vía concesional ou a través doutra vía contractual, de xestionar servizos públicos, en especial, dos que teñan carácter educativo sanitario e servizos sociais deberán incorporar os niveis de accesibilidade que cumpran os criterios e condicións establecidas no RD 1494/2007 de accesibilidade.

Todas as convocatorias da Xunta de Galicia, Ministerio de Industria-Plan Avanza que inclúan web esixen o cumprimento do citado RD.

A nova Lei de Medidas de Impulso da Sociedade da Información obriga as compañías consideradas ‘grandes’ a contar, como mínimo, cun nivel medio de accesibilidade nos seus sitios web.

A nova Lei de Medidas de Impulso da Sociedade da Información afecta tanto á Administración Pública, coma a entidades e empresas encargadas de xestionar servizos públicos ou empresas privadas que reciben financiamento público, ademais de empresas de “especial transcendencia económica”, como as entidades bancarias, aseguradoras, axencias de viaxes, empresas de transporte ou subministradoras de gas, auga e electricidade.

Para saber mais

Comparte este artigo

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.