Esfera do logotipo de TADEGa.Achegándose xa o final deste ano, cómpre dar cumprimento co mandato dos estatutos e celebrar a asemblea xeral anual de persoas socias de TADEGa que terá lugar na Biblioteca pública Anxel Casal de Santiago de Compostela este sábado día 18 ás 10:30 horas; e de aí a presente convocatoria para que asistas á mesma coa seguinte orde do día.

  1.  Lectura e aprovación se procede da acta da sesión anterior.
  2. Memoria económica 2017.
  3. Avaliación do congreso 2017.
  4. Programación económica e de actividades para o 2018.
  5. Informes varios.
  6. Rogos e preguntas.

Graciñas pola túa atención, por ser e por estar.

A Coruña, 14 de novembro de 2017.

Juan J. Fdez. García,
Pte. da asociación TADEGa.

AVISO: Caso de asistir, por favor, remite a contactar@tadega.net a túa decisión para que podamos facer unha previsión de asistencia e organización axeitadas.

Para dar doadamente co lugar da asemblea podes seguir o seguinte enlace de Google Maps: https://goo.gl/maps/94CK1axk5Xp ( Avda. de Xoán XXIII, s/n, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña ).