Agardando por ese magnífico congreso.

Avisos importantes

1.- ENVIADA ENQUISA PARA A SELECCIÓN DE OBRADOIROS!

Acaba de remitirse a todas as persoas inscritas o formulario para a selección dos obradoiros que cada quen queira seleccionar. Estade atentos aos vosos correos electrónicos por favor!

2.- Non figuras na lista de inscritos?

Se xa van máis de 48 horas e os teus datos non figuran, cubre de novo o formulario de inscrición. Chega ata o final, confirma o captcha e asegúrate de recibir un número de rexistro a modo de comprobante.

3.- Hai certificación de asistencia?

Si, expedido pola Universidade e co recoñecemento da Consellería.

4.- Prazo de matrícula con desconto?

Amplíase do 8 ao 11 de outubro. Lembra que inclúe descontos para grupos.

5.- Enlaces con información?

A. Formulario de inscrición: [Enlace ao formulario].

B. Correo para remitir o comprobante bancario: [Enlace ao correo].

C. Web para verificar o estado da inscrición: [Enlace a admisión].

D. Programa do congreso: [Enlace ao programa].

5.- Información de hostelería?

Estamos en contacto coa cafetería da facultade para que podan servir menús económicos no mediodía do sábado que permitan aforrar tempos de desprazamentos. Agardamos poder darvos pronto información máis concreta incluíndo prezos e condicións.

Estamos tamén en contacto con algúns hoteis da zona que queiran achegarvos ofertas que podan ser interesantes. Agardamos tamén ter pronto información máis concreta.

 

Agardando esperanzadamente.