dvorak. [D-556]

Se temos un periférico que temos que usar habitualmente é o teclado. A nosa vida dixital vai ligada o seu uso e acomodación, aínda que a súa distribución non sexa a máis axeitada.

A distribución máis extendida actualmente é a chamada “Qwerty” que ten ese nome herdado da distribución das seis primeiras letras dispostas. Pode cambiar de un idioma a outro os simbolos ou caracteres especiais, pero a distribución xeral é a misma. Outra distribución xa en desuso agás en paises francófonos e a “Azerty”; o Q substituese polo A, o W substituese polo Z ademáis de para escribir os números compre premer a tecla Shift entre outros cambios máis pequenos.

Se tentamos atopar a orixe da distribución “Qwerty” o primeiro no que imos caer e que foi herdada das maquinas de mecanografiar, patentada por Christopher Sholes en 1868 e vendido a Remington en 1873 e que foi feito non accesible de xeito premeditado. Falase moito de que os dígrafos máis convencionais da fala británica fanse dificiles de escribir co fin de que as patillas das máquinas de mecanografía non chocasen e producisen avarias. Esto non é concluinte dado que algun autor -Stan Liebowitz da University of Texas en Dallas y Stephen Margolis da University of California, Los Angeles; “The Fable of the Keys” (“A Fábula Das Teclas”)- sinalan que isto é unha lenda e referenciase que moitas palabras en inglés podense escribir con so unha mao, acelerando esto o proceso de escritura.

Se vos dades conta, no Dvorak as letras mais comunes na escrita galega ou española están no centro, para acceder a elas con mais facilidade, e as letras menos comuns están na parte inferior e as que non se usan nin moito nin pouco están na parte superior; esto fai que a velocidade de escritura sexa mais rápida. Pero a xente resístese ao cambio pola mediocre razón do costume, xa que non me negaredes que vos daría cousa aprender a usar un teclado tan raro como ese.