Logotipo do II Congreso TADEGa, Ourense 2011.

Pé de medio (e descrición alternativa): Logotipo do II Congreso TADEGa, Ourense 2011. Sobre fondo transparente a forma do número dous aglutina o resto dos elementos gráficos nos que tamén se pode ler o que vai ser o lema do congreso: 'Prácticas dixitais na atención á diversidade'.

Ourense, 11 e 12 de febreiro de 2011
Prácticas dixitais na atención á diversidade

Dende a nosa asociación prácenos anunciar o vindeiro II Congreso TADEGa que, baixo o título Prácticas dixitais na atención á diversidade, terá lugar os días 11 e 12 de febreiro de 2011 nun marco incomparable: Auditorio Municipal de Ourense.

Notas de interese

Toda a información relativa ao congreso (programa, obxectivos, inscricións, prezos, listaxes, etc.) figura actualizada na web do congreso que está no enderezo: www.encontros.tadega.net

Aberto o prazo de inscrición

Agardámosvos!

Aínda non moi convencido ou convencida? Velaquí tes os contidos:

Sistemas de Comunicación Alternativa e Aumentativa:

  1. DIVERTIC e TADEGa: Picaa, Aumentativa, Comunicación total…
  2. CATEDU: O portal Arasaac.
  3. Comunicador Persoal Adaptable (CPA).

Máis aló das aulas:

  1. Blogs e comunicacións accesibles para usuarios noveis.
  2. Rexistro Fonolóxico en logopedia Refocas-Refogal.
  3. Atención á Diversidade e dispositivos móbiles.
  4. Contos fáciles para situacións difíciles.

Alfombra de baile e outros trebellos dixitais.

Comunicación dixital I:

  1. Adaptacións para a discapacidade visual.
  2. Actividades con LIM na aula.
  3. Proxectos TIC e Diversidade da Fundación Orange.

Comunicación dixital II:

  1. Comunicador Persoal Adaptable (CPA).
  2. Proxecto Abalar e a Atención á Diversidade.
  3. Ponte nas Ondas (Radio Pontevedra, Ourense e Portugal).

Dispositivos e adaptacións para a diversidade:

  1. DancePad, Rfid e outros trebellos dixitais.
  2. Proxecto IN-TIC.
  3. Tecnoloxías para persoas con diversidade funcional.

Proxección do documental “María y yo”.