portatil

Imaxe pictográfica dun ordenador portátil

O 2 de febreiro dende TADEGA lanzamos un formulario encamiñado ao proxecto Abalar – Escuela 2.0, que vai repartir ordenadores ou netbooks aos nosos alumnos, ¿pero alguén pensou nas características que deberían ter?. ¿E para alumnos con necesidades específicas e xa que o ordenador lles suporá unha tecnoloxía de apoio, serán os mesmos?. ¿E a accesibilidade?…

QUE PORTÁTILES PRECISAN AS NOSAS ALUMNAS E ALUMNOS?

Pois as aportacions recibidas foron as seguintes:

RESUMO DE RESPOSTAS

TOTALIDADE DE COMENTARIOS

Como resumo, dende TADEGA creemos que todas as medidas encamiñadas á flexibilidade dun equipo optimizado ás necesidades dunha alumna con necesidades específicas de apoio educativo, deberian estudiarse con seriedade e incluso valorar un equipo cun tamaño maior de pantalla (17-19 pulgadas), mais memoria RAM, etc, pero cando menos deberia ter un equipamento con:

  • Unha batería mais duradeira, mínimo 6 horas
  • Mochila protexida para levalo
  • Que a pantalla sexa táctil (tipo Tablet PC)
  • Teclado resistente a auga
  • 2 GB de RAM
  • Lector de tarxetas de memoria SD/MMC/MS/MS Pro
  • Marcas no teclado para persoas con problemas visuais ou cegueira
  • Estandar Wifi N
  • Webcam integrada
  • No canto do sistema operativo, ademais de apostar por un sistema LINUX estaria ben dispor dun arranque dual, para asegurar o emprego de ferramentas de accesibilidade que de momento non hai para LINUX
  • Grazas polas vosas aportacións

    TADEGa.net