Comunicadores SAAC

No mundo dos sistemas de comunicacion alternativa e/ou aumentativa (SAAC), cada día hai mais softwares, pictogramas e trebellos: Picaa, Sc@ut, Comunicador CPA, TapToTalk, iPhone, NDS, Android, Tablet PC, ARASAAC, Divertic, SPC, Widgit, Sclera… cada un coas súas vertentes gratuitas e de pago e tamén coas súas vantaxes e inconvintes. Por iso que unha boa opción tamén, e tirar pola banda da bricolaxe dixital e recursos gratuitos, libres e usables por todo o mundo, como istes exemplos feitos coa Ferramenta LIM:

Participa no libro colaborativo LIM

QUERES PARTICIPAR?? (a continuación versión español) – Obxectivo: construir colaborativamente una UD, actividad temática… xa que LIM (Fran Macías) é unha ferramenta aberta. – Duración: Todo o curso escolar e, segundo a data, escoller o Samaín, o Outono, os dereitos humáns, a paz, a muller traballadora, a semana da prensa, o día do libro, a saúde, Galicia, Europa, as Letras Galegas, dia mundial do ambiente… (queres propoñer outro tema?. Deixa un comentario coa túa proposta.) – Quero participar, como fago? É moi doado, na seguinte presentación tes todos os pasos: ———– VERSION EN ESPAÑOL ————– ¿Quieres participar? – Objetivo: construir colaborativamente una UD, actividad temática… ya que LIM(Fran Macías) es una herramienta abierta. – Duración: todo el año escolar y, de acuerdo a la fecha, elegir el Samaín, Otoño, derechos humanos, la paz, la mujer trabajadora, la semana de la prensa, el día de libro, la salud, Galicia, Europa, las Letras Gallegas, día mundial del medio ambiente …¿Quieres proponer otra cosa. “Deja un comentario sobre su propuesta. – Quiero participar, ¿cómo? Es muy fácil, en la PRESENTACION anterior dispones de todos los pasos

Estimulación Multisensorial

Na Aula Psicopegagóxica e de Apoio Educativo (APAE), comeza un curso de estimulación multisensorial que reproducimos por se pode ser do voso interese: Mais informacion: Enlace ao tríptico do curso: atenciontempranaapae.blogspot.com/2010/10/estimulacion-multisensorial-en-casa-y.html Enlace á web de APAE: atenciontempranaapae.blogspot.com/

Emma Mayo Pais

Así é, con nome e apelidos: Doutora Mª Emma Mayo Pais. Non sen moito traballo, o pasado venres 30 de xullo leuse a Tese Doutoral: “La familia ante la discapacidad visual de un hijo”, que mereceu por parte do Tribunal a calificación de Sobresaínte Cum Laude. Parabens doutora, seguro que isto so é comezo dunha ampla traxectoria investigadora en prol das persoas con diversidade funcional. Entrevista no xornal ABC

María y yo

María y yo estos días estamos por Breixo, jugamos con Omar, comemos, reímos… Lo mismo que María y yo, pero con May y Miguel que nos muestran como son sus vidas y retos de unos padres de una persona con Autismo. Tuvimos la gran suerte de ser invitados por la Fundacion Orange, en el marco del ISAAC 2010, a una sesión de la película en Cine Accesible, adaptada a personas con discapacidad visual o auditiva. No sólo os recomiendo que vayais a verla ya que se trata de una historia real que nos enseña que una persona con autismo es única, como cualquier otra persona y aún queda bastante por difundir y hacer llegar el conocimiento del autismo a la sociedad; sino que subrayo dos ideas de la película (para mi fundamentales): May y Miguel, no quieren la igualdad, sino que la traten como a una Reina; no quieren la normalidad (que sea como los demás en todos los aspectos, que vaya al mismo colegio…), sino que le ofrezcan los apoyos necesarios para comunicarse, para tener más autonomía… en definitiva mejorar su calidad de vida. Enlaces Congreso ISAAC 2010 www.isaac2010.org Fundacion Orange www.fundacionorange.es/index.html

iFreeTablet e Xandre

Xa temos o iFreeTablet para probalo en primicia!! Aínda que non é o derradeiro modelo que sairá á rúa moi moi pronto niste mes de Xullo, nista unidade de proba xa puidemos ollar as potencialidades do sistema operativo SIESTa do iFreeTablet: control do entorno, reforzo auditivo, barrido, paquete ofimático, reprodutor de audio e video, soporte flash, xestor correo, navegador web, control do entorno (luces e dispositivos)… e un longo etc. En breve teredes mais novas diste interesante aparello.

TRABALLANDO OS FONEMAS CA SERPE SUSANA

TRABALLANDO OS FONEMAS CÁ SERPE SUSANA  Un dos obxectivos da Educación Infantil é desenvolver habilidades comunicativas en diferentes linguaxes e formas de expresión. No pouco tempo que levo traballando con cativos puiden comprobar que este é un obxectivo moi axeitada á etapa pero ao mesmo tempo moi ambicioso.  Como mestra de apoio de Ed. Infantil unha das labores que me foi encomendada foi traballar dun xeito máis expecífico cos nenos con dificultades, e entre eles cos nenos que presentaban dificultades para a comunicación verbal oral.  Para traballar con estes rapaces/as atopei un recurso moi completo e divertido “o conto da serpe Susana”. Trátase dunha serie de tarxetas que por a parte dianteira conteñen imaxes representativas de cada suceso da historia e ao mesmo tempo en cada unha delas aparece cada unha das letras do noso abecedario. Pola parte traseira da tarxeta topamos unha historia que ir narrando e que nos invita a reproducir todos os fonemas da nosa lingua.  Como exemplo o incio do conto:  “Viviu unha vez unha serpe moi valerosa chamada Susana, que quería viaxar por todo o mundo. Un bó día decidiuse a emprender a viaxe” “ssssssss”.  Comenzei empregando este conto para traballar tan só co alumnado con dificultades, pero non tardei en decatarme que ofreciame moito mais. O conto invitounos a empregalo como rutina e a interpretalo aproveitando para traballar tamén a linguaxe non verbal e a expresividade corporal.  Xa no terceiro trimestre puiden comprobar como os mais cativos, os nenos da aula de 3 anos, contabanme eles a min o conto son só ensinarlles as tarxetas e reproducían todolos sons, incluso coñecian nomes das letras mais aló das vogais, e recordábanme que a H é mudiña por eso sae no conto cando todos os protagonistas están a durmir.  O mellor deste conto é que acepta modificacións, pois cando chegou as miñas máns fixen moitas variacións e creei o meu propio conto da serpe Susana con folios sobre os que dibuxei a historia, e que logo plastifiquei e recortei.  É un material nada estructurado que podemos variar segundo as necesidades que atopemos e os intereses dos alumnos/as. Invítovos a todos a comprobalo.

Iago e o alumnado do Sal Lence

Fai xa uns meses que puxemos aquí mesmo un vídeo e o relato da súa experiencia. Unha resposta que o alumnado do CEIP Sal Lence lle presentaba a Iago polo seu vídeo sobre os dereitos da infancia. E aínda que a historia podería quedar aí, deu as súas voltas. Iago veunos ver ao cole e o alumnado deste segundo curso de primaria desfrutou nunha experiencia que agora vos contamos con esta nova versión do vídeo que agora vos presentamos xa máis completo. Non é aínda a definitiva xa que estamos enredando para mellorar os audios e os vídeos que teñen algunhas carencias, ademais de acurtarlle unha miguiña a duración do mesmo, pois neste momento é de 11 minutos con 40 segundos e os señores de Youtube non admiten producións que sobre pasen os 10 minutos. Así que, polo de agora, teremos que conformarnos coa versión do Facebook e, ao longo do verán, haberá algúns retoques para logo presentar a versión definitiva. Agardamos que vos guste.

Comunicación Aumentativa

Comunicación Aumentativa y Alternativa. Guía de referencia Autoras: Dolores Abril Abadín, Clara I. Delgado Santos, Ángela Vigara Cerrato. Coordinación: Clara I. Delgado Santos Madrid: CEAPAT de 2010, 3 ª edición Este documento é unha guía con información básica sobre os sistemas alternativos e aumentativos de comunicación. Con esta publicación, o CEAPAT quere salientar a importancia da comunicación na integración social das persoas, e describir os principais produtos de soporte, dispositivos de acceso e modelos alternativos para a representación da linguaxe. A guía preséntase no actual contexto da nova lei española e internacional, que é o reforzo da presenza destes sistemas para mellorar a participación e inclusión das persoas con necesidades específicas de comunicación. Ligazón á descarga do documento en pdf

TADEGa no Twitter

Xa sabedes que Twitter é unha rede social de balde que ofrece un servizo de microblogging, e permite publicar ó usuario actualizacións persoais, así como ler as de outros usuarios. Estas actualizacións, coñecidas tamén como tweets, poden acadar de máximo os 140 caracteres. Agora podedes seguir as anotacións de TADEGA no Twitter, así como engadir o seguinte gadget no teu blog. http://twitter.com/tadeganet Código para inserir o gadget de TADEGa no teu blog