Previo LIM 3.2
Se hai uns días dabamos conta da aparición de Xandre, o elefante sen sombra, o conto interactivo feito polo grupo de Contos adaptados e accesibles en formato LIM, agora aproveitamos para comentar as novidades que veñen de xurdir no LIM 3.2 co que se fixo este conto.
[iframe http://educalim.com/probas/lim32ej/lim32ej.html 410 342]
Ademais de facer probas cos principais navegadores de Internet Firefox, Chrome, Opera e Internet Explorer, a version 3.2 ten as seguintes melloras na accesibiliade:
- Fai unha detección automática da presenza dos lectores de pantallas Jaws, NVDA , etc. nos que se verificou o funcionamento.
- Activa o focus de xeito automático e movémonos coa tecla
Tabulador
,Enter
eBarra espazadora
para obter información en audio da pantalla na que nos atopamos, así como dos botóns principais. - Ao entrar na páxina dase lectura á cabeceira, aos textos coa tecla de tabulación e ás descricións alternativas das imaxes.
Ademais hai novos tipos de paxinas, agora ata 51, con crebacabezas irregulares, etiquetas, fórmulas, novas peles e un logo etcétera, como un editor visual para as páxinas de imaxe e texto, Menú… ligazóns a internet e saltos a páxinas do libro… e o autor pode fixar o avance ou retroceso entre páxinas, pode eliminar o fondo da barra de navegación e a banda superior.
Ah! A versión 3.2 de EdiLIM tamén elimina espazos, ñ e acentos dos nomes de arquivos. Os cambia por outros caracteres, así evitamos posibles fallos en internet.
Ligazóns:
- Contos de Xandre: http://www.contosdexandre.net/
- Educalim: http://www.educalim.com/probas/edilim_gz.zip
- Google-Lim: http://groups.google.es/group/lista-lim
- Axuda Lim: http://educalim.com/probas/lim32ej/lim32ej.html
Por favor se tedes calquera suxestión ou informe de erro podedes respostar neste artigo ou no grupo Google-LIM.