Laura

Laura

(1 comentarios, 2 entradas)

Este usuario no ha compartido ninguna información de perfil

Entradas de Laura

TRABALLANDO OS FONEMAS CA SERPE SUSANA

0

TRABALLANDO OS FONEMAS CÁ SERPE SUSANA

 Un dos obxectivos da Educación Infantil é desenvolver habilidades comunicativas en diferentes linguaxes e formas de expresión. No pouco tempo que levo traballando con cativos puiden comprobar que este é un obxectivo moi axeitada á etapa pero ao mesmo tempo moi ambicioso.
 Como mestra de apoio de Ed. Infantil unha das labores que me foi encomendada foi traballar dun xeito máis expecífico cos nenos con dificultades, e entre eles cos nenos que presentaban dificultades para a comunicación verbal oral.
 Para traballar con estes rapaces/as atopei un recurso moi completo e divertido “o conto da serpe Susana”. Trátase dunha serie de tarxetas que por a parte dianteira conteñen imaxes representativas de cada suceso da historia e ao mesmo tempo en cada unha delas aparece cada unha das letras do noso abecedario. Pola parte traseira da tarxeta topamos unha historia que ir narrando e que nos invita a reproducir todos os fonemas da nosa lingua.
 Como exemplo o incio do conto:
 “Viviu unha vez unha serpe moi valerosa chamada Susana, que quería viaxar por todo o mundo. Un bó día decidiuse a emprender a viaxe” “ssssssss”.

PARTE DIANTEIRA DAS TARXETAS

 Comenzei empregando este conto para traballar tan só co alumnado con dificultades, pero non tardei en decatarme que ofreciame moito mais. O conto invitounos a empregalo como rutina e a interpretalo aproveitando para traballar tamén a linguaxe non verbal e a expresividade corporal.
 Xa no terceiro trimestre puiden comprobar como os mais cativos, os nenos da aula de 3 anos,

PARTE TRASEIRA DAS TARXETAS DO CONTO

PARTE TRASEIRA ONDE PODEMOS LER A HISTORIA

contabanme eles a min o conto son só ensinarlles as tarxetas e reproducían todolos sons, incluso coñecian nomes das letras mais aló das vogais, e recordábanme que a H é mudiña por eso sae no conto cando todos os protagonistas están a durmir.

 O mellor deste conto é que acepta modificacións, pois cando chegou as miñas máns fixen moitas variacións e creei o meu propio conto da serpe Susana con folios sobre os que dibuxei a historia, e que logo plastifiquei e recortei.
 É un material nada estructurado que podemos variar segundo as necesidades que atopemos e os intereses dos alumnos/as. Invítovos a todos a comprobalo.

MURAL DE XANDRE

Proxecto Xandre

3

A miña experiencia con Xandre

A mediados do segundo trimestre do meu ano de funcionaria en prácticas como mestra de Educación Infantil, chegaron ás miñas mans moitos recursos para aplicar na aula, pero se de algún deles paga a pena falar en profundidade é o conto de Xandre, o elefante sen sombra(1).

Xandre abriume unha fiestra para traballar cos nenos actitudes positivas como a solidariedade, o compañeirismo, a empatía, o respecto ás diferenzas… nun contexto un tanto especial, dadas as circunstancias dun alumnado procedente de fogares desestructurados e  na súa maioría con escasos recursos económicos.

Pero, ¿Como traballar con Xandre con nenos que nunca tiveron acceso ás novas tecnoloxías?, o tema da motivación xa estaba resolto, pois todo o relativo ás novas tecnoloxías chama a atención dos rapaces, mentres que o enfoque polo cal abordar o traballo requiriu un pouco mais de tempo e resultou que dada ás curtas idades do alumnado (tres, catro e cinco anos) o mellor foi traballar co conto para instar aos nenos a axudar aos demais, a ser mellores compañeiros.

Os nenos de 5 anos, tras ver en repetidas ocasións o conto e falar sobre el en asembleas, decidiron elaborarlle unha sombra a Xandre, con retallos de cores, cada un pintado por un neno.

Amosáronse todos ilusionados por cumprir o soño de Xandre e concederlle unha sombra, e querían que toda a escola vise o que fixeran por el. Foi unha experiencia verdadeiramente fermosa.

MURAL DE XANDRE

Pé de medio (e descrición alternativa): Mural no chan da sombra de Xandre feito por nenos e nenas de 5 anos.

No caso dos nenos e nenas de 3 e 4 anos, Xandre foi un punto de partida e de motivación que propiciou un maior coñecemento do noso corpo, das súas posibilidades e un maior respecto polas diferenzas cos compañeiros.

O contorno ideal para comenzar esta experiencia era a aula ordinaria, alí tras unha asemblea decidimos buscar as nosas sombras na parede, o que nos foi posible co simple acto de baixar un pouco as persianas.

Unha vez realizada esta actividade e vendo o interese que despertou nos nenos decidín ampliala, e explorar cas nosas sombras empregando unha pantalla e un canon de proxeccións, do que gravamos vídeos que logo puidemos ver e analizar o traballo feito. Nestas sesión empregamos ademais do noso corpo diversos elementos de psicomotricidade, que afastamos e aproximamos á pantalla permitíndonos observar as variacións no tamaño das sombras. Foi algo máxico!, ademais, Xa eramos como Xandre, tiñamos todos unha sombra coa que xogar!

NENO CA SÚA SOMBRA

Pé de medio (e descrición alternativa): Neno de 3 anos tentando debuxar a súa sombra no encerado dixital.

Para deixar rexistro das nosas experiencias tamén empregamos o Encerado Dixital Interactivo, con el os nenos púñanse diante mentres outros perfilábanlles as sombras, que aproveitamos para que quedaran gravadas en actitudes positivas, sombras dándose apertas, a man ou un bico. Pois nunca esquecemos que ademais de desfrutar coa experiencia creativa, a finalidade da actividade era tamén gozar aprendendo a compartir, a respectar, e a querer aos nosos compañeiros.

A narración de toda a miña experiencia con este conto agardo que sexa de axuda a outros mestres que están a dar os seus primeiros pasos como docentes, para que exploren este tipo de recursos, pois como xa sinalou Giani Rodari (1979) o primeiro coñecemento da lingua escrita non atopou aínda un itinerario, mais rico, cheo de cor e atractivo que os contos. E neste caso a riqueza de contidos a traballar é abraiante, sobre todo nos niveis das actitudes. E que mellor momento para inculcar actitudes positivas que a etapa de Educación Infantil?, onde o neno, como destacou a gran pedagoga María Montessori dispón dunha mente absorbente, grazas á facilidade que ten para adquirir coñecementos en base ás contribucións da contorna.

NENA TRABALLANDO CON XANDRE

Pé de medio (e descrición alternativa): Nena traballando con Xandre na pizarra dixital.

Así que anímovos a todos a seguir enriquecendo o mundo dos nosos nenos, a facilitarlles o acceso á realidade, ás experiencias, á creatividade, só así acadaremos un sistema educativo eficaz que enriqueza os corpos e as mentes dos homes e mulleres do mañá.

Enlaces

  1. Enlace ao conto de Xandre: www.contosdexandre.net
Feed RSS de Laura
Ir arriba