II Premios EDIGA

Un maniquí case perfecto, para lembrar que o pracer estético ten teito. O realmente humano está máis agochado. (Itinerarte).
Un maniquí case perfecto, para lembrar que o pracer estético ten teito. O realmente humano está máis agochado. (Itinerarte).

Hoxe comeza na universidade da Coruña unha nova edición dos xa coñecidos por case todos nós “Premios EDIGa”. A nosa asociación TADEGa colabora novamente nesta edición e síntese honrada por botar unha man nun acontecemento que entendemos ten moito calado na auténtica vertebración das tecnoloxías dixitais no ensino galego.

Novamente alzaremos un dedo para lembrar a importancia de facer deseños para todas e todos, é dicir, accesibles e usables, como xeito natural de facer as cousas se é certo que camiñamos no rueiro da inclusión.

Será un pracer.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.