Coidando dos nosos equipos

Logotipo da OSI (Oficina de Seguridade do Internauta).

Logotipo da OSI (Oficina de Seguridade do Internauta).

A todas e todos nos ten pasado que conforme imos navegando pola rede de Internet, os nosos navegadores van ralentizando o seu rendemento co paso do tempo e apañando cousas que non queremos (barras de ferramentas, páxinas de procuras, páxinas de inicio…) todo porque algún día decidimos descargar un programa que nos vendían gratis con fama impresionante (aínda que non nos dicían que iso tiña o prezo de aloxar a maiores nos nosos sistemas programas indesexados.

E agora que? Da man da OSI (Oficina de Seguridade do Internauta) do que previsiblemente teremos máis novas no noso vindeiro congreso a piques de saír a voz pública, cóntannos como resolver estes atrancos e como manter o noso sistema a raia de vulnerabilidades. Non volo perdades.

Enlaces de interese

  • Desinstalación de barras (toolbars) non desexadas. [Enlace 1].
  • Manter o noso equipo fóra de perigo de instrusións. [Enlace 2].