Logotipo da asociación AGPETAL.

Logotipo da asociación AGPETAL.

Informamos da vindeira celebración das XIII xornadas AGPETAL (Asociación Galega de Profedsorado Especialista en Técnicas de Audición e Linguaxe) que abordará o tema A linguaxe na Educación Infantil. Recursos para unha escola inclusiva

Estas xornadas terán lugar os días 8, 9 e 10 de novembro de 2012 nas instalacións da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.

Entre outras intervencións, caben salientar as de 3 magníficas tadeguianas: Susana Viqueira Cobas, Esther Frade Fraga e Mª Belén Junquera Méndez. Seguro nos achegarán contidos, ideas e propostas xeniais.

O prazo de matrícula queda aberto e vos achegamos aquí o tríptico con todos os detalles e datos necesarios.

Nestas xornadas as persoas socias de TADEGa teñen un desconto na matrícula polos acordos de colaboración entrambas identidades.

Saúdos.

Enlaces que se citan

  1. Tríptico en formato PDF do programa [enlace 1]