A nova

Un neno de 10 anos, usuario de sistemas aumentativos de comunicación, gaña o concurso de curtos sobre os dereitos dos nenos na modalidade de curto máis votado.

E a cousa non queda ahí

Entrevista a Iago e Inés no Faro de Vigo co título <q lang='es' xml:lang='es'>Iago, el niño que no quiere ser invisible</q>. Unha reportaxe gráfica con fotos e texto sobre o concurso e as súas vidas.

Entrevista a Iago e Inés no Faro de Vigo co título Iago, el niño que no quiere ser invisible. Unha reportaxe gráfica con fotos e texto sobre o concurso e as súas vidas.

Ser xustamente o primeiro nunha carreira ou non selo non é o máis importante do mundo, é certo, pero o que si está acontecendo é que, a través deste concurso e do eco que vai tomando nos medios de comunicación o premio acadado, ao fin, Iago e as persoas como el (con diversidade funcional, neste caso con autismo) van deixando de ser invisibles e vense incorporadas ás vidas de todos e todas nós. E desta pelexa, a súa nai Inés xunto coas mosqueteiras (como elas se chaman), son soldados ben experimentadas. Dende a nosa asociación vaia o noso recoñecemento, alegraría, e felicitación.

O vídeo

Aquí queda o enlace á páxina web do concurso no que se inclúe o vídeo: www.yotambientengoderechos.com/…