“´agora rede”… proxecto colaborativo

[D-332] Coido que todos temos no maxín dun tempo a esta parte crear espazos colaborativos onde expor as nosas experiencias, inquedanzas, opinións… sobre o eido TIC do en ensino en Galiza. Os máis e os menos, crean blogues, plataformas, webs… espazos para espallar a nosa semente e sentirse apoiados nesta labor de definir paradigmas de usos e boas prácticas tecnoeducativas. Así pois dende ese prisma e filosofía, nace ´agora rede, coa intención de crear un punto que vertebre iniciativas da web 2.0 galega (blogs, wikis,… ) e aglutine unha rede social aberta de docentes a prol das TIC. ¿Unha iniciativa interesante? Por suposto. ¿Un Planet galego? coido que se esta cociñando e 100% feito en Galicia.

Postaniversario…

[D-331] Quen o diría… O da imaxe do xiz, mira ti por onde, foi o noso primeiro artigo na bitácora. Pero, ao que íamos: Remexendo e remexendo no ordenador atopo isto: De Abraham a Juan: —– Original Message —– From: Abraham Dominguez To: juan@TADEGa.net Sent: Sunday, February 11, 2007 8:39 PM Subject: Colaboración Tadega Estimado compañeiro: Antes de nada darvos a noraboa polo proxecto, a iniciativa pareceme moi interesante; é por iso que estou interesado en formar parte da vosa comunidade se é posible, así como cales serían os pasos. Abraham Domínguez Cuña: CEIP de LAREDO (Pontevedra) Un saúdo. De Juan a Abraham: —– Original Message —– From: Juan José Fernández García To: Abraham Dominguez Sent: Sunday, February 11, 2007 9:16 PM Subject: Re: Colaboración Tadega Estimado Abraham: Grazas pola túa aportación, no tocante a formar parte do grupo, non creo que haxa problema algún, de todos modos dame un día para confirmalo. Vexo que ademáis deixache unha proposta no foro sobre a creación dun blog. Algo no que xa matinamos algunha que outra vez, someterémolo a sondeo entre foreros e membros de TADEGa aínda que será preciso contar con alguén que se ocupe ou coordine as subidas de datos ao servidor e telo ao día (a min xa me vai chegando coa web e co foro)… pois como ben sabes, un blog que non se actualice a cada pouco perde o seu encanto ¿Preséntaste voluntario? je, je. Sexa como sexa, benvido e grazas pola túa participación. Juan. De Abraham a Juan: —– Original Message —– From: Abraham Dominguez To: Juan José Fernández García Sent: Monday, February 12, 2007 4:06 PM Subject: Re: Colaboración Tadega Ola Juan, Grazas pola benvida, …sobre o asunto do BLOG, sería un pracer instalar, administrar e coordinar o mesmo, pois sería unha ferramenta moi interesante para colgar as experiencias que estamos a realizar na aula, propostas…onde dun xeito moi sinxelo todos poden colaborar. Co gallo do uso das PDI fixemos un BLOG que coido que cun toqueteo de deseño podería encaixar coa proposta de BLOG TADEGA: http://www.ediga.net Un saúdo Abraham. Oh, meu deus! Que ben queda isto por estas datas! 🙂 Grandes cosas en dous días e tres clics… só fai falla dar o paso. O demais xa o coñecedes.

Congreso sobre trastorno da atención

[D-329] Organizadas conxuntamente polo Grupo ALBOR e a Fundación para la Promoción de la Calidad de Vida CALVIDA , atopamos istas xornadas sobre trastornos de atención adicadas aos Avances na Detección, Identificación, Prevención e Intervención multimodais con Nenos, Adolescentes e Adultos con Trastornos por Déficit de Atención con ou sen Hiperactividade: ‘HIPERACTIVOS’ e ‘INATENTOS’: algo mais que simples ‘subtipos’ Realizaranse dúas Xornadas, unha en Bilbao os días 1 e 2 de marzo e outra en Madrid do 24 ao 26 de outubro. Ligazón con mais informacion sobre as Xornadas Ligazón ao tríptico en pdf da xornada de Madrid

Cumprimos 1 ano

[D-326-1] A bitácora de TADEGa cumpre 1 ano 12 de febreiro de 2008, no día de hoxe esta bitácora está de cumpranos, o noso primeiro ano. E a verdade é que é para estar contentos. Este artigo é o número 326 o que di moito desta andadura xa que son moitos para ser o primeiro ano. Dende aquí vaia un especial agradecemento a Abraham, o noso incansable das bitácoras que empurrando, empurrando, advertiunos do moito que íamos gañar se iniciabamos ista andadura, e vaia que tiña razón. Grazas Abraham. A él lle toca soprar as velas. E vaia tamén un agradecemento a todos os editores dos artigos que traballan arreo para que isto funcione: Rosa, Abraham, Belén, Felo, Susana, Antonio… Pero témosvos unha sorpresa, un regalo de cumpreanos, porque levamos un ano querendo acordarnos de todos, e traemos aquí un recordo especial polos que ninguén se acorda deles: [D-326-2] TADEGa naceu para que nos lembremos de todos, para que as tecnoloxías que se nos achegan, sexan para todos e sen favoritismos, mellor dito, rectifiquemos, que sexa con favoritismos de tal xeito que os máis esquecidos cheguen a ser os nosos favoritos. O rapaz desta foto é un neno do colexio ‘Gokul’ en Bhugaon, a 130 kilómetros de Mumbai, na India. El e os seus 52 compañeiros teñen en común: que son orfos, que están nesta escola, que teñen o VIH e que xa saben o que é ser rexeitado por case todos. Pero nesta escola coas súas TIC tan ‘clásicas’ (aquí lle vemos lapis e regra) estanche moi contentos, ilusionados porque lles da o que os demais lles negan. Non coñezo a quen fixo esta foto, pero seguro que leva un bule bule no peito. Ben, déixome de liortas; se queredes saber a historia toda, tedes no Diario El Mundo a historia completa e outras fotografías. Vaia desde aquí o noso máis profundo respecto por todos eles, pola escola, polo proxecto, precisamente no noso primeiro aniversario. Enlace que se cita: www.elmundo.es/albumes/2008/02/06/colegiopositivo

Ferramentas didácticas. Fundación Dédalo

[D-316] Tal e como xa adiantabamos noutro artigo desta bitácora, a fundación Dédalo dentro do proxecto “Ferramentas didácticas para a educación de persoas con discapacidade” acaba de publicar na súa web un material pensado para persoas con discapacidade, maiores e outros colectivos que precisan un tratamento específico. Este material pódese descargar de xeito gratuíto e quere dar resposta a un público en ocasións esquecido pero que require toda a nosa atención e apoio. As ferramentas desenvoltas no primeiro CD divídense en dous bloques de actividades Jclic: O primeiro: “Actividades de linguaxe” conta con exercicios para traballar as letras, sílabas, ordenar palabras e lectura. O segundo bloque conten actividades de observación, atención, secuenciación, numeración e calculo. O segundo CD é unha adaptación do programa “Escoita” orixinal do CREENA , adaptándoo ás recomendacións e suxestións aportadas por expertos no campo das Necesidades Educativas Especiais. Estas dúas ferramentas pódense baixar para logo copialas nun CD dende o seguinte enderezo: www.fundaciondedalo.org/archivos… A primeira tamén está dispoñiible no seguinte enderezo da web: www.fundaciondedalo.org/HerramDidacticas…

Relacións coa Deficiencia Visual

Curso básico de autoaprendizaje sobre relación y comunicación con personas con ceguera y deficiencia visual (Aviso: Artigo en castelán – Artículo en castellano) [es] [D-324] Desde la web de la ONCE podeis ver este curso y, como dice en la portada, está diseñado específicamente para personas sin problemas de visión que, por su trabajo, circunstancias familiares o interés general, deseen tener un conocimiento básico sobre ceguera y deficiencia visual, así como de las formas más prácticas para ayudar y colaborar en el desplazamiento y en la vida diaria de las personas con tales problemas de visión. Para más información, enlace al Curso de Comportamiento

Congreso Internacional de Orientación

Durante os días 21, 22 e 23 de novembro de 2007 tivo lugar na Universitat Jaume I de Castellón (España) o Congreso Internacional de Orientación Educativa e Profesional. O congreso organizouse coa intención de dar a coñecer experiencias renovadoras e innovadoras en materia educativa e de permitir aos estudiantes e aos profesionais que traballan en educación e orientación compartir coñecementos e intercambiar experiencias. Na súa páxina ides atopar os relatorios do ano 2006 e 2007, e quero resaltar nesta última o artigo BARREIRAS E AXUDAS Á INCLUSIÓN: A HISTORIA DE VIDA DE GEMA desenvolto por Carmen Gallego Vega e Anabel Moriña Díez. Abrangue unha investigación realizada co propósito de describir, analizar e valorar as fases e impacto do proceso de exclusión en colectivos de mozos en situación de desigualdade (pertencentes a culturas minoritarias, desigualdades de xénero ou mozos con discapacidade. O traballo recolle parte da vida dun destos xoves e reflexiona sobre as barreiras e axudas que puideron obstaculizar ou facilitar a vida persoal, educativa e profesional de Gema. Para máis información, enlace á revista QuadernsDigitals.

Obradoiros de accesibilidade web

[D-314] Porqué e para que ¿Obradoiros de accesibilidade básica de contidos web? Nestes tempos asistimos —afortunadamente é moito máis que unha moda— a que moitas asociacións, docentes, pais e alumnos, teñan os seus propios cadernos de bitácora nos que publican case a diario os seus debates, opinións e descubrimentos. É a explosión da parte máis visible da web 2.0 da que tanto se fala. O caso é que a accesibilidade web destes espazos deixa moito que desexar dende o momento en que os temas ou esqueletos destas bitácoras non siguen totalmente os estándares da accesibilidade da W3C-WAI (www.w3.org) (moitos deles nin de lonxe) e, ademais, a maior parte dos seus autores descoñecen estes estándares e, polo tanto, non os trasladan aos contidos que publican (artigos e comentarios). Conscientes desta carencia, TADEGa ven de organizar unha serie de obradoiros de accesibilidade básica de contidos web pensados (non para re-deseñar os temas, que é asunto moito máis complexo que xa abordaremos máis adiante dende outra perspectiva), senón algo máis básico e sinxelo, para que quen suba e redacte contidos para as súas bitácoras, que estes contidos sexan plenamente accesibles. Nesta preparación dos obradoiros, atopámonos coa sorpresa de que en poucos días moita xente nos pediu poder participar neles e houbo que desdobrar convocatorias, lugares e datas. Así que, por se alguén quedou atrás, aquí vai o programa provisional. Cando e onde Talleres de accesibilidade básica de contidos web Nota: os enderezos electrónicos que se amosan nesta listaxe están descompostos engadindo espazos en branco a fin de evitar o correo lixo. Taller Nº 1 Lugar: Santiago de Compostela (CRA de Teo). Coordina: Susana Viqueira Cobas (SuViCo @ edu.xunta.es). Datas: sábado, 16 de febreiro (9 a 14 horas). Asistentes: Susana Viqueira Cobas. Belén Gómez Flores. Uxía Acuña Abalde. Ramón Xosé Rodríguez Orol. Rosa María Garrido Feijoo. María Begoña Salgado Bispo. Manuel Ángel Masaguer Rodríguez. Taller Nº 2 MATRÍCULA PECHADA POR SOBREPASAR OS LÍMITES DO AFORO. Lugar: Pontevedra (CFR de Pontevedra) – Centro de Formación e Recursos de Pontevedra (Rúa Celso Emilio Ferreiro). Coordina: María Belén Junquera Méndez (BelenJunquera @ gmail.com). Datas: sábado, 23 de febreiro (9 a 14 horas). Asistentes: Ana Belén Domínguez Besada. María Belén Junquera Méndez. Abraham Ignacio Domínguez Cuña. Ánxeles Rivela Machado. María Luz Besada Pérez. Nuria Fernández Fariñas. Inés Casal Barreiro. Cristina Campos Pérez. Xose Antón Vicente. Silvia Iglesias Lago. José Antonio Otero Piñeiro. Alexandre Cortés Ayaso. Begoña Otero. Mª Carmen Rodríguez Montegrifo. Natividad Bouzas Carneiro. Francisco César Díaz. Iago José Corral López. María Areán Fernández David Romero Queiruga. Silvia Fernández Kraemer. Laura Montenegro Fernández. Carmen Paz López. Vicente Sánchez Martín. Elda

Ler máis

Congreso TecnoNEEt 2008

[D-312] Unha magnífica noticia Como xa recollen nos seus respectivos cadernos de bitácora de Javier Soto, Domingo Méndez ou Celestino Arteta, TADEGa súmase cargada de ilusión ao lanzamento do V Congreso Nacional de Tecnoloxía Educativa e Atención á Diversidade (TecnoNEEt) e que este ano conflúe coas III Xornadas Nacionais de Logopedia Dixital. Baixo o lema A igualdade de oportunidades no mundo dixital, o Congreso celebrarase no Campus da Muralla do Mar da Universidade Politécnica de Cartaxena (Cartaxena, Murcia, España), os días 18, 19 e 20 de setembro de 2008. Trátase, sen ningunha dúbida, dunha cita imprescindible para todos aqueles que traballan no ámbito das TIC e a diversidade, do obradoiro de encontro e discusión para profesionais, usuarios e familias e que, xa na súa anterior edición (2006), congregou a máis de 600 profesionais de España e América Latina. E permitídenos un apunte final algo doce: foi precisamente o congreso que facilitou as vimbias para o nacemento de TADEGa, pois os galegos que alí estabamos, sentimos que xa era hora de que a nosa terra tamén tivese o seu referente no mundo das TIC para a Atención á Diversidade. É unha cita obrigada como ben din estes compañeiros. Alí estaremos e alí esperámosvos. Áreas temáticas Vede aquí unha escolma das súas áreas temáticas para facervos unha idea das calidades postas en marcha desde este magnífico congreso: Contorna educativa Tecnoloxías para o desenvolvemento das competencias básicas. Tecnoloxías para a estimulación multisensorial. Tecnoloxías para a rehabilitación/habilitación da linguaxe. Tecnoloxías para a Comunicación Aumentativa. Tecnoloxías para as necesidades educativas especiais. Tecnoloxías para o alumnado con altas capacidades intelectuais. Contorna asistencial, laboral e de lecer Tecnoloxías para a vida independente: domótica, robótica e teleasistencia. Tecnoloxías para a inserción laboral. Tecnoloxías para o lecer e o tempo libre. Contorna profesional Interacción da persoa coa tecnoloxía. Tecnoloxías e protocolos para a avaliación funcional da persoa. Integración curricular das TIC. Investigación, innovación e formación en tecnoloxías de apoio. Contornas virtuais de ensino e aprendizaxe. Redes sociais en internet sobre tecnoloxías de apoio. Marco teórico e institucional Accesibilidade universal, deseño para todos, e igualdade de oportunidades. Políticas educativas sobre tecnoloxía e atención á diversidade. Novos paradigmas e tecnoloxías emerxentes. Non vos esquezades; é unha cita imprescindible: http://congreso.tecnoneet.org/

TIC para la igualdad

(Aviso: Artigo en castelán – Artículo en castellano) [es] [D-311] Presentación Vivimos en una sociedad democrática, plural y multidimensional; en la era del conocimiento. Esta es una realidad que no podemos negar y que no nos deja indiferentes. Que la atención a la diversidad es un derecho es otra realidad innegable al igual que el hecho de que cualquier persona con discapacidad debe contar con las mismas oportunidades de acceso a la información. Dicha atención a la diversidad no puede quedarse en una declaración de intenciones, por tanto, las Tecnologías de la Información y la Comunicación (TIC) no deben convertirse en un elemento más de marginación y discriminación a nivel educativo, laboral y social. Desde esta perspectiva, los autores consideran que las TIC constituyen un recurso importante, a veces imprescindible, para el desarrollo integral y profesional de las personas con discapacidad. De igual forma, el uso didáctico de los medios tecnológicos para atender la diversidad posibilita ofrecer una respuesta real y más acorde con las exigencias y demandas actuales para todos los alumnos. Este libro realiza un análisis acerca de las Tecnologías de la Información y Comunicación que están a disposición de las personas con determinados tipos de discapacidad en el contexto educativo. Contenido Capítulo 1. Las tic como elementos en la atención a la diversidad.La atención a la diversidad a través de las tic. Capítulo 2. Las tic y la diversidad auditiva. Capítulo 3. Las tic y la diversidad motórica. Capítulo 4. Las tic y la diversidad visual. La tiflotecnología. Capítulo 5. Las tic y la diversidad cognitiva. Capítulo 6. Las tic y las necesidades derivadas de los problemasde conducta. Capítulo 7. Las tic en el marco de la educación compensatoria. Capítulo 8. La accesibilidad de las tic Capítulo 9. Las tic y la inserción laboral de los discapacitados. Más información Autores: Julio Cabero, Margarita Córdoba y José María Fernández ISBN(10): 8466574867 Editorial : Trillas-Eduforma