tecnoloxía, diversidade, accesibilidade

[D-716] O noso compañeiro Antonio, ven de facernos un proveitoso resumo que aparece na ultima revista Saudiña, “un reto na sociedade contemporánea”. Case todas as persoas, en maior ou menor medida, estamos presas nas redes do que se deu en chamar novas tecnoloxías. As novas tecnoloxías ou as tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) revolucionaron a organización administrativa e social na última metade do século XX e por suposto quedarán como elementos fundamentais para entender a cultura do século XXI. Dende o mundo da arte ata o da literatura, pasando polas diferentes disciplinas e xeitos de entender a vida, definen unha sociedade cada día máis plural e cambiante na que as TIC xogan un papel determinante. A pesar de que para unha gran parte da poboación levan anos sendo instrumentos de uso cotián, para outras moitas persoas seguen sendo ferramentas descoñecidas. tecnoloxia_diversidade_accesibilidade Publish at Scribd or explore others: Enlace á Revista Saudiña

Día concienciación sobre autismo.

2 abril Día Mundial para la concienciación sobre el Autismo (Aviso: Artigo en Castelán) [D-709] A menos de un mes para este día tan señalado entre los que nos movemos en este mundo, me gustaría dejar una pequeña muestra de la concienciación en una familia. Una niña habla sobre su hermanito con autismo. Es un cortometraje: Mi hermanito de la luna. Lo podéis ver en la página de la fundación Orange(1), está en Francés y subtitulado al Español. Ha ganado El Gran Premio y el Premio del Público del Festival Handica-Apicil 2007. Tenéis toda la información sobre el tema en el enlace: (1)Enlace al vídeo en la págína de la Fundación Orange

A cadeira “perfecta” para Brais.

Alumnos do instituto Calvo Sotelo facilitan a inclusión no ensino Autor: Irene Tomei Data de publicación: 21/2/2009 (La Voz de Galicia) [D-705] Os alumnos do instituto de Calvo Sotelo entregaron na mañá de onte unha cadeira escolar adaptada a un neno con discapacidade motora no colexio de educación especial Nosa Señora do Rosario, en Monelos. O que podería ser un acto anodino, estivo bañado por un elemento sorpresa: a cadeira fabricárona eles mesmos. A esta entrega non quixo faltar o delegado provincial de Educación, José Manuel Mouriz; e o xefe de Rehabilitación do hospital Teresa Herrera, Javier Cairo; así como a directora do colexio da nosa Señora do Rosario e os alumnos que fixeron posible o «agasallo» de Brais. A cadeira, que a primeira vista é normal -o que para os pedagogos é un valor engadido-, consta dun cinto, un repousa pés e un respaldo adaptable ás necesidades do pequeno. Miguel Campuzano, especialista en discapacidades motoras, explicaba que «lograr un bo produto final, é un traballo moi complicado», xa que «cada neno é moi distinto». Os alumnos dos ciclos medios de formación profesional de mecanizado e fabricación do instituto de Calvo Sotelo foron os que lle puxeron forma» ao asento de Brais, quen estaba encantado coa súa cadeira. «O asento adaptado», comenta Campuzano, «trátase dunha colaboración interdisciplinar e interinstitucional entre os profesionais da educación e da sanidade». Estes colaboran conxuntamente co obxectivo de elaborar o mobiliario adaptado para o alumnado coruñés con algunha discapacidade motriz. Os coordinadores do proxecto forman parte dun equipo de Orientación Específica da Coruña, no que participan profesores do instituto de Calvo Sotelo xunto a varios especialistas da Unidade de Axudas Técnicas á Comunicación, á vez que colaboran terapeutas da Unidade de Rehabilitación e Atención Temperá do Hospital Teresa Herrera dá Coruña. A iniciativa nace pola necesidade que teñen moitos alumnos con mobilidade reducida de dispor de cadeiras e mesas adaptadas para permanecer nas aulas en igualdade de condicións que os seus compañeiros. Este proxecto supón «unha dimensión moi nova», para os involucrados, quen ven fundamental «promocionar valores como a solidariedade ou a inclusión educativa». Esta experiencia representa, para moitos profesores, unha «gran transcendencia para a vida do alumno ou a alumna que recibe o mobiliario adaptado». «E non só para eles -engaden os precursores-, senón tamén para os alumnos que participaron no acto, quen esta mañá se foron moi compracidos logo de ver a reacción de Brais». «Isto débese repetir», explicaba Christian Romeu, como representante dos alumnos do Calvo Sotelo. O alumno e os profesores do centro de educación especial A nosa Señora do Rosario mostrábanse «moi

Ler máis

XII Xornadas AGPETAL III Xornadas TADEGa

Unha vez pasadas as Xornadas, e os retallos organizativos que aínda quedan, iremos dixerindo todo o material, fotos, vídeos, contidos… que produciron as Xornadas. Hoxe o vídeo do Proxecto Foro TecnoNEEt (1), logros e perspectivas de futuro; e tamén o PowerPoint lo Lobo Feroz (2) que Borja de BJ-Adaptaciones (3) dixo que nos deixaba. Grazas a todas e a todos. [D-702] Ligazons (1)Ligazón á web do Foro TecnoNEEt (2)Ligazón ao PowerPoint “La Historia do Gran Lobo Feroz” (3)Ligazón á web de BJ Adaptaciones (4)Ligazón ao álbum de fotos de Picasa das Xornadas

O profesorado ten que cambiar o chip

“Que aterrice un ordenador na escola non quere dicir que todo o mundo o vaia a empregar inmediatamente. Hai un tempo de adaptación” [D-700] Un dos seus alumnos preguntoulle se facía maxia, porque a pizarra na que escribía podía converterse nun camiño que abre paso cara ao universo. O profesor Juan Fernández é o presidente da asociación Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega (TADEGa), unha entidade que celebra ata hoxe na cidade as xornadas Inclusión dixital nas aulas: audición, linguaxe e comunicación, xunto á Universidade. -Que temas tratan nas xornadas? -Están dirixidas a profesores que traballan con nenos que teñen problemas de xordeira ou de audición. TADEGa ocúpase do uso das novas tecnoloxías no aula cando se fala de discapacidade; non só da xordeira. Os relatorios versan sobre o implante coclear, sobre sistemas alternativos de comunicación que, con pictogramas, permítennos relacionarnos e comunicarnos con persoas con discapacidade e é que, algunhas veces, a comunicación coa palabra resulta imposible, ben por problemas físicos ou por unha discapacidade intelectual moi forte; entón hai que buscar sistemas alternativos. Hai uns programas informáticos que permiten que eses debuxos con mensaxes, que son os pictogramas, póidanse utilizar no aula e nas casas. O obxectivo é vertebrar as novas tecnoloxías no aula. -Que importancia teñen as novas tecnoloxías no ensino de alumnos con discapacidades? -Son fundamentais. Dannos acceso a ofrecer unha serie de servizos que antes eran impensables. A educación coas novas tecnoloxías avanza pero, en temas de discapacidade, aínda imos a remolque. -Como reciben os nenos a introdución destas técnicas de aprendizaxe? -A cara xeral é a do asombro total. Veño de dar clase en Pote do Porto, un pobo pequeno, próximo a Camariñas e, un dos nenos díxome: “Profe, fai maxia”, cando viu a pizarra interactiva. Iso resúmeo todo. Están plenamente asombrados. En lugar de ter que ir a un locutorio a ver algo en internet, xa llo levamos nós. Sen moverse do pupitre, poden ver unha fotografía da súa casa desde o aire, o sistema solar e calquera cousa que poidas imaxinarche. -Chegan os recursos das novas tecnoloxías a todos os lugares? -En pizarra dixital estamos bastante avanzados. Estanse introducindo as novas tecnoloxías desde fai un tempo aínda que, ás veces, levamos un ritmo demasiado lento; está cambiando, pero é un sarampión xenérico, xa que o feito de que aterre un computador na escola non quere dicir que todo o mundo vaia utilizalo inmediatamente. Hai períodos de formación e de adaptación, porque o profesor ten que cambiar de chip e aprender a preparar as clases utilizando a tecnoloxía e esquecerse do xeito en

Ler máis

Autoformación TADEGA

[D-696] I Cea-Coloquio en torno ao Encerado Dixital Interactivo (CEDI) Dentro do remuíño de ideas que os compañeiros e compañeiras de TADEGa tivemos no fin de curso en Taramundi, expúxose a idea de realizar unha serie de encontros, con mesa e mantel, ao redor dun centro de interese, coa participación dun experto no tema a difundir, dentro das tecnoloxías de atención á diversidade. Seguido coloquio participativo sen mais protocolo que a achega de todos. Di o dito popular que dun casamento sae outro casamento , ao que agora teriamos que engadir , que cada reunión de TADEGa, abre o camiño a un novo proxecto ,e así foi …., da Nosa Asemblea no MUPEGA saíu a semente da primeira Cea “CEDI” a celebrar na Escola de Campos, baixo a incomparable batuta da Mestra Belén Junquera. Foi o 30 de Xaneiro, cando a Escola de Campos, a miña escola, foi visitada por 20 Taguedianos e Tadeguianas. Nunca ata agora unha escola rural fóra escenario dunha Docencia para docentes, onde só a Mestría do Relator cegou a un grupo mixto de expertos, mesturados con mestres peóns, no seu bautizo fronte a un EDI. Todo o meu nerviosismo organizativo esfumouse, cando Belén abriu a caixa das esencias para con naturalidade e dinamismo marabillarnos coa súa sinxeleza, coa cordura dun relato ben trenzado cheo de matices didácticos. que deixaban no aire mil propostas de mil actividades diferentes. Din que o bo Mestre non é aquel que sabe moito , senón o que é capaz de transmitir coñecementos , de buscar aprendizaxes significativos e facer que o todo sexa mais que a suma das partes. Así percorremos Galerías de Imaxes, actividades de deseño, onde a creatividade da mestra abre portas á imaxinación do/a alumno/a, ferramentas para ensinar a facer, ensinar a ser e ensinar a estar, funcións principais, novidades do SMART Notebook 10, Activity Toolkit… e un moi longo etcétera. Tres horas que foron minutos nun clima permanente de maxia e complicidade. O recreo coloquio, con denominación de orixe TADEGa , puxo o broche de ouro a unha xornada de venres, nunha pequena escola que abriu as súas portas ata a madrugada. Ao abrir de nova a escola o Luns resoaban nas súas paredes as palabras máxicas de Belén Junquera, que sensación…unhas palabras resoaron nos meus oídos “ Rapaces, isto é como as Natillas… cando queirades repetimos…” Grazas, grazas TADEGa. Ligazons Documento pdf co resumo do Activity Toolkit.

Conclusións Tecnoneet 2008

[D-691] Ola a todas e todos. Comprácenos comunicarvos que, tras algunhas discusións nos comités encargados na súa elaboración, remítennos o documento definitivo de Conclusións do V Congreso Tecnoneet 2008. O colectivo tadeguiano en xeral sintese moi orgulloso diste documento no que traballaron activamente e, en especial o noso Juan. Noraboa Presi Acceso ao documento

Xornada Autismo Galicia II

Ademais de coñecer a ferramenta coa que Autismo Galicia e os seus socios, poden xestionar o seu traballo, e os seus recursos: A Plataforma Tecnolóxica (1) (2). E ter a honra de escoitar en directo ao creador do Zac (3) (4), a aplicación que permite a nenos con e sen NEAE pasar un intre divertido á vez que dar unha tranquilidade aos seus pais ante o uso do computador, posto que bloquea as funcións do teclado e as opcións da pantalla que non son necesarias para o xogo, música, vídeo ou conto co que o neno está interactuando. E escoitar novamente que pronto estará dispoñible a nova versión do Zac, na que se poderán incluír enláces das páxinas de Internet preferidas do propio usuario, como os que TADEGa foi recompilando con entusiasmo e que agradecemos enormemente sexan tidos en conta nesta a súa próxima versión, na que esperamos ter a ocasión de poder colaborar no que estimen oportuno. E ademais de coñecer o traballo que as Universidades da Coruña (5), con respecto á diversidade funcional, a Universidade de Valencia (6), coa súa coñecida habitación dos pictogramas e o seu tic-tac, ou a Universidade de Zaragoza (7) cos proxectos Prelingua, Vocaliza, ou Cóntame, e todo o que se me escapa, desculpádeme, pero non son unha cinta gravadora (8), tivemos a ocasión de coñecer algo realmente interesante, algo que espero transmitirvos aquí da forma que eu o sentín. Trátase da aplicación web para o método baseado na PCP, Planificación Centrada na Persoa, tamén da Universidade de Valencia. Raquel Abellán, fixo unha magnífica presentación dun traballo que pronto estará dispoñible libremente. Na actualidade pódese visionar a demo e solicitar a clave de acceso, que esperan en breve poder enviar, en canto teñan terminado o proxecto. Vou intentar facer a miña propia versión disto que se chama Planificación Centrada na Persoa, desde a miña ignorancia. Desculpádeme as posibles expresións inadecuadas que poida dar, pero é a forma en como eu o vin. Temos unha personita, sobre ela e para ela imos traballar. Necesitamos un grupo de traballo próximo a esta persoa para ir fixando os seus soños. Para conseguir os soños será necesario fixarse uns obxectivos. Pero estes soños son os soños da persoa, non os dos seus familiares nin os dos seus amigos, nin os dos profesionais que a rodean, senón os seus propios soños, e sobre isto é sobre o que imos traballar con esta planificación. Xestionaremos as reunións entre diversos membros do grupo, xestionaremos unha serie de documentación na páxina web, que estará baixo clave de acceso. Utilizaranse apoios visuais, e realizarase o

Ler máis

Xornada Autismo Galicia

Universidade de Filosofía, Santiago de Compostela, 4:30 da tarde do sábado 13 de Decembro de 2008, día de Santa Lucía. No salón de actos da Facultade tres taguedian@s ante un auditorio convoGcado por Autismo alicia, apáganse as luces e xorden as palabras, seguras e claras, de Juan para cortar o aire con simplicidade poñendo sobre a mesa accesibilidade, usabilidade, colaboración, inclusión… desde a perspectiva de TADEGa como sitio para todas e para todos ónde compartir recursos e ferramentas… onde a única diferenza que nos separa é o nome de acceso e o contrasinal..[D-650-1] Logo Susana, tirando de recursos ante a lei de Murphy, deunos un paseo penso que maxistral, sobre a implicación dunha profesional do ensino , mestra de infantil, no traballo del día a día na aula onde conviven, e aprenden a aprender 11 nenos e nenas diversos/as e diferentes, onde interactúan entre eles para ser e estar compartindo saberes … onde a introdución das TIC na aula, como recurso, amósanos o profundo potencial que teñen na motivación do alumnado na tarefa … Susana deixounos na retina unha pequena mostra dun gran traballo…[D-650-2] Inés, amosounos o outro lado da comunidade de aprendizaxe, meteunos a plan na súa casa, para compartir con nós a dedicación, a implicación e a constancia dunha nai na educación dos seus fillos, cunha traxectoria de traballo por compartir e facer participe ao auditorio a realidade, a visión do mundo aos ollos de Iago, do seu blog, das posibilidades que estes ofrecen, a importancia de non quedar sos na loita, senón de abrir o seu mundo aos demais e facelos participes duna realidade, de loitar pola supresión de barreiras legais en torno ao dereito de uso dos pictogramas, da importancia de poñer a disposición dos nosos fillos e alumnado todas as ferramentas dispoñibles sen deterse polos costos ou, o que é máis triste polas barreiras da burocracia e o copyright… graciñas Inés por compartilo con nós. [D-650-3] Ao final, un amigo, un vello amigo, preguntoume… e ti, que fas aquí? Eu simplemente contestei con orgullo… Eu tamén son de TADEGa. Graciñas aos tres, por ser e estar. Manuel Ligazóns Páxina de Autismo Galicia Páxina de Documentación das Xornadas Autismo Galicia

Non hai billetes!

¡NON HAI BILLETES! ¡Matrícula pechada por fin de prazas no aforo! Pois iso. Que non hai billetes, que non quedan prazas no aforo do salón de actos e que tivemos que pechar a matrícula nas xornadas porque se esgotaron todas as dispoñíbeis cunha anticipación coa que non contabamos. Por unha banda sentimos moito ter que pechar as matrículas para os que, a última hora, estiveran máis interesados en matricularse; aínda que pola outra, estamos sorpendidos de obter un éxito semellante. Grazas a todas e todos polo voso interese, faremos canto esté na nosa man para estar a altura das espectativas e máis aínda. XII Xornadas AGPETAL e III Xornadas TADEGa 2009 [D-667] Os días 13 e 14 de febreiro de 2009, terá lugar na facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (campus de Elviña) as XII Xornadas AGPETAL e as III Xornadas TADEGa 2009, organizadas por ambas asociacións e o Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña. Dende esta asociación temos posto moito interese e ilusión pola posta en marcha destas xornadas con contidos de calidade e coa intención de que teñan ademais, un forte carácter práctico para todo o profesorado inmerso na problemática dos problemas da comunicación dentro do mundo da diversidade funcional