Ante todo pulcritude…

<—inicio do documento—> 😉

[D]

O tema das ferramentas web ten o seu aquel… a verdade, a primeira vista, o deseño dunha ferramenta ou páxina é o que máis impacta pero o importate está na porta traseira, no backdoor, os códigos, as linguaxes de programación.

Ajax, php, css, html, asp, cgi, xml, swf, java…

Familias é familias deles que dependendo do seu bo uso a ferramenta optimizarase en operatividade e funcionalidade.

Moreas e moreas de códigos respaldan as nosas páxinas preferidas que de maneira constante necesitan un mantemento, unha corrección, unha limpeza!

Moito sabe desto o noso compañeiro Juan; da xente que coñezo é o máis «limpo» en isto de traballar con códigos, o «Mr. Proper» da web, as sentenzas, variables, operadores… limpiñas de toda faragulla de código lixo ou de estándares poco convencionais… todo en aras a iso… da accesibilidade (http://www.xunta.es/accesibilidade), concepto que ten o seu recoñecemento no premio devandito (www.premioseganet.com) e do cal un altísimo peso específico ten este «tadeguiano».

Ferramentas en aras a unha maior accesibilidade temos a moreas (http://www.w3.org/WAI/ER/tools/complete), aínda que particularmente gosto moito do firebug (http://www.getfirebug.com) pola súa sinxeleza e integración.

Con todo o componente humano é ineludible. A accesibilidade é pois un constructo para persoas feito por persoas.

Nota: Esperemos que o noso compañeiro sexa tan pulcriño en tódolos eidos da vida, deberás ser unha xoia!

<—fin do documento—>

Compartir esta publicacion

1 Comentario

  1. Graciñas Abraham… Vasme pór colorado…

Deje un Comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

You may use these HTML etiquetas y atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.