Tadega xa ten un banco multimedia

[D-240] E medra, e medra, e medra… en contidos ésta, a nosa plataforma. O noso compañeiro Felo, ofrecenos un increíble banco de documentos multimedia de case 4000 elementos onde podemos atopar, imaxes, vídeos e sons dos Sistemas Aumentativos de Comunicación máis utilizados na Atención á Diversidade: SPC: Sistema Pictográfico de Comunicación. Proxecto CARE. Proxecto SCLERA Sistema Bimodal. Lingua de señas. (E máis que iran vindo). Unha abafante enchenta de recursos

Ler máis

Crea webs accesibles

[D-238-1] Campaña Crea Webs Accesibles Esta é unha campaña creada por Eugenia na súa bitácora http://www.elrallador.info/campana/ que non ten outro obxectivo máis que difundir e concienciar a todos sobre a importancia de crear sitios accesibles. A pesar de que non teño por costume participar en campañas do tipo corre a voz neste caso paréceme unha excelente iniciativa que, de consolidarse mínimamente, podería ser un pequeno rebulsivo para moitos que seguen

Ler máis

Éxito no tratamento da dislexia

[D-230] Springboard for Children é unha organización benéfica fundada en 1992 nunha escola primaria de Peckham, sudeste de Londres que está a traballar de xeito eficaz no tratamento das dificultades na aprendizaxe da lectura e a escrita. Debido ós bos resultados, a experiencia extendeuse a unha ducia de escolas de zonas socialmente desfavorecidas nas cidades de Londres e Manchester. Este proxecto pioneiro no Reino Unido está a ter un gran

Ler máis

Podo!

[D-231] Quéredes un debate na aula? Apetécevos que o voso pálpito aletexe con máis gañas? Queredes ter unha referencia para cando as forzas menguan aínda que sexa por motivos banais? Aquí vos deixo unha semente. Velaiquí a historia: Na Australia hai unha proba atlética moi famosa que se chama Ironman (home de aceiro) que consiste en: Nadar no mar 4 quilómetros durante o frío da mañán. Continuar cunha bicicleta en

Ler máis

Asomarse ao autismo

[D-229] Eu non sei como pensan os demais sobre todo isto da discapacidade e sobre cada un dos seus aspectos. Supoño que cada quen faise unha idea propia sobre como viven as persoas con discapacidade ou como sinten, tanto eles como os seus familiares máis achegados, ou tamén, que podemos ou debemos facer, ou como nos debemos conducir, os que non coñecemos estas situacións de primeira man. O certo é

Ler máis

Tradutor de documentos para cegos

[D-225] Acordo para o desenvolvemento dun tradutor de documentos para cegos de Microsoft Microsoft e o consorcio de audiolibros dixitais DAISY (Dixital Accessible Information System) traballarán para desenvolver conxuntamente nunha ferramenta de tradución para cegos que traducirá os documentos de Microsoft Word a un estándar de audio dixital. Ambas as organizacións afirmaron que a súa colaboración está destinada a desenvolver un plugin descargable gratuíto que traduza documentos baseados no formato

Ler máis

Xornadas técnicas de accesibilidade e usabilidade

[D-224] EGANET (asociación sen ánimo de lucro, formada por empresas e profesionais galegos do sector de Internet e as novas tecnoloxías) ven de informarnos na súa páxina web (www.eganet.org) de 2 eventos de suma importancia no ámbito galego. 26 e 27 de novembro de 2007, curso Accesibilidade Web organizado por EGANET cunha duración de 16 horas, destinado a profesionais con coñecementos intermedios de desenvolvemento de aplicacións web, a se celebrar

Ler máis

Parálise cerebral e deficiencias afíns

[D-222] Por medio da bitácora amiga AEDIR (Asociación de Educación e Diversidade da Rioxa), tomamos nota das Xornadas Técnicas que ASPACE-A Rioxa (Asociación de atención ás persoas con Parálise Cerebral e afíns desta comunidade) vai celebrar na súa universidade. Trátase dunhas xornadas técnicas de ámbito universitario nas que un dos días adícanse a desenvolver a temática do uso e aproveitamento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) para este

Ler máis

EDIGa de noraboa

[D-221] Veño de saber que EDIGa foi premiada na recente edición do SIMO co premio á Mellor web colaborativa do 2007. Só cabe aledarse por tan boa nova e enviarlles a todos os seus integrantes as nosas máis fondas felicitacións e parabéns. Sabemos todos os de TADEGa, que non é un premio sen esforzo. Ogallá sexa só un dos primeiros recoñecementos ao seu traballo e entrega.

Discapacidade intelectual e saúde mental

[D-217] O I Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental terá lugar o venres, día 16 de novembro, no hotel Torres de Compostela nesa localidade coruñesa. Esta actividade forma parte do Programa Desvantaxe Social que, xunto coa colaboración do Grupo de Traballo sobre Trastornos Mentais e/ou Alteracións de Conduta, ven traballando estes últimos anos para mellorar a atención que reciben as persoas con discapacidade intelectual e trastornos da saúde mental.

Ler máis