Lexislación educativa e Venancio Graña

Presentación [D-545] Facía ben tempo que quería traer aquí a un gran amigo. Deses amigos con maiúsculas, un mestre cuxa foto non aparece no Google, nin falta que fai, pero que é un mestre destes que nunca esqueces, dos que asinas onde sexa para que lle fagan un monumento polo moito que o ten merecido. De maior gustaríame ser como el. Chámase Venancio Graña, mestre e director nun centro de educación infantil e primaria de Coruña. Tráioo a colación porque é un dos maiores expertos en materia de lexislación educativa galega (1) e (2). Materia tan seria (din algúns) e tan importante porque marca o rumbo que han de seguir os ensinos e as/os ensinantes. Non fai moito que lle fixen unha serie de preguntas sobre dous aspectos lexislativos que, por motivos diferentes, ándannos a preocupar nos colexios. Mandoume a súa xenerosa resposta e pedinlle permiso para publicala. E aquí vola traio para compartila con quen a precise libre e desinteresadamente. Graciñas Venancio. Sobre a privacidade en vídeos e fotos do alumnado para ser publicados na Internet Ten xurdido en numerosas ocasións as vivas discusións sobre como actuar ante a polémica da privacidade dos alumnos cando se publican as súas fotos ou vídeos, xa non só nos taboleiros do colexio, senón tamén cando se fan copias das mesmas para mandar ás casas ou cando se publican na Internet. Resulta así un conflito entre a necesaria privacidade e o dereito á intimidade fronte ao dereito de difundir e dar a coñecer as actividades que se fan na escola. Deixámosvos un enlace (3) a un documento que podedes descargar no que se fai unha análise moi a conciencia do asunto contrastando diferentes pareceres de fontes solventes e autorizadas. Sobre a elección dos consellos escolares neste curso Hai eleccións aos consellos escolares en Galicia este curso. Un proceso democrático de eleccións que, sobre o papel, debúxase moi bonito, pero que na realidade está cheo de quilométricas etapas burocráticas que pesan como lousas nos equipos directivos e nas persoas encargadas de levalas a cabo. O caso é que Venancio xa ven publicando ao longo de 12 anos un exquisito manual a través da asociación de directores de centros públicos na que traballa e da que hoxe é o seu presidente. Un manual listo para ser impreso e que só precisa dunha lectura seguindo o calendario marcado para ter todo feito e listo cunha simplicidade impresionante, recoméndovos a súa descarga (4) para todos aqueles centros (equipos directivos) que aínda non o teñades, xa que será unha valiosa axuda. Nova Orde sobre permisos e licenzas do profesorado público

Ler máis

XXV Concurso ONCE, certamen escolar

[D-547] Ista 25ª edición adícase ao sistema braille de lectoescritura. Para concursar, os alumnos crearán un cartel que exprese o que o sistema braille é para as persoas cegas. Data inscripción: antes do 20 de Outubro Enlaces relacionados (1) Información e inscripcións (www.ConcursoEscolarOnce.es). (2) Descargar folleto en formato PDF.

I Congreso Internacional Autismo

[D-543] Os próximos días 17 e 18 de outubro de 2008 celébrase en Murcia (España), o I Congreso Internacional de Autismo, co obxectivo de constituírse en foro de encontro e discusión a profesionais, sanitarios, educativos e dos servizos sociais, e familias, que permita difundir e compartir os seus coñecementos, experiencias e investigacións sobre o alumnado con Trastornos do Espectro Autista. Neste marco, o noso compañeiro e profesor Manuel Gómez Villa, director do Centro de Educación Especial O Bo Pastor de Cieza, presidente de Divertic e coordinador do proxecto Aumentativa.net, impartirá un relatorio sobre Sistemas de Comunicación Aumentativa en nenos con autismo na que mostrará as posibilidades do sistema CAR como recurso e apoio á comunicación. Enlaces que se citan Web de Aumentativa www.congresoautismo.es

Obradoiro EDI no V Tecnoneet: EDIGa

No pasado V Congreso Tecnoneet, a nosa plataforma irmá EDIGA levou un obradoiro do “Emprego do Encerado Dixital Interactivo: a experiencia EDIGa”, a ausencia no último momento do compañeiro Abraham fixo que dúas fermosas tadeguianas deixaran o listón nunhos parámetros tan altos que tardaremos en ver… e todo isto no evento referente a nivel nacional no canto das TIC e á Diversidade se refire cunha inscricion de caseque 1000 asistentes. TADEGa seguirá apoiando ao noso irmá no que precise, parabéns a EDIGA, grazas TECNONEET. [D-542] Enlaces relacionados (1) Obradoiro “A Experiencia EDIGA” (2) V Congreso TECNONEET (3) Encerado Dixital Interactivo Galicia

Protocolo sanitario para pacientes con autismo

[D-541] Existe un Protocolo Sanitario para a atención de persoas con trastornos do espectro autista, que ainda que pareza incrible, non é fácil de atopar. Está editado por Autismo Galicia (1) coa colaboración da Consellería de Sanidade, Servizo Galego de Saúde, e deixámolo aquí para que, na medida do posible de cada un, axudedes a difundilo entre as familias de persoas con este trastorno. Enlaces que se citan (1) http://www.autismogalicia.org (2) http://www.scribd.com/doc/6061355/Protocolo-Sanitario-TEA

Stand galego no Tecnoneet

Comenza a resaca do Tecnoneet, do que daremos cumprida conta de todo o que aconteceu alí creando unha páxina propia. Nela iremos poñendo as impresións, documentos, vídeos… do que alí vimos. Así que estade moi atentos 😉 Como mostra ahí vai unha perla: [D-539] Enlaces que se citan http://congreso.tecnoneet.org/ https://tadega.net/Bitacora/v-congreso-tecnoneet/

Aumentativa.net

[D-536-1] Un regaliño para os nosos “marcianos” que tanto se acordaron de nós, de feito na clase estamos encantados co emprego da ferramenta que poñen á nosa disposición para traballar a comunicación. Temos que mellorar a realización dos vídeos, pero mirade de que xeito tan sinxelo podemos traballar frases e facer actividades Flash para traballar no ordenador. Moitas grazas compañeiros, unha grande aperta. [D-536-2] Enlaces que se citan Web de Aumentativa

Tifloinnova

[D-530] Benvidos a TifloInnova 2008, o mellor escaparate do momento no que se mostrarán as últimas novidades, produtos e tendencias tecnolóxicas dispoñibles no mercado mundial, dirixidas ás persoas cegas e con discapacidade visual, organizada polo Centro de Investigación, Desenvolvemento e Aplicación Tiflotécnica (CIDAT) da ONCE. Neste seu segunda edición, TifloInnova 2008 nace da inquietude de crear un punto de encontro dinámico entre desenvolvedores, fabricantes e distribuidores de software, hardware e de todo tipo de produtos tiflotecnológicos cos seus usuarios, familiares e profesionais relacionados coa educación, o emprego, a rehabilitación, o ocio e a vida diaria das persoas con discapacidade visual. Exposicións, talleres, demostracións, presentacións prácticas… Todo un mundo de avances que achegarán a tiflotecnología aos visitantes, quen poderán percibila como algo cotián, sinxelo e próxima á realidade. Lugar de celebración Centro de Recursos Educativos de ONCE Paseo de la Habana, 208 – 28036 MADRID Datas e horarios: 21 e 22 de novembro de 2008 de 10:00 a 20:00 h. 23 de novembro de 2008 de 10:00 a 15:00 h. Entrada libre e gratuíta para todos os visitantes. Enlaces relacionados (1) Enlace á Exposición Internacional Tiflotecnoloxía: http://tifloinnova2008.once.es/ (2) Enlace aos contidos dos expositores: http://tifloinnova2008.once.es/index.cfm?id=37&nivel=2

Gaudi… aí veñen os automatismos!

[D-533] O meu Deus, seica tiña as falanxes oxidadas de non escribir nada por estes lares; retomando o pulo das miñas sindicacións abraiome co novo invento de Google, GAUDI (Acrónimo inglés de Google Audio Indexing) (1), mil e unha posibilidades ten para as Necesidades Educativas Especiais, a bote pronto a subtitulación automática dos vídeos que permitirá dobrar os diálogos, identificar sons e darlle verbas. Con estas ferramentas, todo é visualmente maís accesible!!!. Esperamos impacientes unha nova ferramenta de interpretación gráfica. Enlaces relacionados : (1) Enlace a Gaudi (Google Audio Indexing): http://labs.google.com/gaudi

NAVEGADOR ZAC E SMARTBOARD

Xa sabedes que hai unha equipa de TADEGA da que tiran Mamiago e Uxía e que, con tanto traballiño, están a traducir ao galego e facendo acopio de canto recurso hai na nosa lingua, para sacar canto antes a version galego do Navegador Zac (Antes do que pensades, por certo). Para os que non o coñezades, o ZAC é o primeiro navegador desenvolvido específicamente para persoas con autismo e espectro autista. Iste navegador creouse para os nenos, para o seu divertimento, enriquecemento e liberdade. Os nenos o proba, empregan, xogan e interactúan con él, e experimentan a súa autonomía perante ZAC. Aínda nos queda moito que practicar, pero os alumnos -mesmo os que teñen maiores necesidades de apoio- poden ter un momento na escola no que elixir eles mesmos que vídeo, xogo, música ou historias queren mirar; o complemento perfecto para interactuar directamente co dedo no EDI. E é aqui onde quero resaltar o valor educativo do ZAC tamén na escola, porque convírtese nunha motivación moi importante para todos os alumnos mesmo sen autismo. [D-532]