Síndrome de Down: Lectura y escritura

O libro de María Victoria Troncoso e María Mercedes del Cerro, da Fundación Síndrome de Down de Cantabria supuxo no seu día un magnífico recurso de traballo dende 1998. A nova é que agora está tamén dispoñible on-line así como as fichas en formato PowerPoint y Pdf. Tedes todo o material e o proxecto no enlace de Internet: www.down21.org/educ_psc/material/librolectura

Préstamo tecnolóxico TADEGa (actualización II)

Seguimos co servizo de “préstamo tecnolóxico” na Educación Galega e parecemos aboados a unha única marca pero vaia por diante que non hai relacion algunha e so tratar de achegar os aparellos que nos parecen mais axeitados para un uso dentro, por e para as aulas. A novidade: http://www.geekets.com/2009/06/16/asus-t91-un-tablet-netbook-muy-interesante/ (Exemplo pasado do préstamo do EeeTop)”Tivemos durante uns días unha nova ferramenta de traballo, un ordenador con pantalla táctil, grazas a

Ler máis

II Curso de Dislexia

Dende a Universidade de Santiago de Compostela enviannos información de interese sobre un curso de verán recoñecido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (véxase díptico en documento adxunto). O curso versa sobre a dislexia, unha dificultade da lectura e escritura que presenta un número considerable de alumnos e, pola contra, unha problemática bastante descoñecida por parte dos profesionais da educación. O evento terá lugar en

Ler máis

Xornada dereitos humanos

Ola compañeiros, o vindeiro mércores celébrase en Vigo unha xornada sobre Dereitos Humanos, estades todos e todas convidados. Adxúntovos o cartel e o programa. A tadeguiana Cuca ten unha breve intervención… agardamos que non se poña moi nerviosa 😉 Tamén vos pedimos que lle désedes a isto a maior difusión posible pois esta xentiña está a traballar moito pola mellora da calidade de vida das persoas con Diversidade Funcional. Documento

Ler máis

XII Xornadas AGPETAL III Xornadas TADEGa

Unha vez pasadas as Xornadas, e os retallos organizativos que aínda quedan, iremos dixerindo todo o material, fotos, vídeos, contidos… que produciron as Xornadas. Hoxe o vídeo do Proxecto Foro TecnoNEEt (1), logros e perspectivas de futuro; e tamén o PowerPoint lo Lobo Feroz (2) que Borja de BJ-Adaptaciones (3) dixo que nos deixaba. Grazas a todas e a todos. [D-702] Ligazons (1)Ligazón á web do Foro TecnoNEEt (2)Ligazón ao

Ler máis

Conclusións Tecnoneet 2008

[D-691] Ola a todas e todos. Comprácenos comunicarvos que, tras algunhas discusións nos comités encargados na súa elaboración, remítennos o documento definitivo de Conclusións do V Congreso Tecnoneet 2008. O colectivo tadeguiano en xeral sintese moi orgulloso diste documento no que traballaron activamente e, en especial o noso Juan. Noraboa Presi Acceso ao documento

Xornadas AGPETAL-TADEGa

XII Xornadas AGPETAL e III Xornadas TADEGa 2009 [D-667] Os días 13 e 14 de febreiro de 2009, terá lugar na facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (campus de Elviña) as XII Xornadas AGPETAL e as III Xornadas TADEGa 2009, organizadas por ambas asociacións e o Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña. Dende esta asociación temos posto moito

Ler máis

Bo Nadal

[D-629] Xa estamos nestas entrañables datas nas que gostamos de estar coas persoas achegadas, as mais queridas e a familia. Ista nova familia que nun ano de vida está a conformar un agarimoso lugar nos nosos corazóns, deséxavos unhas Felices Festas. Familia TADEGa.net

Ferramentas accesibilidade

[D-527-1] [D-527-2] Olá!! Quería compartir con vos dous ferramentas de accesibilidade web: Virtual Magnifying Glass (1): “É coma unha lupa”. Esta ferramenta permite aumentar zonas cunha una pequena lupa. Firefox Accessibility Extension (2): Fai Firefox mais accesible, xa que o complemento de accesibilidade de Mozilla/Firefox, fai mais doado para as persoas con diversidade ollar e navegar pola web. Os desarrolladores poden empregar o complemento para testear o emprego da estrutura

Ler máis

Congreso Internacional Síndrome de Asperger

[D-521] Os días 19, 20 e 21 de febreiro terá lugar na Facultade de Medicina da Universidade de Sevilla o II Congreso Internacional Síndrome de Asperger. O congreso vai dirixido a todos e todas os/as profesionais relacionados co estudio dos Trastornos del Desarrollo e tamén aberto a familiares e persoas interesadas no tema. O prazo de inscrición xa está aberto. Podedes consultar o programa na páxina web do congreso (1)

Ler máis