Altofalantes de vibración

Altofalantes de vibración

Características Os altofalantes convencionais funcionan de maneira tradicional, é dicir, contan cunha superficie que move o aire e crea diferenzas de presión ao ritmo do son que lle transmite un transductor ao transformar o sinal eléctrico en movemento físico. Os altofalantes de vibración, en cambio, converten calquera superficie nun resonador. Deste xeito obtemos diferentes calidades tímbricas en función do elemento (unha mesa, unha caixa, un cristal…) que utilicemos para obter resonancia. Ademais de conseguir boa calidade e potencia de son nun altofalante moi pequeno, os altofalantes de vibración, tamén chamados altofalantes sónicos, permiten experimentar coa percepción vibrotactil e a audición por vía ósea. Son excelentes tanto para o traballo en estimulación multisensorial como para facer re-educación de audición e linguaxe. Aínda que non son algo que un se atope habitualmente nas tendas, non son difíciles de conseguir, particularmente por Internet. Os modelos actuais inclúen avances como Bluetooth, batería interna, lector de cartóns microSD incorporado, radio, etc. Os prezos son moi variables e, en xeral, elevados se nos imos a marcas moi coñecidas. No entanto é posible conseguilos a prezos reducidos similares, senón idénticos, a outros de prezo superior. O altofalante de Amazon A modo de exemplo podemos mencionar este modelo, cun resultado máis que favorable na relación calidade-prezo: Enlace a www.amazon.es… O prezo, como vedes, é moi competitivo para un aparello que ten radio FM incorporada, admite tarxetas MicroSD (que le directamente) ten batería interna que se recarga (por tanto pode funcionar sen ningún cable ou, tamén, conectado de modo convencional). O altofalante do Colacao e dos 40 principais Pero se non necesitades tanta sofisticación, e esta é a estupenda noticia, tedes unha alternativa doada, cómoda e moi barata. Os envases de Cola-cao Turbo de 2,5 kg traen de agasallo un altofalante dos 40 principais de vibración. Funciona con dúas pilas AAA non incluídas. Recóllese nunha caixiña moi cómoda e funciona conectado ao computador. A súa calidade de son é razoable. Ten boa potencia de saída e, sobre todo, para facer estimulación vibrotactil vai xenial. E falamos de entre 13,00 € e 15,00 € dun paquete xigante de Colacao (e por riba quedádesvos co Colacao). Así que se queredes probar a ver se lle sacades partido eu non o dubidaría. Ten marxe de caducidade de máis de un ano. Fátima Mª García Doval.

XX Congreso FEPAL (actualización)

El XX Congreso Nacional FEPAL (Federación Española de Profesorado de Audición y Lenguaje), organizado por AGPETAL (Asociación Gallega de Profesorado Especializado en Técnicas de Audición y Lenguaje) en unión con otros profesionales, instituciones y asociaciones amigas con implicación en el área de la Educación, pretende ser un foro en el que expertos del ámbito educativo, administrativo, psicopedagógico y científico puedan intercambiar sus experiencias e inquietudes para aprender de ello unas buenas prácticas. Dada la heterogeneidad y el carácter multidisciplinar del maestro de Audición y Lenguaje, es nuestra voluntad crear un escenario donde tenga cabida un abanico diverso, que nos invite a la reflexión y a una acción profesional de calidad. Os invitamos a participar y disfrutar de este encuentro que tendrá lugar en la ciudad de A Coruña, los días 1, 2 y 3 de Julio de 2010. Desde aquí agradeceros de antemano, a todos aquellos que decidáis acudir a esta cita tan importante donde compartir experiencias, intereses e ilusiones. Destinatarios Dirigido a docentes de audición y lenguaje, alumnado de magisterio y logopedia, y a las personas profesionales del ámbito de la educación. Enlaces, programa e inscripción: www.sordos.es

Que portátiles precisan os nosos alumnos?

O proxecto Abalar – Escola 2.0, vai repartir ordenadores ou net-books entre o noso alumnado ¿Pero alguén pensou nas características que deberían ter? E para o alumnado con necesidades específicas xa que o ordenador lles suporá unha tecnoloxía de apoio: ¿Serán os mesmos? ¿E a accesibilidade?… Axúdanos a respostar a todas istas dúbidas e así facer unha proposta seria e partindo da realidade. Cumprimenta este formulario. Graciñas

TIC, discapacidade e empresa

Tecnoloxías, discapacidade e empresa, a debate en Lugo. As Tecnoloxías da Información e a Comunicación desempeñan, a día de hoxe, un papel fundamental no proceso de integración laboral de calquera persoa; case sen excepcións, nos tempos que corren, o que máis e o que menos debe demostrar coñecementos mínimos e formación en novas tecnoloxías para acceder a un posto de traballo calquera e isto agrávase cando as persoas demandantes de emprego sofren algún tipo de discapacidade, pois as esixencias, tanto na empresa ordinaria como a través da fórmula do autoemprego, son as mesmas, mentres que a posibilidade de acceso ás TIC (debido moitas veces aos propios servidores) dificúltanse por mor da falta de funcionalidade das webs e das ferramentas tecnolóxicas ofertadas. É por isto que a Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial da Fundación CEL (SITE) quixo incluir no programa do Proxecto ETIC, a xornada Novas tecnoloxías e discapacidade, que organiza en colaboración coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). A devandita xornada estruturarase en dúas partes. Por unha banda, haberá catro relatorios nos que se falará das axudas ás empresas en materia de accesibilidade e se exporán varios casos de acceso ao mercado de traballo de persoas con discapacidade; ao seu fin terá lugar o sorteo entre os asistentes dun netbook Toshiba con software adaptado. Por outra banda, ao longo da mañá realizaranse noutra sala, nunha xornada de portas abertas, demostracións do funcionamento de equipos informáticos adaptados na súa totalidade e mais de equipos con hardware ordinario e software adaptado. O acto terá lugar mañá xoves día 25 na Facultade de Humanidades do campus de Lugo das 9:30 ás 14:00 horas, e nel participarán, entre outras personalidades, o alcalde de Lugo, José López Orozco, a deputada provincial Regina Polín Rodríguez e o representante da Obra Social de Caixa Galicia en Lugo, Sinesio Pérez Rodríguez.

Para cando o AP (Asistente Persoal) en Galicia?

O comezo Dentro da nosa asociación temos, entre outros luxos asiáticos, tres guerreiras incombustibles que algún día deberían ter monumento: coñecidas entre nós como Cuca, Luluxa e Mamiago; tres mamás galegas cos arcos dos violíns das súas vidas tensos ata dar música exquisita por mor da fusión cos seus fillos con diversidade funcional. Traída da súa man achégannos a historia de Daniel, un neno malagueño con diversidade funcional menor de 16 anos ao que o seu goberno autonómico concedeu ao fin un Asistente Persoal unha figura longamente agardada no estado español e pola que moitísima xente con diversidade funcional e os seus achegados andan agardando fai anos. Pero deixemos que elas nos conten a historia, as súas voltas e implicacións. Mamiago Mamiago (1) foi a que nos trouxo a noticia inicial, unha noticia fantástica. Daniel, de oito anos, é o primeiro dependente de España ao que lle conceden un asistente persoal. A axuda espertou o interese de colectivos europeos. Recoméndovos que leades o artigo completo (2). Ademais Daniel é un menor de 16 anos, para o que a figura de asistente persoal non se contempla, así que a súa consecución foi toda unha loita da súa familia. A súa nai Mariola conta no seu blog (3) todo o que levan loitado para conseguilo. Para os que temos menores con diversidade funcional abre as portas a expornos outra opción, distinta ao coidador que todos barallamos. Xa pasou algo máis dun ano disto e aínda é noticia, por iso a importancia do vídeo que publicou onte a súa nai no seu blog. Toda unha experiencia. Cuca Sen embargo, Cuca (4) nos advertía que non debéramos perder o norte. En Málaga teñen arrancado ao fin pero aquí en Galicia as cousas son ben diferentes. A verdade é que isto sería fantástico pero Galicia aínda está moi lonxe disto. Por certo a intervención de Mariola nas Xornadas de Dereitos Humanos foi fantástica e ademais aínda nos fixo rir un rato a todos cando nos explicou como foi a valoración da Dependencia do seu fillo… Ela limitábase a responder a todo pregúntalle ao neno pois un neno desta idade sabe contestar a iso que me preguntas a min… Foi xenial valeu a pena escoitala. Luluxa Luluxa confírmanos que efectivamente… moitas cores de partidos políticos pasaron por aquí, pero estar estamos reiniciándonos constantemente: Ben, creo que debedes coñecer cal é situación exacta na nosa terra: FEITOS: O 09 de xaneiro de 2009, (…) é valorado como Grao III Nivel II. No seu informe solicítase Libranza de Asistencia Persoal. O 10 de Xullo de 2008 emítese proposta de PIA

Ler máis

AbleTech

[D-595] Os días 10 e 11 de nadal, celébrase no BEC de Barakaldo (Bilbao), o I Congreso Internacional sobre Tecnoloxías para a Accesibilidade e de Apoio ás Persoas Dependentes: ableTech’08 Organizado por TECNALIA, pretende ser un foro no que expertos do ámbito internacional do sector intercambien as súas experiencias para aprender das boas prácticas doutros países. Enlaces de interese Ligazón á web do Congreso: www.abletech.org Ligazón ao documento con informacion do evento: Documento pdf coa informacion

A Istoria de vida de Ángel

[D-569] A autora deste libro, Lourdes, ten moito interese en amosarnos e informarnos de que, ¡por fin!, saíu publicado o libro da Istoria de Vida de Ángel. Parálise cerebral, normalidade e comunicación (produto dunha parte da súa tese). Esta publicación é importante para Lourdes e para P. Ángel (protagonista da Istoria). Non só polo que supón a nivel persoal, senón porque, cando empezaron con este proxecto, un dos seus desexos (que se converteu en compromiso) era facer todo o que fose posible para que a Istoria de Vida fose publicada. Porque é un texto máis (sabemos que aínda son insuficientes) que pretende axudar a ter unha mirada máis normalizadora ante as persoas con discapacidade – diversidade funcional (en particular, a derivada da parálise cerebral). Por iso, porque queremos que se divulguen as súas vidas desde as súas propias miradas, deixou atrás o pudor e aquí nos comenta o libro. De seguro que hai mais casos como o voso de familias que ao mellor non escriben libros, pero que teñen o compromiso de loitar ata as últimas consecuencias pola dignidade da súa filla, ou de seu fillo. Parabéns. Enlaces de interese Ligazón á referencia do libro: www.arcomuralla.com

AL na educacion infantil

[D-482] Pilar Sánchez dende Pontevedra está a recompilar recursos que emprega en Audición e Linguaxe, ahí van unhos arquivos adxuntos con programas de estimulación que atopou na rede! Komunica, PELO, Terapia Miofuncional R. Monge, Cuentos para hablar de Arriaza, CEPE, Cuentos para hablar y aprender-CEPE, Cuentos para estimular el lenguaje oral-ALJIBE e outros. Para rematar…deixovos unha paxinas web con recursos-varios. Seguro que moitos as coñecedes… Xa contaredes… Ligazóns de interese (En castelán): Terapia Miofuncional Efectos de sons Juego fonemas Imaxes logopedia Comunicacion Aumentativa Aragón Colorin Colorado Actividades Infantil Estimulacion Lenguaje País Vasco Estimulacion lenguaje CRA Ribagorza Estimulacion lingüística infantil A ver se facemos algo en galego, eh?.

Congreso Nacional Déficit Atención

[D-323] Unha aperta moi forte a Juan niste día. Aviso: Artigo en castelán El pasado 26 y 27 de enero de 2008 tuve la oportunidad de estar en el Congreso Nacional sobre TDAH 2008 en Madrid, de este conviene destacar las aportaciones del Dr. Russel Barkley, la psicóloga Marina Peña y la de Jesús Bernal. El resto de conferencias pasaron sin pena ni gloria, algunas parecían prometedoras aunque luego no aportaron lo que prometían, es éstas como es lógico no hablaré. Tampoco de aquello que se ha hablado mil veces y podeís leer en otros artículos. Pero bien, considero que si de un congreso o curso sales con 1 o 2 ideas nuevas ya te puedes dar por satisfecho, así que en términos generales el congreso mereció la pena.