Gaudi… aí veñen os automatismos!
[D-533]
O meu Deus, seica tiña as falanxes oxidadas de non escribir nada por estes lares; retomando o pulo das miñas sindicacións abraiome co novo invento de Google, GAUDI (Acrónimo inglés de Google Audio Indexing
) (1), mil e unha posibilidades ten para as Necesidades Educativas Especiais, a bote pronto a subtitulación automática dos vídeos que permitirá dobrar os diálogos, identificar sons e darlle verbas. Con estas ferramentas, todo é visualmente maís accesible!!!.
Esperamos impacientes unha nova ferramenta de interpretación gráfica.
Enlaces relacionados
:
(1) Enlace a Gaudi (Google Audio Indexing):
http://labs.google.com/gaudi