EDIGa…Encerado Dixital Interactivo de Galicia
Hoxe pola mañá chegoume isto ao correo:
[D]
Estimados compañeir@s
Acaba de ver a luz unha nova experiencia que un grupo de docentes de diferentes lugares de Galicia intentamos levar adiante sobre o traballo que realizamos cos Encerados Dixitais Interactivos.Trátase de EDIGA (http://www.ediga.net/ ).
Pretendemos que este sexa un punto de encontro, un lugar onde poidas atopar información, ver o que fan compañeiros e compañeiras doutros centros, onde intercambiar opinións, actividades, tarefas, formación,… esperamos dar resposta a todas as dúbidas que teñas.
Pero o máis importante é que esperamos que participes, colabores, aportes cousas, opines… todo o que ti queiras. Podes inscribirte dende o propio blog ou ben colaborar dende o apartado Colabora con nós.Gracias por deixarnos entrar un anaquiño no teu ordenador e esperamos volvera verte.
EDiga (grupo de usuarios de Encerado Dixital Interactivo de Galicia)
Coido que é unha proposta moi interesante, aínda que vaia teima ten a xente en asociarse…¿non creedes? 🙂
Nota: Alguén sabe algo máis disto???? 🙂
Ao meu corro tamén chegou… 🙂
Será outro grupo de tolos que non teñen máis que facer…. 😛
Estos mestr@s xa se sabe…. 😉
Un saúdo