Aplicacións iPad

Todos coñecemos aplicacións específicas que se empregan como soporte para a comunicación. A maioría son en inglés e a uns prezos que impiden que cheguen a todos os usuarios. Pero nos últimos anos foron aparecendo novos dispositivos táctiles (iPhone, iPod Touch, iPad ou outros baseados en Android) que nos proporcionan novas oportunidades. Esta tecnoloxía existe e pode estar á nosa disposición. En moitos fogares con nenas e nenos de curta idade estanse empezando a introducir, o que pode ser aproveitado coma unha axuda técnica invisible e socializadora. E debemos valorar tamén o feito de que a formación no manexo destas ferramentas soe estar presente no entorno familiar do neno, polo que é facilmente exportable e xeralizable. Da man destes dispositivos, apareceron decenas de aplicacións, tamén basicamente en inglés, pero a uns prezos que poden oscilar entre 0 e menos de 50 €. Moitas delas tamén son gratuítas ou teñen unha versión gratuíta. Do mesmo xeito hai xa milleiros de aplicacións educativas e de lecer non específicas para persoas con necesidades na súa aprendizaxe pero que igualmente poden sernos moi útiles. Xa que globalmente a oferta é tan grande, presentámosvos unha pequena lista orientativa, referida exclusivamente ao emprego de galego e/ou castelán. Nela atoparedes o logo da aplicación, nome da aplicación (facendo clic accedese á páxina web de iTunes correspondente) e prezos en euros. Aportase a páxina web onde hai máis información sobre a aplicación proporcionada polo fabricante ou distribuidor. Tamén hai unha descrición breve da aplicación: non é un informe da mesma, senón unha frase que nos axude a definir a súa funcionalidade. Obviamente aquí entra en xogo a nosa propia creatividade e a nosa capacidade para proporcionar novos significados. Ligazóns Documento pdf coa lista das aplicacions para iPad Novo iPad 3 en España Web Store de Apple

Curso PECS

Dende a Asociación ACEESCA nos trasladan a informacion de que organizan un curso de PECS básico para profesionais ou familias por se alguén está interesado en facelo. Mediante PECS (Sistema de Comunicación por Intercambio de Imaxes) a persona con grandes dificultades no emprego da linguaxe expresiva aprende a comunicarse espontáneamente con símbolos de obxectos ou actividades desexadas. Para comezar o acto comunicativo, a persona só ten que coller o símbolo do obxecto / actividade deseaxda e ofrecerlla ao interlocutor para que se produza o intercambio. Estas tarxetas arquívanse de xeito personalizado nun libro ou taboleiro, co cal o usuario de PECS comunicarase alá onde vaia. Ligazóns CARTEL CURSO Documento word para a preinscricion Informacion de la Sociedad Española de SAAC sobre el PECS Paxina de Pecs España, Consultora Educativa Pyramid

Unha historia con nomes

Noites sen días O pasado 10 de Marzo no segundo obradoiro organizado polo Concello de Soutomaior, MªLuz López e Susana Fernandez abordaron dende unha perspectiva de a pé, a configuración de taboleiros de comunicación asi como experiencias de usuario de emprego de comunicadores e demais aspectos relacionados coa recompilación de imaxes pictográficas para a comunicación: Open publication – Free publishing – More comunicacion EU QUERO CONTAR View more PowerPoint from zuzi1983 Outras ligazóns http://www.slideshare.net/zuzi1983/saac-12083799

Mil primaveras mais

Mil primaveras máis é un texto de Álvaro Cunqueiro traducido a moitos idiomas que, amais dunha apoloxía, pode ser lido en clave simbólica como unha vontade colectiva do pobo galego ao respecto do mantemento da súa lingua propia, a lingua galega. Deste xeito, dende o Equipo de Dinamización Lingüística CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN queren que poidamos coñecer un pouco do seu labor e axudalos achegando recursos en galego na medida das vosas posibilidades: “ENCANTARÍANOS RECIBIR CALQUERA AXUDA NAS NOSAS ACTIVIDADES Agradecemos moito que sigades colaborando, como xa fixeron moitas persoas, nas nosas actividades: votando, enviando palabras fermosas, cantigas, chistes… ou enviándonos calquera opinión despois de velas, pulsando ao final de cada explicación á dereita no sitio dos comentarios. Gracias ás persoas que levan cooperado, sobre todo en: “AS PALABRAS MÁIS FERMOSAS”. Se facedes o favor de ler esta actividade e votar polas que máis vos gusten, comprobaredes que desde o principio deste curso recibimos moitísimas. Sabemos que as présas son malas conselleiras, lévannos a cometer erros e aínda nos queda moito que podemos corrixir, polo que queremos dar as grazas de antemán a toda persoa que nos faga chegar calquera comentario nas actividades que nos axude a mellorar. ” Un poema para seguir completando: Non hai defecto que cariño dabondo non poida mellorar, nin erro que suficiente afecto non poida comprender. Non hai pena que tenrura abondo non poida alegrar, nin rancor que bastante amizade non poida vencer. Non hai desprezo que estima dabondo non poida perdoar, nin medo que a confianza precisa non faga desaparecer. Non hai problema que comprensión abondo non poida solucionar, nin porta que agarimo bastante non poida abrir. … Ligazóns Páxina do CEIP Espiñeira Aldan As palabras mais fermosas Blog do Equipo de Dinamizacion Lingüística do CEIP Espiñeira Mil primaveras mais

Obradoiro LIM Soutomaior

Obradoiro LIM Concello Soutomaior Da man da polifacéTICa Belén Junquera pechamos ista xira de Obradoiros dos Sábados organizados polo Concello de Soutomaior, dando deste xeito resposta á demanda xerada entre nais, pais, mestres do contorno. Non podemos esquecernos da calurosa acollida recibida do Concello de Soutomaior, moitísimas grazas. En breve teredes algunha nova mais que estamos a vos preparar 😉 Ligazóns Blog colectivo actividades LIM Blog Madenglishouse Programa do curso en pdf

Obradoiro O Blog de AL e recursos online

Obradoiro Al – Coruña Desta volta fumos ao CEIP Sal Lence. Patricia Pena achegounos ao universo 2.0 e PLE’s para ollar os recursos que  temos para AL. Grazas Patricia!! (e Felicidades por celebrar o teu día connosco 🙂 ) patripenalogopeda.blogspot.com   O blog de al e recursos on line View more presentations from tadega.

Proxecto DIVERTIC-TADEGA

“Uso de dispositivos de alta portabilidad para el acceso a la comunicación y autonomía personal” Participan no proxecto 4 centros galegos e 4 centros da Rexión de Murcia cun total de 60 mestres participantes. Con iste proxecto pretendemos garantir que aqueles alumnos que presentan necesidades educativas especiais de carácter grave e permanente nas áreas de comunicación e linguaxe e de autonomía persoal, podan a través das TIC aceder ao currículum, con independencia da etapa na que se atopen. Nista primeira reunion mestres dos catro Centros galegos, tivemos unha xuntanza no CEE Navalón en Santiago no que lanzamos o proxecto, entregamos os tablets Android para os centros e participamos na primeira sesion formativa sobre Pictodroid e Pictodroid Lite. Grazas a todas e todos 😉

Obradoiro LIM Cangas

Obradoiro LIM Cangas O primeiro obradoiro do ano, tivo lugar no CEIP Nazaret de Cangas. Cun tempo marabilloso e un Sol que daba gloria 😉 , Sara fixo unha introdución a como achegarse por primeira vez a ista ferramenta para crear as nosas actividades multimedia. Grazas Sara!! Obradoiro LIM Cangas 2012 Ligazón á descarga da presentación en formato pdf

Dereitos das socias e socios

Para dar resposta a preguntas de moitas e moitos de vos, preparamos unha guía sinxela de preguntas frecuentes que irá medrando con aquelas cuestions ou propostas que nos sigades facendo.     Benvidas e benvidos Documento pdf das preguntas frecuentes Podes deixar as túas propostas ou dúbidas nos comentarios

Máis formación

Unha vez rematado o curso de discapacidade visual e mirando as valoracións do mesmo, temos que darvos a noraboa por estar istes dous dias xuntos, compartindo “maternidades e paternidades” 😉 e tamén dar as grazas a Emma polo gran traballo desenvolvido. A isto sumamos o artigo de hai uns días cos dous primeiros obradoiros de 2012 en Cangas e A Coruña e algun mais por concretar que se acaba de propoñer para Lugo. Alguén da mais? Ligazóns: Video cunha das practicas do curso Páxina de Emma Mayo Psicóloga Obradoiros 2012 Fai a túa proposta de Formación 2012